Tuesday, April 29, 2008

ACLARANDO P. É INICIAL DE PRIAPO

 UN GRAN MACHO.O FILLO DE D. P.-

 

 Non sucedeu no Val dos Marcos, mais poderia haber pasado.

 

 Habia un home, que pensaba que era Priapo, non pola cantidade senon porque el creiase o macho por excelencia.Solo pensaba coaquela parte que a Priapo alporizaba. O peor de todo non era que pensera con tal aparato, o peor estaba en que era fillo do cacique; en que pensaba que o mundo fora feito para él; en que creia que as mulleres eran obxetos sexuais; en que todos os homes le bailaban a auga e eran man de obra barata; e algunhas mulleres tamen; en que caseque todos o tiñan como un exemplo a seguir, e emular. En fin, unha especie de deus carnal. Unha verdadeira xoia, para a súa nai e o seu pai.

 Tiña por costume espereitar a ver cando as rapazas cambiaban de nenas a mulleres, e entonces trataba de convencelas de que él era o mellor partido ó que debian acollerse, seu pai era rico, él tamén, tiña a mellor casa, tiña un coche, e esto facia-as que perderan de vista e se olvidaran das outras rapazas que xa pasaran polas súas mans.

 Todas creian que con elas non iba a pasar o mesmo, pois pensaban que eran capaces de manexar calquera situación. Ningunha pensaba na cantidade de espolons que o devandito cabrón tiña.

 De forma inexorable con todas pasaba o mesmo, acababan dando bandazos polos sicólogos, facendo visitas as casas cuna, ou, criando elas solas un zorrequiño.

 Algunha, tivo a osadia de denunciar, a violación, e non acabou éla ou os que a axudaron no “castelo”, porque o xuiz non se atreveu, o que le acarreou a xenreira do animal con partes cavernosas que absorbian o sangue da cabeza.

 Os anos pasan, incluso para os penedos, un cabrón  así non iba a ser a excepcion, cando xa estaba perto dos cuarenta, casou con unha súa prima, filla do rico da aldea de o lado, que por certo tiña caseque que vinte anos menos.

 Na aldea, habia retratos andantes do individuo que ahora nos ocupa. Mulleres con pano na cabeza “in aeternis”, pais que sempre agachaban a caluga cando o vian pasar, e homes que sempre tomaban o cuartillo de viño, bailandole a auga pous pagaba o “rico”.

 Habia no lugar dous hirmans, que fiqueran orfos; un varon con dezaseis anos e una muller con catorce.

 Iban subsistindo co seu traballo, él de pedreiro, e éla facendo o traballo da casa, e entre ambolos dous sementando o necesario para mal vivir.

 Os hirmans querianse a morrer, e dende que quedaran soliños, a unión era moito maior.

 Unha tardiña, cando o hirmán chegou do choio, a rapaza estaba a chorar. Enton, a requerimentos del contoulle, que o fillo de P. lle fixera proposicions, extranas.

 O hirman dixolle que aquelo ia a areglalo él, e que non deixera que semellante can se acercase a éla nunca.

 - Hoxe mismo falo con él, e xa verás como se acaba a leria- dixole.

 Como non foi quen de atopalo solo, chamouno fora da cantina, decindole que queria falar con él, en privado.

 Cun sorriso de suficiencia, o fillo de P.(Inicial do nome do pai, e de Priapo), saiu con él, e ós cinco minutos voltou a cantina, decindo que a él naide le decia o que tiña que facer ¡que carallo pensaba o mocoso aquel?!.

 O rapaz voltou a casa donde estaba a irmá, caseque sen ver dun ollo, de inchado que o tiña, e con abondoso sangue no nariz, e coxeando algo .

 No día seguinte, o fillo de P., marchou coa sua cana de pescar o riu. Aquela noite non chegou a casa, mais a muller non se preocupou, pois era normal que desaparecera, sen decir adonde ia, facia-o con relativa frecuencia, e como él le decia, ¿quen era ela para pedirle explicacións?. Ela o que tiña que facer era calar o pico, facerle a comida e a cama, e nada mais.Ël xa le diria cuando a nacesitaba. O resto eran cousas de homes.

 Cuando pasaron mais de cinco días a prima do fillo de P., deu a voz de alarma, algo le debia haber pasado ó seu marido, pois tanta tardanza non era normal.

