16/05/2007

DON JUAN SILVERIO

"EN HOMENAXE, AO DON JUANISMO DO MEU AMIGO SILVERIO"

 

De primeiras, quero pedir disculpas os posibles lectores deste relato, mais débome o idioma que faleí dende pequerrecho, e sobor de todo, a memoria de Silverio, que nunca falou outra lengua, que a do Val dos Marcos, a pesares de que, cando xa non servia para o traballo no monte, (toda a súa vida estivo de criado en casas dos ricos, nas que apenas gañaba para tabaco.)Tivo que irse a vivir a un pobo de fala Castelá. Era un gran fumador de cuarterón, tabaco que sempre levaba esfurgallado nalgún peto e cando liaba o "pitillo" seguramente ia revolto con furgallas de pan e flores secas das fronxas da urces.

Él era un gran amigo de meu pai, o que chamaba "mochacho", e entrambolos dous tiñan un verdadeiro ritual a hora de saudarse.

Unha das caracteristicas mais iportantes deles , era estar sempre de un bo humor.

Nunha ocasión, pola época da "caba" das viñas, xuntémonos cáseque todolos do pobo en Vilares, que era o lugar donde estaban as viñas.

Para que os fagades unha idea de como era o sitio, direi que estaba na marxen direita do "riu" Tuela, a uns dous kilometros de Portugal, e os viñedos estaban orientados o Sur, de tal maneira deitados na haba do Lombeirón, que o sol dáballes, practicamente dende a mañanciña ate o solpor.

O día de cabar as viñas a pesares do traballo físico que conlevaba, tamen se convertia, en algo lúdico, posto que a xente poñiase de acordo, para ir no mesmo día, e ós mozos novos, dáballes tempo a baixar o rio, e tentar de coller algunha "truta" a man.

Na mañá, o persoal dedicouse a cabar, desmamonar, e limpar as vides. A hora de comer a merenda, xa caseque, todos acabaran a faena.

A merenda adoitabese comer a sombra de uns fermosos "negrillos" que habia na beira do rio, nos prados de Vilares.No do Pepe de a Cancela, habia unha fonte e máis unha poza, que era moi importante. Alí era donde se puña o viño a refrescar.

Baixou todo o mundo a comer, entre bromas, contos, e demais argalladas, chegou a hora de botar unha siesta. Os maiores acomoderonse para descansar un tempo, e a tropa nova ficou de chachara.

Daquela cada vez que se xuntaban,dous ou tres rapaces novos, invariablemente sempre se acababa falando de mulleres, e o que mais ou ó que menos presumía dos ligues, que na maioria dos casos non eran certos.

Un decia que si el fixera, outro que tamén, normalmente podiase aplicar o dito de:"dime de que presumes, e direiche, do que careces".

Chegado a un certo punto a conversa xeneralizouse, entre todos, novos e vellos.

Alguén lle preguntou a Silverio, sobre a suas andanzas coas mulleres, e él contestou que moi ben.

¿Canto de ben?preguntolle,un home casado.¿ Deitestete con algunha ?. Sí, dixo él.

Entonces escomenzou unha serie de preguntas, que poderiamos chamar indiscretas. ¿Con fulana?-Sí. ¿Con Mengana?.- Sí..Con auqela, con aquela outra

con unha resposta de Silverio sempre afirmativa.

Un dos casados, dixole entonces: Polo que vexo deitestete con todas as mulleres do lugar, nonsí. Resposta ¡Sí!. ¿ Con a minha tamen ?. TAMEN.

¡Carallo no tiu, que ahora mismo te mato!

Contestació de Silverio ¡ Lo que qques, qquixo ela, qquixo ela!

O interpelador tivo que calar, e o resto do personal, soltou unha risotada que ainda resoa nas Mendreiras.

IN MEMORIAM.

Posted by Xabrés da Teixeira at 22:43:42 | Permanent Link | Comments (0) |
Comentarios
Escribir comentario