Tuesday, December 30, 2008

BOA SAÍDA E MELLOR ENTRADA DE ANO

AMIGOS, deste humilde blog, e do seu escribidor, que fai o que pode. Se non o fai mellor é porque o seu caletre non da mais de sí.

Estamos chegando a outro fin de ano, (que grazas a Deus, no asunto meteoroloxico é un dos mellores que recordo, pois apuntome a aquello de; “años de nieves, años de bienes”), é non queria deixar pasar a oportunidade de despedirme do dous mil oito, sen facelo de vos.

Xa sei que as historias dos vellos as veces cargan, quero decir que somos cargantes, pero asi e todo, tento transmitir “as miñas vivencias e recordos”, de unha zona que ó paso que leva, acabará sendo olvidada.

Non vos esquenzáis de que nesta cochina sociedade, todo aquelo que non é de relumbrón, non ten cabida en ningures.

O que eu chamo Val dos Marcos, é algo que no seu dia, costoulle moito traballo e mais diñeiro os nosos avós e tataravos, conseguilo. Endexamáis esquenzáis que tiveron que emigrar, traballar coma burros (dito de alí), para poder mercalo a algún zascandil que le ensinaba a parte de atrás da caluga a o Rei do momento (Conde de Benavente), que no seu momento asoballou a todo quisque, incluíndo o dereito de pernada (está nos escritos da época).

Quero polo tanto desde aiqui renderlle homaxe a aquela xente, e dicirle a os novos: ESTO É NOSO PORQUE AQUELES VELLOS O MERCARON.

Tamén quero decirvos a todos, que aparte do respeto que me merecedes e o agradecemento por aturarme, os mais importantes son os vosos pais e avós, pois como me ensinou meu pai e miña nai, se non se respetan o vellos, a vida non merece a pena, pois a fin de contas, se non morremos antes todos chegaremos aló, algúns de nos xa estamos nelo.

EN DEFINITIVA, FELICES FESTAS DE SAIDA E ENTRADA DE ANO E NO ESQUEZADES OS VOSOS PAIS E AVÓS, SE TENDES A SORTE DE QUE  VOS VIVAN AINDA.

Por se alguén non o sabía hoxe firmo co meu nome Cristian:

Gabriel Fernández Álvarez-Xabrés nacido na Teixeira, enamorado de Val dos Marcos, e tentando ser un bo veciño do Concello de Hermisende (se as autoridades locais mo permiten).

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 13:59:17 | Permalink | No Comments »

Tuesday, December 23, 2008

 

 

                      NAS VIAXES DEBESE LEVAR MERENDA.

 

 Podaque esta historia transcurrira facendo o camiño de Santiago. Podaque non. Se non foi así merecía selo.

 Escomenceron o camiño cos zurróns con comida dabondo, según os cálculos de cada un. Xa se sabe que cando colles o saquito da merenda, o ver o que pesa, sempre se decide que non fai falta tanto, e deixas parte na casa.

 Os tres viaxeiros, saíran cada un do seu lugar de residencia, sen ter coñecemento uns dos outros. Xuntáronse nunha venta daquelas que había por tódolos camiños, e que servían para acoller os viandantes cada vez que pasaban por alí e a noite se les viña enriba. Era un sitio onde estaban a cuberto, tiñan lume para quentarse e nada mais, nalgunhas había tamén auga.

 No primeiro día de camiño, xa se xuntaron, e como os tres levaban a mesma dirección, cousa que descubriron despois de levar camiñando medio día, decidiron chegar xuntos hasta o seu destino, que era común.

 Desde o primeiro día decidiron compartir as merendas que levaban, pois así farían as colacións mais variadas, pois na aldea de cada un había cousas diferentes. Solo levaban dúas en común: pan e viño.

 Casque o fin do seu traxecto, tiveron un problema, os cálculos non estaban ben feitos, e faltando dous días para chegar o fin do traxecto quedaron sen casque nada para comer, solo una codia pequena e medio cuartillo de viño.

 Decidiron partilo en partes iguais, mais déronse conta de que tres racións eran imposibles.

 Xa chegara a noite, e entonces un deles dixo, que o mellor era que se deitaran a durmircando despertaran  o que tivera o soño mais revelador diría o que había que facer.

