01/10/2008

EN RECORDO DE VARIOS AMIGOS

      A EMPREÑADORA.

 

  Neste vrao pasado, no mes de Santamariña, xusto a mediados  fíxose na casa da antigua escola de San Ciprian, unha homenaxe a Horacio Rodriguez.

  Non vou escribir eiqui sobre a homenaxe, pois xa se fixo no seu día, e os periodicos da provincia fixeronse eco dedicandole unhas páxinas.

  Entre os presentes naquel día habia dous músicos que recollen música tradicional polas aldeas, estudian-a e despois transmiten-a a traves de libros e discos.Jambrina e La Madrid.

  Naquela xuntanza, toqueron un pasodoble ó que le puxeron o tíduo de “Pasodoble de San Cirpián”, que cando o escoitei, mesmo parecia que o estaba a tocar  Luis, o gaiteiro da miña mocedade.

 Estaba, francamente, tan ben recollido, que, sé se pechaban os ollos mesmo parecia que estabamos no baile nas airas das Pirlas, lugar donde a Xon do ti Constantino me fixo bailar por primeira vez.

  Quero decir eiqui, públicamente, que foi tan boa maestra, que a partir de aquel dia fun un bailador empedernido,  nunca cain bailando, e non pisei demasiado as bailadoras.

  O dia da homenxe, falouse alí tamen, dun baile que tiña bastante sona é que foi comentado polo seu nome: A EMPREÑADORA.

  Parece que entre a xente que habia alí, chamaba a atención o nome, e decateime de ninguen ou case que ninguen, sabia  porqué le chamaban así.

  Eu prometinlle á Maria da Basilisa, contarle algo da história deste baile, porque ten bastante que ver no invento, seu pai.

  En realidade a cantiga era unha adaptación para a  gaita, feita polo amigo Luis o devandito gaiteiro de San Cirpian, da famosa copla de Doña Concha Piquer:” Ojos Verdes”.

  O ritmo era moi parecido a unha habanera con mescolanza de pasodoble e vals lento.

  Un domingo o amigo Agustín do ti Alejandro, despois de ver bailar varias veces a pieza que nos ocupa,  o Agustin da tia Cecilia Caxera que era un gran bailarin e mais concretamente neste caso dáballe un xeito especial a hora de bailar os “Ojos Verdes”.

 Cando bailaba como se fose bailar un pasodoble, cando chegaba ó medio do paso, facia unha especie de pausa, que mesmo semellaba que ia dar un saltiño como quen quere encarriscar..., o efecto era, cando menos chamativo.

  O Agustín, pai da Maria, que era un gran observador, e bastante argalleiro, sacoule punta rápidamente a esta maneira de bailar.

 Un día nas airas de abaixo, estando él tocando o bombo,  Luis escomenzou a tocar os “Ojos Verdes”, e él berroule ó outro Agustín:

  VEÑA, A BAILAR.¡ EMPEZA A EMPREÑADORA!.

  O personal escachou de risa, e desde entonces, quedoule o nome da Empreñadora, á adaptación que Luis fixera da copla da Sra. Piquer.

 Vaia por eles todos, pois desgraciadamente, xa nos deixeiron.

Posted by Xabrés da Teixeira at 20:48:45 | Permanent Link | Comments (7) |