Unha vez enteradas as autoridades, da súa tardanza, puxose todo quisque en movemento

para tratar de atopalo. Habia que buscalo nas aldeas dos arredores, pois seguro que alguen daría razon del.

 Pasaron tres meses e o gran fillo de P., non apareceu. Tampouco nadie se decatou de que os hirmans orfos, levaban caseque o mesmo tempo sen verse pola aldea.

 Despois de seis anos, un pescador, en vez de unha truta, sacou do riu, unha dentamia con fundas de ouro,incrustada nun cacho de queixelo que parecia que alguen os machaquera, pois estaba como se o portador, nun momento determinado, xuntera unha meixela coa outra.

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 08:59:12 | Permalink | Comments (3)

Saturday, April 26, 2008

POLA ANTIGA VILLACASTIN-VIGO

AVENTURAS E DESVENTURAS DE UN CARQUEIXEIRO METIDO A LOUXEIRO, DE VIAXE POLA CAPITAL DO REINO.-

Este, que son eu, imitador do “Abuelo Cebolleta”, que tenta referir histórias de Val dos Marcos, hoxe, quere deixar eiqui constancia,que de cando en vez tamen hai cousas no mundo actual.

O dia vintecatro deste mes que precede ó mes de Maio, góstame mais o nome, tiven que ir a facer unha presentación do Club de Viños de Galicia, que é o que me axuda, xunto coa miña muller, a manter o volumen do bandullo,a Madrid.

Ian conmigo dúas guapísimas mozas de Vigo, que eran as que organizaran toda a parafernalia, da charla, e catering, para os invitados.

A viaxe, desde Vigo a Madrid foi bastante ben, ainda que tendo que rachar con-a tendencia miña inveterada de volver pra casa. O chegar a Allariz, a recoller uns folares e uns queixos cos que agasallar ó personal, acompañados de uns sorbiños de albariño, pois sucedeu que o tentar retomar a autovia das Rias Baixas, cando nos demos conta caseque xa estabamos en Ourense de volta a Vigo. Busca lugar donde rousar cento oitenta graos, e volta a dirección correcta.

O chegar a Benavente, tan ben le quixe explicar as bondades de parte da miña terra, as mozas que me acompañaban, que gracias a un descuido nos enteremos que xa caseque estabamos en León. O resto podedes adivinalo.

Bueno chegamos a Madrid, tomamos contacto co personal da Casa de Galicia, preparamos as cousas e a esperar as oito do serán para ver de convencer os madrileños das bondades dos caldos galegos, cousa que pasou sen comentarios dignos de mención, salvo remarcar a sede e fame que parecia que os tales tiñan.

Antes do “evento”, tivemos que pasar pola praza de Chamberí, e mentras esperaba polas miñas acompañantes senteime nun banco da praza a ordenar os meus apuntes, que sempre levo e nunca uso. O lugar estaba cheo de cativos, en carriños, e outros caseque gateando por todolos sitios. Absolutamente todalas cuidadoras dos “macacos”, eran de orixe sudamericano, caseque que poderia asegurar que peruanas, e no medio algún que outor avó ou avoa.

A vida estaba estendida por todos os lados, hasta nunha roseira habia dous imponentes capullos. Ësto sen segundas.

Por fin as tantas da noite pude-me xuntar con o Sr. Fernánde Lage Don Heitor, e a súa compañeira Dona Graciela. Foi cousa vista e non vista, había que madrugar o dia seguinte e non se podia facer tertulia.

Na mañanciña do venres, cando entrei de novo en Madrid, tomei a decisión,  irrevocable, de xamais ir a vivir a devandita cidade. A xente estaba toda enfurruñada, andaban correndo coma tolos, a algúns semellaba que a bucina do carriolo quedérasele soldada na man . deronme pena, e so porque non tiña, senon hubera-os convidado a unhas lambetadas.

As doce do día,escomencemos a viaxe de volta a Vigo, coa  idea de chegar a comer o Mesón Jabalí, donde seguramente o excelentísimo señor don Marcelino Paulino nos haberia feito os honores.

Non puido ser ; o pasar por Benavente, un señor desta cidade reborquillouseme diante do meu coche, montado nunha moto.

So me queda dar gracias a Deus, porque non pasou absolutamente nada. Solo un susto.