 O arraiar o día erguéronse e entonces un deles, o que se dedicaba a enseñanza da relixión dixo, isto é o que soñei: “Fun transportado a lugar marabilloso, indescritible e moi sereno e sosegado onde se puxo en contacto comigo un Gran Ser que me dixo  que pola miña vida pasada o e pola que inda tiña que vivir, debía comer eu o anaco de pan e beber o viño, pois a miña vida era digna de admiración”.

 Entonces o segundo, que era un home dedicado a política e procura do ben dos demais dixo: “ Que cousa mais rara, pois eu soñei tamén cun Gran Ser que me dixo que eu era superior os meus compañeiros, pois a miña vida seria conducir homes, polo que debía ser eu que comera, para acadar este fin”

 O terceiro, que era un pobre labrego dixo: “ Eu non vin nada, non oín nada nin dixen nada. Non soñei. Solo sentín pola noite arriba una presenza, que me forzou a levantarme, buscar o pan e o viño, e o telos dediante non puiden resistir o comelos sen mais, e eso é o que fixen”.

 Esta é unha historia que me contou o Home do Capote Remendado, nunha estancia en Rechouso.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 21:12:28 | Permalink | No Comments »

Photobucket

 QUERO QUE VEXAIS QUE NA BARREADA DARRIBA INDA HAI VIDA.CHIMENEAS VOTANDO FUME, E O XETOÑO TRABALLANDO.

 UN ABRAZO PARA O AMIGO “XE”.

(Se clicas na imaxe agrandase)

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:26:18 | Permalink | No Comments »

Monday, December 22, 2008

DEITASE UN LEVANTANSE OITO

 

Estivera nevando toda a semana. Nevaba polo día e xeaba pola noite. Aquel inverno non tiña desperdicio.

 O persoal, en Val dos Marcos,aparte de acomodar a bacas na corte e levarlle algún ramallo as ovellas, practicamente non tiña nada que facer. Algún que outro racho para o lume e pouco mais.

 Daquela non había nin un miserable fúrancho na aldea, onde ir a beber un cuartillo de viño, daquel famoso viño que viña en pelexos, é que según algúns maldicentes, cando os taberneiros pasaban os pelexos por algunha ponte por mor de cruzar algún río, baixaban debaixo dos ollais e bendicilo. Imaxinade un pelexiño de viño, que no seu día saíu de Toro camiño de Sancibrao, a cantidade de ríos, grandes e pequenos que tiña que cruzar, algúns incluso dúas veces.Chegaba feito un pelexón.

 O meu amigo Caxera, daquela non era unha excepción, polo día facía o que todos os da súa idade e pola noite, o parecer ía o fiadeiro á casa paterna da tía Andrea e tía Inocencia. O parecer era moi amigo da tía Inocencia, e gustabale ir o fiadeiro a casa dela. Eu para min teño que, como a tía Serafina vivía por alí cerca, seguramente tentaban entre él e a mai da María, darlle algún que outro esquinazo a tía Florinda, que debía de ser de armas tomar.

 Cando chegou a hora, o señor Toño Caxera, marchou para a cama; parece que durmía nalgunha casa das que tiña a familia no que agora conocemos como o curral dos Caxeras.

 Daquela as casas eran tan acolledoras, que eu escoitei mais de una vez a algún “vello”decir que no camiño chovía menos que dentro. E dicir que tiñan piso, mais tamén fendas para as cortes, non tiñan fallado, mais si goteiras etc. etc.

 Chega o Caxera a casa, alumeado pola lux dos propios ollos, entra a tentas no cuarto, supoño que se quita o imprescindible e metese na cama.

 Cando se puxo enriba do xergón, e se ia a tapar coas mantas, o ladiño del escoitou un funguido, entre tímido e ameazante.

 Non era home de medos o Caxera, estendeu o brazohacia o lugar do funguido, e a tentas atopou un gato que le quería facer compañía. Acariñouno, acochouse e ¡a durmir hasta que clarexara o novo día!.

 Cando o día seguinte, una vez arraiado o día se levantou, viu que a un lado da cama inda estaba o gato feito un gurgullo. Acercouse a acariñalo, e entón descubriu o que endexamais puidera imaxinar: O que había alí era unha gata con seis gatiños recen nacidos. O parecer foran nacendo pola noite arriba.

 Naquela noite, según decia o noso amigo, deitarase un e amañeceran oito na mesma cama.

 Un recordo agarimoso “ti Caxera”, xa sabe que non se deben facer trampas a “escoba

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 13:46:20 | Permalink | Comments (2)

Thursday, December 18, 2008

VA A HACER 5O AÑOS

 

TRAGEDIA EN RIBADELAGO.

