Sunday, August 31, 2008

DELENTIÓ FUMOS AS CAMELAS,E A ÉPOCA DE FOLGAR ACABOU

Aproveitando a nosa estadía en Val dos Marcos, quixe emular aqueles anos cincuenta do século pasado donde o cortés e mailo seu cuñado o arxina, buscaban no orfo Tuela peguellar algo que levar a cricadeira.

No vrao, facíase necesario cambiar un pouco de comida, pois todolos días do ano a base de areona de gallurcio, xa levaba a un ó fastio.

Decidimos ir a escomenzar a beira do pobo bicorcio mais cercano.

E como naqueles tempos, eu tentaria peguellar, e a miña dona estaria atenta por se a futra viña a baltrirnos como adoitaba algunhas veces.

Como todos voçes coñecen, a maneira de peguellar as camelas do mesmo xeito que naqueles tempos é metendo os taregos na ulla.

Dicia que escomencemos na raia dos bicorcios, e a primeira camela que pasou o gaineto deume un bo traballo, pois por duas veces liscou, mais a terceira, a amiga sen pestañas deuse por rendida.Esto foi nas Callostras de Veigadiz, xusto por enriba da charca do ti Salvador. Pesaria cerca de unha libra con algunha onza.

Seguimos polo Porto do Ornal, no pozo das conchas, as Callostras de Vilares, hasta chegar o vello pozo da Ponte debaixo do Fervenzón, pozo que por certo agora está cheo de xongos, donde outra bácora de parecido tamaño foi guindada.

No fondo do pozo dos Barbeiros deixemos a nosa peguella.

O gaineto colleo un bon xeito, pois pesaba o seu polas Teixugueiras arriba, e ainda encima o Perelas quentabaa ben no carrelo, o que facia que a testa se enchera dunhas gotiñas de suor, mais os recordos e as bacoriñas que acompañaban a un, daban folgos para chegar a caron da queicoa e meter algunha camela na tixola.

Fritidas nunha pinga de graxa, sacada dun cenquiadeiro mercado pola zona de Castromil, regadas cunha cunca de chumo Albariño, e despois cunhas mans de escoba e perdendo como caseque sempre, demos por axabarradas as vacacions.

Xa estamos contando as histórias do abuelo Cebolleta desde a Liorna de Orfo Pías, despois de coller o boliaño dos carroulos, pasando por a terra dos bicorcios, donde fixemos o moquir: Un estupendo escamante con mordenta e marocas fritidas deixounos coma uns verdadeiros muxigas.

P.D. As verbas dos arxinas que uso neste relato recordoas do arxina Manolo, do Cortés Pepe e do Cotabello Raul, contrastadas coas recollidas por D. Fermín Bouza Brey na súa Etnografia e Folklore de Galicia.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 13:27:54 | Permalink | Comments (8)

Friday, August 1, 2008

A PARCA NON PARA

Acostumo a escribir neste humilde blog, en galego das portelas ou en castelán, dependendo de cómo me pete.

Oxe, vou rachar coa costume de escribr nun ou outro idioma e fareino nos dous, ainda que caseque preferia non facelo en ningún.

Esta mañá falei por teléfono coa miña irmá Milagros, e deume a noticia, que non por esperada é menos desagradable.

VA POR TI MANOLO.

Para aquellos que lean este blog, y no lo sepan, diré que nos ha dejado el día veintiocho de Julio después de un largo periodo de esa enfermedad maldita que parece nos acecha a todos.

Creo que la última vez que hablé con él fue debajo de la parra de Marcelino tomando un café. No sé si ya tenía diagnosticada su enfermedad.

Lo poco que le traté, pués fue siempre en vacaciones, me dejó un grato recuerdo, y estoy dispuesto a asegurar sin temor a equivocarme, que era una excelente persona.

Espero y deseo, que en su nuevo estado, sea el que sea, sea aquel que él ha deseado.

Un fuerte abrazo para mi amiga Josefina y para sus hijos, de mi parte y de mi familia.

Gabriel Fernández Álvarez (Xabrés da Teixeira)

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:29:32 | Permalink | Comments (2)