¡IMOS DE MATANZA!
|
Aquel día erguemos cedo. Había unha xeada de mil pares de narices que puxera dura a neve de dous días atrás. Era a matanza do “tiu” Marcelino, que como todos vos xa sabedes agora, compartía o curral con nós. A matanza do “tiu”, aparte de nos, tamén viñan os do “ti” molinero e os Tomés. O matachín, coma sempre, era o Céfiro, afillado do “tiu”Marcelino, tamén viñan o resto dos irmáns deste, e dos Tomés viña a Lisa e a tía “Tresa”. Xa cediño, o “tiu”, fixera lume na lareira, e cando empeceron a chegar os homes, había unha estupenda carracheira na que a medida que se ía chegando, torrábase unha rabanada de centeo, e matabase o bicho cun grolo de augardente. Unha vez tomada a parva, baixemos o curral e atrapémolos cochos que ían ser sacrificados, e puxémolos enriba do banco para que o Céfiro os sangrara. Feito o anterior, deitémolos cochos nunhas padiolas onde os iriamos chamuscando, para a continuación dexobalos ben e sacarlle todos os pelos da pel, cousa que se facía primeiro chamuscando os pelos con uns fachóns de palla, a continuación lavábase con auga da fonte e dexobando cun cacho de cantería, para sacar a cotra. Digo o de auga da fonte, porque naqueles intres era a mais quente, pois manaría a uns doce ou trece graos e a temperatura ambiente era de 0 ou -1 grao. Acabada a laboura anterior, entón a couracha afeitábase cun coitelo ben afiado, é una vez feito o cal, faciasele a tripa do cú o bicho. Isto era cousa do matachín, pois os legos na cousa podiamos facer unha desfeita. Consistía e meterlle unhas pallas torcidas no recto coa idea de limpar a zona para cando se desfixese. Viña despois a tarea de sacarlle as tripas, cousa tamén que facía o Céfiro, o resto do persoal ou miraba ou tiña man seguindo a s ordes do matachín. Creo que o primeiro que le sacaba era a couracha da panza, despois o “vallo” do que se non me trabuco facíase o unto. Despois colgábase pola parte de atrás cun “sobeo”que se le introducía no cú unha vez retirado o “mondongo”, e atabase normalmente a unha viga. Neste punto xa interviñan as mulleres, pois íanse sacar a tripas, e o resto de órganos e vísceras para a súa preparación e deixar a cavidade intestinal limpa. Acabada esta faena, xa era cousa das mulleres, pois eran as que tiñan que lavar as tripas para logo facer os embutidos. Chegados a este punto, había unha cousa que era de maneira indiscutible das mulleres: “as molexas”, cousa que sempre levaba a un enfrentmento sobre todo coa tropa nova masculina, que las quería roubar, mais que o fin todo quedaba en ruído e o fin comíanse en armonia. Detrás de todo isto veu a comida, que foi abundante e forte dada a época, pois o frío combatese mellor cunha boa pitanza e mellor “viñanza”, para derreter as xeadas da temporada. Acabemos de comer, as mulleres marcharon o Litro a lavar as tripas, os cazadores o monte a tentar matar algún “lapé” e outros para a casa do Caxera a botar a partida. Os que tiñan vacas, ían a “pallarega” a sacar herba para acomodar as vacas, e a esperar a hora de cenar, onde a voz cantante caseuqe a levaban o cazadores aumentando os lances favorables e diminuíndo os desfavorables. Xa se sabe a fama que temos de esaxerar as cousas. Eu conozco algún que caseque foi deixado torto por unha perdiz, que voaba a demasiada velocidade. Cenemos abundantemente arredor das sete ou oito da noite, as mulleres quedaron facendo tertulia e traballando, e os mangallóns dos homes acabemos en casa do Caxera, coas nosas partidas de dominó. Quero dicir que o traballo bruto faciámolo os homes, as mulleres o que merecía mais atención, e en honor delas debo dicir que nunca paraban de “rabexar” como elas dicían. Cando as chourizas estean curadas, asaremos algunha nas brasas da lareira, beberemos un trago, e mais adiante zamparemos o botelo.
|
Creo que son dos ultimos que se asoman por aiquí que astuve en algunha matanza.Ya recordoa exactamente igual.En vez de palla,gas,pero o demais practicamente igual.Incluida separación de traballo por sexos.Homes,bruto,mulleres,delicado e continuo.
Gustariame asar unha chouriza na lareira;Si e “alleira”casi mellor.
Saudos de Fernando.
Oes, Fernando, na próxima visita a Trasil, temo de asar unha chouriza, alleira non será fácil, pois non sei donde mercala, pero chouriza, bastante parecida as das nosas mais, faina no “talho” de Castromil.
Apertas