 

 Solo un pequeño apunte, aprovechando que Heitor en su blog, Nunca Jamás hace referencia a una magnifica página de otro blog, que podréis ver entrando en el primer blog mencionado.

 El apunte que quería hacer es el siguiente:

 La noche que sucedió el derrumbe de la presa, yo había dormido en Puebla de Sanabria, concretamente e una venta que había, llamada Pichiriche, que era de un primo de mi padre, mejor dicho habíamos dormidos los dos allí, pues de aquella laS comunicaciones eran, cuando menos, complicadas. Yo iba a incorporarme al Colegio Virgen de la Vega en Benavente y mi padre me había acompañado hasta Puebla.

 Por la mañana cuando la noticia se extendió por Puebla, mi tío Eulogio y mi padre fueron a la zona. Hay que decir que mi padre había trabajado como encofrador en la presa, que creo que construía la empresa Moncabril.

 Según  el relato que mas tarde le oí a mi padre fueron de los primeros en llegar con la idea de ayudar, y según palabras textuales de él, lo único que fueron capaces de hacer fue llorar con los supervivientes, pués no podían hacer nada y medios no había ninguno.

 Digo esto porque en el Nodo, que reproduce la página que saca el recuerdo de la tragedia, habla de que fue el ejército, la falange y el frente de juventudes, debió de ser cuando ya la cosa estaba limpia y los medios de comunicación también aparecieron.

 Es decir las autoridades tanto locales como nacionales, al final tuvieron que hacer algo, porque no les quedaba otro remedio, pués la noticia trascendió las fronteras del país.

 Después hicieron un Ribadelago nuevo, fuera del lugar original, pero los vecinos acabaron volviendo a reconstruir el primigenio, pués el nuevo no se adaptaba a las necesidades de los habitantes. Pero esto es otra historia.

 Solo quería, desde aquí agradecer a Heitor su aportación y sobre todo a Iñaki, por su magnificas fotografías y el recuerdo.

 El cincuenta aniversario será el día nueve de enero.

 Un saludo y un recuerdo a todos los de Ribadelago y a los desaparecidos y muertos.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 18:08:36 | Permalink | No Comments »

Tuesday, December 16, 2008

MISTERIOS DE VAL DOS MARCOS

     FORA EN MOURO MORTO      

 Falábase que, pola zona aquela , se vían cousas estranas. Había quen dicía que vira un home de pel cobriza, outro dicía que ollara un animal que os antergos chamaban cebros, a  tamén se dicía  que so era en noites de lúa chea.

 Xa se sabe que os cazadores de porcos monteses tenden a esaxerar as cousas. Ainda que eu creo que, ir o fondo de a Illande, no inverno, unha noite con lúa chea, seguramente con unha xeada das da época da glaciación impuña o seu.

 Impuña porque o frío e a lúa chea fan ver cousas que non son, enriba se para que o frío non te renda levas uns grolos de augardente, a cousa colle caracteres épicos.

 Aquel día en casa do Caxera, falouse do tema, e un veciño de Sancibrao, asegurou que aquela tarde, cando fora a escorrexer a caldeira da Illande, cando xa estaba caseque nos prados de Rebordelo, xusto enfronte do Navallo, asegurou que él vira un cabalo con un corno na testa.

 A persoa que o dicía era unha persoa seria e digna de todo crédito.

 Había que averiguar que raio pasaba naquel lugar, foi o que pensemos, M., eu e o noso amigo J.

 No día seguinte había lúa chea, o tempo, cun anticiclón sobre a península, centrado mais ben no NE, prometía unha noite, que, nin pintada para unha aventura no cimo dos prados de Belois, fondo do Navallo e fondo da Illande que era onde se daban os avistamentos.

 Pola tarde preparemos unha merenda cena para levar. Cenariamos no lugar sinalado polos que viran as diferentes cousas, e fariamos “guardia” durante toda a noite. Prohibido levar calquera clase de liquido que tivera alcohol, non fora que nos torcera os feitos, se era que sucedían.

 O único que levemos foron armas de fogo, tales como unha “Luger Parabellum”, un revólver do cuarenta e cinco e unha formidable catana das de cortar a cana de azúcar en Cuba, amén de unha escopeta con cartuchos de postas.

