09/10/2008

PERSONAXE ENTRAÑABLES DE VAL DOS MARCOS

COIDADO CO QUE NON DEIXA MEDRAR

 

 Oxe, desde este púlpito moderno, quero deixar constancia de un xeito de méciña que se practicaba na capital de Val dos Marcos, O Castro de Trasil tamén chamado Sancibrao.

 Seguramente a dia de oxe, cando os proxenitores dos cativos, detectan un mal desenrolo no crecimento dos mesmos, van a toda presa o endocrino, que automáticamente  fala-le de percentiles e outras cousas caseque inintelixibles para os cristianos corrientes, é o final chegan a conclusión de que o neno ten un crecimento normal, ou que leva retraso, ou que hay que receitarle esto ou aquello.

 Nada mais lonxe da realidade.

 Estas cousas na miña terra, xa ia moito tempo que tiñan remedio. Na mesma plaza do forno de arriba, debaixo da escaleira da tia Inxinia, caseque todalas tardes habia un especialista en crecimento de cativos, que tiña a súa consulta totalmente gratuita, e con remedio para todos os atrancos de crecimento.

 Alí, debaixo da escaleira, sentado á carracheira do sol, acomodábase o amigo Basilio, especialista deste tipo de temas.

 Entonces, esperaba a que chegaran o primeiros pacientes, que podian acceder a consulta de forma voluntaria ou inducidos por un amigo ou parente interesado polo crecimento do rapaz.

 Unha vez que o enano estaba convencido da necesidade da auscultación, entonces metiase na cortella do Basilio, de tal xeito que tiña que pór a caluga entre os xeonllos  do menciñeiro, o que xa procuraba suxetala ben, para que o exame fose axeitado.

 Daquela, Basilio, mirabale no cachazo, hasta que atopaba o causante da falta de crecimento: O TOLANO.

 Unha vez localido o tolano, tiña que averiguar se era dos bos ou dos que interferian na futura estatura do moziño.

 Distinguianse os tolanos bos dos malos, en que estes últimos estaban rachados, cousa que era moi mala, e que naquel mesmo momente habia que arrincalos, momento en que o enfermo empezaba a espernexar coa idea de liscar dali, mais os xeonllos e pernas de Basilio non permitian tal cousa antes de acabar a tarea.

 Como era dificil coller o tolano solo, pois adoitaba estar rodeado de outros pelos, o noso menciñeiro, o que facia era apañar un puñadiño de pelos xunto co tolano, e tirar deles a “ripiapelo”.

 Caseque nunca saia o tolano a primeira, pois por todo o mundo é sabida a facilidade destes pelos rachados, por escaquearse ó primeiro intento.

 Unha vez feita a operación, Basilio enseñábale o tolano o “pardillo” de turno, o que unha vez que via aquela moutella de pelo nas mans do menciñeiro, invariablemente todos facian caseque o mesmo: Ou berraban mais ou sain a lume de carozo.

 Gracias Basilio, por non deixar que parte da nosa xeración non quedera demasiado enana.

Posted by Xabrés da Teixeira at 17:14:00 | Permanent Link | Comments (3) |