Polo que me reafirmo na miña idea de non ir a vivir a Capital do Reino. Por certo alí, sintonices a radio donde a sintonices, so se “colle” unha emisora, que din que é dos Bispos, ainda que eu non o creo, pois alí dicen moitas maldades, e non creo, que queiran ir o inferno. Ou ¿Xa non haberá ¿ ¡Vaites, Vaites!

Na proxima seguiremos con cousas de Val dos Marcos.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:15:26 | Permalink | Comments (5)

Saturday, April 19, 2008

COLOQIO DE RAPACES DE VAL DOS MARCOS

.

 1.-RECORDOS DA GUERRA.-

     Sairan da escola, e despois de estar xogando un pouco “O Parado y o Collido” nas airas das Pirlas, xa caseque se fixo noite, e cada quen liscou para a súa casa.

     Cando “O Rapaz”, camiñaba para a súa casa, cruzouse co carteiro. Éste era un home bastante magro, moi xovial sempre, que andaba decotío a argallar e contar contos, e sempre que deixaba algunha carta, era agasallado polas persoas que as recollian.

     Daquela, ia coa cabeza gacha, caseque escondida entre os hombreiros, e a pucha na man. O pasar diante do “Rapaz”, éste albiscou unha cousa, como as que hai enriba das hervas nas mañanciñas de comenzos de o vran.

    O que mais chamou a atención do “Rapaz”, foi unha especie de sornapadela que le escoitou, coma si tivera que limparse os mocos.

    Cando chegou a “Curralada”, no cimo das escaleiras habia unhas cantas mulleres, cos panos negros na caluga, postos de tal xeito que só deixaban ver os ollos e a ponta do nariz.

     Estaban todas chorando, parecia que o carteiro, desta vez, en lugar de contarles contos fora a maltratalas.

     Parecia que todas estaban tratando de que dúas delas pararan de dar berros.

     Unha era a nai do Cándido, e a outra do Xaquin. Estaban como se de repente a loucura se oubera apoderado de elas, e non foran capaces de deter os berros, e os ollos tiñan-os  transformados en  pequenas fontes.

     Non entendía o que pasaba, pois aquelas mulleres chorando a moco tendido, tentando consolarse unhas as outras, arrepiaba-o de tal xeito, que acabou chorando él tamén.

     Daquela, unha das mulleres, decatouse de que “O Rapaz”, estaba ali, e acercouse a él, colleuno da man, e acopañouno até a lareira, donde estaba o seu abó. Estaba sentado no escano detrás do trafugueiro, coa gorra encasquetada hasta as cellas, e coa cabeza gacha.

    Decatouse de que o avó tamen choraba. Meteuse na cortella, entre as pernas do avó, e abrazouse a él. Nunca vira chorar o avó. Era un home forte, serio e pouco amigo de demostrar a súas debilidades. Apretou “O Rapaz” contra sí, e caseque sen voz dixolle:

  -¡ Maldita guerra!. ¡Solo morren os que non deberian!. ¡Maldita guerra!

    Dalí a uns días dixeronle, que morreran dous tios del. Tamen se enterou de que un estaba nun bando e outro no outro. ¨

  El non sabia que era aquello de un bando e o outro.

  ¡¡MALDITA GUERRa!!.

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 17:07:22 | Permalink | Comments (8)

Monday, April 14, 2008

PODIA SER DE VAL DOS MARCOS

 O primeiro encontro foi nun serán de inverno, con neve dende a metade da haba de “O Carballal”, hasta o cumio do “Marabón”.

 Aquel dia, Indalecio estivera arrancando “torgos”, cerca do rio, en “Chaguazais”,

o inverno ameazaba con ser duro e habia que encher “O sequeiro” de leña para a lareira..

 Subiu por “As Latas”e cruzando no Poulo do Mexacan, rubindo pola Caboca da Colmea hasta o alto do Facho.

 Ia a axudarle a seu hirman, a traer os rixelos miudos para a corte.

 O chegar o altiño, na leira do  Adolfo, no Facho, colleo o camiño que ia  hacia o Mariquito. Desde ali xa albiscou as ovellas na portela de Rebordelo, que escomenzaban a baixar hacia Rozas.

 Alí a neve xa tiña un grosor de uns dez ou doce centímetros, que cubrian as rodeiras do camiño.

 De súpeto deuse conta dunhas pegadas que ian rompendo o nivel e a brancura da neve. Aquelas pegadas eran un pouco extranas, polo meno para él, pois eran pegadas coma de can grande, mais sen que os dedos fiqueran marcados.

