LENDAS GALEGAS, O PARECER REAIS COMO A VIDA MESMA
Buscando cogumelos polas terras de Cerdedo, aproveitémola ocasión para ver unha calzada e unha ponte romana, que se da conta delas nun sinal posto no medio do pobo.
O sinal indicaba hacia abaixo, mais como caseque sempre me pasa, nunca estou seguro de se hai que ir por eiqui ou por alí.
Como cerca habia un bar, decidimos entrar a pescudar, e de paso a beber un cafeciño, a fin de contas xa comeramos, por certo moi ben e a beira do rio.
Habia, dentro do O Bodegón, tal é o nome do bar, unha muller detrás da barra e dous clientes.
Despois de pedir un par de cafés, preguntemos por donde se ia a calza e a ponte romanas. Resposteronnos que pola rúa que percorría por diate do bar, e que a mesma nos levaria a ponte e mais a capela de San Antón.
A calzada inda que está enlastrada, non me pareceu romana, podaque transcurra sobre unha, e a ponte tamén creo que é medieval, seguramente feita sobre unha romana.
Entonces as tres persoas que estaban dentro do establecemento, de forma sinxela e amable contaron-nos dúas histórias referidas a capela e ponte, moi bonitas, e bastante comuns no acervo tradicional galego.
As persoas que falaban con nos, terian entre os sesenta e setenta anos, e contarón que cando eles eran mozos, cada vez que unha muller non era quen de ter un fillo, é decir aquelas mulleres que estando preñadas abortaban cando volvian a estar grávidas de sete ou oito meses, ian de noite acompañadas de algún familiar, hasta a ponte donde a primeira persoa que pasara pola mesma tiña que apadriñar e bautizar ali mesmo a criatura que levaba dentro.
Parece que a xente, como xa era sabedoira do rito, non puña pegas, collía agua do rio e bautizaba a criatura, da que despois debia ser o padriño ou madriña, cando, unha vez nacido, fora bautizado. Parece que podia delegar o apadriñamento noutra persoa, e así podia selo aquel ou aquela que os pais desexaran.
Entonces un dos homes contounos, refrendado pola afirmación do outro home e da muller do bar, que unha parella da zona tivera dezaoito fillos, quince dos cuales foran abortos. Non quixemos preguntar se os que naceran foran bautizados antes de nacer.
Outra das historias que nos contaron, referida a capela de San Antón, era de outro xeito, dixeramos que premonitório.
O parecer nunha romeria celebrada na capela, despois de troular, as tantas da noite cada quen marchaba para a súa aldea, como se adoitaba facer daquela, mozos e mozas xuntos polas corredoiras, hasta os puntos donde os camiños de unha e outra se cruzaban, lugar donde se despedian pensando xa noutra romería e apalabrandose para verse de novo.
Nunha destas despedidas, parece que un dos mozos, le dixo as mozas de un dos lugares: De todos nos, unha vai desaparecer do rebaño.
Efectivamente, despois de pasado un tempo, unha das mozas, parece que morreu, o que non me quedou moi claro foi en que circunstacias. Crein entender que algo extrañas.
Saúdos a toda aquela xente, daqueles anos, da zona de Cerdedo.