 Daquela sentiu berros do seu hirman, que algo le berraba, mais non foi quen de enterarse de qué. Entrou no baixo de o Caboco dos Corzos, donde perdeu de vista as ovellas e ó seu hirman.

 O chegar ali deuse conta quen era o que deixaba as pegadas na neve:ERA O LOBO.

 Agarrou a espingarda que levaba a bandoleir. Cando ia o monte case sempre a  portaba por se tiña a oportunidade de cazar algún coello, que iría moi ben na casa, para sair un pouco da rutina diaria da carne de porco.

 Pensou que ainda que vira a fera, non le podia facer nada mais que meterle un susto no corpo, pois os únicos tres cartuchos que tiña no  peto eran de munición do número seis e cargados  por él mesmo, con aquela mistura de cartuchos reciclados, polvora portuguesa e chumbos e pistons españois. Todo dependia do prezo, e a hora de disparar a un coello, habia que asegurar moito o tiro, pois non se podia gastar en salvas. Tiña que ser: un tiro, un coello.

 Meteulle un cartucho a espingarda, unha Sarrasqueta do dezaseis, e con un canon de cento setenta centímetros de largo. Se o lobo se deixaba ver ia chupar unha boa salpedreada.

 O chegar Os Corzos, xa a neve non existía, polo que perdeu as piaxes do animal. Xa estaba ali a res e acercouse o hirman, que le dixo

 - Traia-lo lobo, diante das napias, e non o ollastes..

 - Non me enterei hasta que cheguei cerca do Mariquito.-dixo él.

-         ¡Carallo, que raro que non se metera no magote para achagar algunha ovella. Nin os cans deron señal algunha!- dixo o hirman.

 Conduciron a res hasta a corte. Cando chegueron alí deronse conta de que faltaba unha ovella, pois o cordeiriño, non paraba de berrar, porque non tiña donde mamar.

 -¡ Ese cabrón vaise enterar, Será fillo da puta, nin os cans se enteraron¡- dixo Indalecio entrando na casa a coller un cartucho que tiña con postas.

 Voltou a portela de Rebordelo, coa sana idea de meterlle catro postas, entre ollo e ollo a aquel cabrón.

 Chamou ó Careto, un can ainda bastante novo. En cando chegaron preto do alto, o can puxose moi inquedo, cousa que demostraba que a alimaña estaba cerca. De pronto atopou o lugar donde a ovella fóra collida, pois habia un regatiño de sangue na neve, mais do lobo nin rastro. As pegadas ian hacia abaixo, seguramente estaria xa na Burgoza. Xa caseque que era noite pechada, e o iniciar o camiño para a casa, entre lusco e fusco viu a silueta do lobo, que o miraba atento, a mais de setecentos metro de distancia, no alto da louxeira. Era un bicho impresionante de grande, e parecia que tiña lume nos ollos, polo seu reflexo. Puxo a espingarda a cara para zouparlle coas postas, e cando foi a disparar, o lobo desaparecera.

 Desde aquela vez os encontros con aquel lobo, converteronse en algo habitual. Caseque cada mes tiñan un encontronazo dúas ou tres veces. Unhas veces o lobo saiase coa súa e outras chupaba una perdigonada, sempre a unha distancia tal, que Indalecio non creia que le chegara nunca un chumbo.

 Aquel animal tiña una inteligencia extraordinaria, nunca alporizou os cans, sempre facia a súa cazata con un sigilo digno de loubanza, e sempre se deixaba ver do Indalecio a unha distancia prudencial para él, pois sabia que con aquela espingarda se se acercaba moito podia matalo.

 Foron pasando os anos, e sempre andaban coa mesma teima. O lobo roubaba alguna ovella, e o Indalecio maldeciao.

 Entre eles caseque xa habia unha necesidade de atoparse de cando en vez. Habia unha cousa que era certa, con toda a cantidade de lobos que paseaban por as serras dos arredores, no magote do Indalecio so entraba de cando en vez aquel lobo solitario e grande, caseque coma un becerro.

 Co paso do tempo os ataques do “Ruzote”, cada vez eran mais espallados, e menos temerarios.

 O Indalecio, xa se fixera vello, o reúma, e a artrose xa escomenzaban a facer das súas, e o corazón xa non tiña a mesma resistencia que na primeira vez que se atoperan.

 Pasou un tempo sin ataques do lobo, e o Indalecio chegou a pensar que morrera. Pensando nelo, notou unha certa pena.

 Mais unha tardinha, cando a res chegaba  a corte, saliulle o lobo e tentou levarse unha ovella. Os dous  Mastin Leones ainda noviños, ceiberonse no vello lobo e non le deixaron coller nada e ainda por arriba pelearonse con él, que anque vello defendeuse ben deixandole as marcas os dous cans.

 O lobo liscou cara Rebordelo, e o Indalecio co ritual de sempre saliu tras del, coa vella espingarda.

 Non se sentiu ningún tiro. Aquela noite o Indalecio non voltou a casa. A mañan seguinte sairon os veciños a buscalo.Trouxeron-os mortos os dous: Ó Indalecio e ó Lobo.

 Según os rumores que percorreron toda a Xeabra, parece que ambolos dous non tiñan ferida ningunha. O parecer estaban caseque abrazados. Como cando un home descansa e o seu can pon a cabeza acobillada no seu colo.

 

 

-          

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 09:04:05 | Permalink | Comments (3)

Friday, April 4, 2008

OTRO PERSONAXE DE VAL DOS MARCOS, ESTE LAPELO-

 Debía ser o primeiro día do inverno. Polo menos parecía-o

 O amigo Carliños, o único que tiña claro era, que cando se foi a cama inda estaba en Outubro.

 Cando se fora a cama, despois de estar axudando a un veciño a recoller unhas mazás, durante caseque todo o día, facia un tempo caralludo, e ninguén barruntaba unha nevada naqueles días.

 Xa paseran as mallas, xa se acabara a sementeira, e os seus servicios como xornaleiro fixo-temporal-discontinuo, a tempo parcial, sen seguridade social,lixeiramente desleixado, xa non lle facian falta a naide.

 Os días donde él mismo se animaba con a súa famosa frase de :”Veilo Carlos, Veilo. O Carliños non traballa. O Carliños durme”, mentras traballaba ate desleixarse, xa ficaban atrás. Desde Maio ate o Setembro, o amigo Carliños estaba mois solicitado.

 Era man de obra barata. Dandole de comer, e unha pinguiña de viño, xa chegaba, e así até o seguinte día. Vover a traballar como un borrico para comer, cerca dos donos, e non esperar nada mais da vida. Que seguira o bon tempo, para seguir traballando e seguir comendo caseque de quente cada dia.

 Normalmente no Val dos Marcos, daquela era así, había que traballar para os que tiñan moito que laborar, porque os outros non o necesitaban, ainda que se cadraba, a hora da verdai eran mais esplendidos os que non tiñan que ó revés.

 Claro que se todos foran esplendidos, os que tiñan, o mellor non tiñan tanto.

 Naquela mañanciña de Outubro, o noso  amigo, ergueuse da cama xa bastante tarde, pois ninguén petera na porta.

 Xa lle pareceu raro, despertar por sí solo, sin ningún ruido. Nun momento  chegou a pensar si o mundo deixaria de camiñar, pois o silencio era absoluto ( alguen dixo que se oia)..

 Saiu da cama, porque dentro non podia moverse, cada vez que o facia, non podia voltar a postura orixinal, pois a parte do corpo que se soerguia, o voltar o mesmo lugar non aguantaba o frio. Parecia que alguen andaba a axeadar a parte deixada, o erguerse.

 Nun momento determinado chegou a pensar, que ó peor, dentro da casiña facia mais frio que fora. Era o reves que no polo norte, e a estancia dentra de un igloo. Na aldea non habia carouxo como no polo, mais dentro da casa facia moito mais frio.

 Aquela casiña tiña unha vantaxe, mais era no vrao, pois a ventilación era constante, tanto por encima coma por debaixo.

 Saliu a porta da casa, e no cimo da escaleira, so habia neve con unhas pegadas de unha galiña, que o ver a porta aberta, entrou para a cociña sen permiso.

 Definitivamente, o inverno xa estaba alí. Non estaba nieguen esperando polo Carliños, na porta para traballar nas hortas.

 Decidiu que tiña que invernar, hasta que lle fixera falla a alguen. E eso non pasaria, polo menos ate o mes de maio.

 “Xa viran mellores tempos, e a xente dirá : ¡O Carliños non fai nada, veilo Carliños!”. Darianlle unha codia de centeo, e  un cacho de touciño “castellano”, un chisquiño de viño, e o Carliños tan contento a traballar como un burriño.

 Por certo ó Carliños, a xente tiñale algo de medo, pois dábale o mal. Esto no era nin mais nin menos que un ataque epiléptico, que o coitadiño barruntaba sempre antes de telo e avisaba.

   ¡Que grande eres, Carliños.!

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 20:37:00 | Permalink | Comments (4)

Tuesday, April 1, 2008

O. O. FER..MO..SO, NON HAI QUE ESCARALLALO.

LUGARES DE MARAVILLA.

Aqueles catro amigos ian todaslas tardes, o solpor, a sentarse no valado da eira a mirar aquela maravilla que se divisaba abaixo, na beira do rio, e que nunca se cansaban de ver.

Sempre o sair da escola, cos libros e a pizarra debaixo do brazo, chegaban a aira do forno de abaixo, e sentados na parede, cos pés colgando, caseque enriba das berzas do horto, facian sempre o mesmo ritual.

Miraban para a Veiguiña, vian aquela marabilla de lugar, cos seus amieiros os lados do rio, os castañeiros milenarios, os dous muiños, o da Veiguiña, e o do Medo no outro lado, o sotobosque e os fermosísimos acivros, afreixos e guindeiras.

Aquello era digno de ver, sobre todo, a finais da primaveira e inicio do vrao.

Sempre comentaban, que se algunha vez algún carallán o estropeaba merecia que o afogeran no mesmo rio.

Cousa que sempre acababa o mesmo, pois o Cristino, sempre decia o mesmo, con a súa fala tatexa :” dedede…so, en..car..gome eeeu.”

Paseron os anos, e cada quen buscouse a vida fóra da aldea, pois nela so quedaba o ir quitando a fame,e non todolos días.

O único que ficou nela foi o amigo Cristino. Como tiña un pouco de retraso mental, e quedara orfo de noviño, estivo obligado a ser criado de quen o quixera contratar, caseque sempre por unha mantenza xinxela, e un paquetinho de tabaco cada certo tempo. Pasaba mais tempo pedindo tabaco que sacando algo do bolso, e se o facia, o tabaco case sempre ia misturado con furgallas de pan. As veces so de follas de urz.

O tempo pasou, moderniceronse moitas cousas, agas na aldea, e o amigo Cristino, que seguia coma sempre. So variara que tiña mais anos, cada vez estaba mais flaco, pero a sua caluga envolta na gorra bilbaína, seguia a ser a da aquel rapaciño de doce ou trece anos.

Nun vrao, despois de que xa fixeran a estrada até o lugar, volteron o Gervasio, e o Xeremías. Despois de caseque vinte anos fora da aldea volveronse a xuntar co seu amigo Cristino. A Ledicia foi grande, conteronse cousas, fumaron dun tabaco que traia o Xeremias de Andorra, que viña nuns paquetes apretadiños cun peso de media libra, e cun papel especial para liar o tabaco. O amigo Cristino ficou abraiado con aquel tabaco.

O Xeremias regaloulle tres ou catro paquetes e o Gervasio unhas caixas de habanos.

Decidiron ir a sentarse o seu lugar preferido de cando eran cativos.

Cando chegueron a parede, tanto o Gervasio como o Xeremias, quederon abraiados:

Na Veiguiña, construiran unha casona, con o seu xardin, e piscina, na mesma beiriña do rio, cortaran os Castañeiros e todolos acevros, fixeran unha explanación, e a beleza que eles recordaban estaba no carallo. Miraron para Crsitino, que encollendose de hombros dixo: é a ca.ca..sa do Idácio. El tamen le gustaba moito o..o. si..si..tio. E rico e est…ta en Ma…ma…drid.

¡Carallo!, - dixo Xeremias – sempre foi un cabrón, pero nunca maxinei que faria tal cousa. ¿Mira que meterse no medio, do bonito!. Ahora escarallouno!.

¡Habia que afogalo no riu- dixo Gervasio- por bruto!.

De.de.de…so, en. Car.go..me eu!- Dixo Crsitino.

Todos riron, e despois de beber unha cervexa, marchou cada un para a súa casa.

O seguinte dia habia un forte rebumbio no pueblo, O Idacio aparecera afogado no pozo de Casares, e o Cristino aforcado, colgado dunha corda nun castañeiro da Serra Garrida.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 20:22:18 | Permalink | Comments (9)