 Cheguemos a Burgoza, cando o sol xa solo se vía no alto do Monte Muga, busquemos un lugar onde puideramos ver ben a zona, e que o mesmo tempo fora agarimoso para pasar a noite. Decidimos que o mellor lugar era no medio dos prados do Navallo, debaixo de un fermoso carballo. O lado había unha fonte, e na poza estaban as sinales de que os porcos monteses debían ir a reborquillarse no bulleiro da mesma, para coidar e ter limpa a pel.

 Unha vez que comemos o que levabamos, e se fixo de noite pechada, esperemos a que a lúa se levantara o suficiente para poder ver a carballeira da beira do regueiro de Belois, e os seus aredores.

 As dez da noite a lúa collera altura, era tan grande como a roda dun carro, e a boa fé, que alumeaba todo o avesedo de maneira que se vían as pedras mais pequenas da Ladeira.

 O amigo M., pronto se quedou durmido, J., é mais eu estivemos de cháchara hasta a unha do novo día. Alí non pasou nada, nese tempo. Decidimos apostarnos en lugares distintos, por se era cousa de que pasara algo e non nos deramos conta. Avisamos a M., que ficou alí mesmo, e J., mais eu pasemos: J., o fondo do prado do Adolfo da Illande e eu a punta do prado do Dario da Burgoza. Ël levaba o revolver e eu aquela marabilla de pistola semiautomática de fabricación alemana, usada na última guerra mundial.

 Arredor das dúas da noite, hora oficial, e as doce solares, eu desde o meu observatorio pareceume ver un home que cruzaba o regueiro cara a carballeira. Era un home grande con un chapeu de ala bastante grande tamén, e co que parecía un mostacho revirado acía arriba. Estaba a uns douscentos metros de onde eu estaba apostado, en nun momento determinado pareceume que ollaba para min con cara de coña.

 O cruzar no regueiro perdino de vista e non volvin a velo. A lúa xa ía camiño de Montouto, e decidín volver o que consideraramos como zona de reunión. Poríase escuro e era mellor xuntarnos antes de que ocorrera, para pasar o resto da noite.

 Cando cheguei, xa estaba alí J., que polo que vi estaba lixeiramente alporizado, o mesmo que M.

 J., vira o mesmo que eu, e M., non vira nada, mais escoitara uns laios que, según él primeiro atribuíra o cárabo, mais que se le semellaban moito a voz de unha muller.

 Quedou a cousa así, e nos xa non eramos capaces de pechar os ollos, calquera ruído xa nos puña en tensión, e agarrabamos os trebellos de guerra, coma se deles dependera a nosa integridade física.

 A fonte tiñámola cerca, a uns trinta metros. De súpeto escoitouse unha especie de funguido e un forte chapoteo que nos puxo os pelos de punta. Agarremos as armas, e coas costas contra o carballo que no cobixaba non parabamos de tentar ver o nos arrededor, a lúa xa case no alumeaba, pois xa estabamos nas sombras. Perdemos unha ocasión que nin pintada para darlle matarile a un porco bravo, que despois de rebozarse na charca, o tentar liscar de novo case nos atropela, sen que nos reacionaramos.

 Decidimos volver para o pobo, pois alí xa non estabamos moi contentos.

 O pasar o regueiro desde o Navallo acía a Burgoza, de pronto escoitemos os tres uns fortes lamentos, parecía unha muller pedindo socorro, cunha voz moi feble, e que despois de varias veces acabou esmorecendo. Tentemos localizar a quen profería aqueles lamentos, orientandonos por onde créiamos que saíra a voz, mais todo foi en vano. Non atopemos a naide, despois de dar un montón de voltas pola carballeira.Na parte baixa do regueiro, por entre os carballos vimos unha luz que saia de unha fogueira fómonos acercando con moito xeito, e coas armas empuñadas pois aquilo non era normal, despois de sentir os laios. Cando cheguemos, había un home sentado a carón do lume. Era un home moi maior, e aparentemente casque non nos vía, eu estou case seguro de que non. Estaba chorando dun xeito tal, que parecía que era o único que sabia facer. Preguntemosle por que se atopaba naquel estado, e solo nos dixo que a súa filla I., fora asasinada por R. Tentemos levalo con nos, mais él negouse dicindo que por el non nos preocuparamos, que se marchaba para a súa casa, pois xa levaba demasiado tempo fora dela. Ergueuse e collendo un caxato grande que levaba marchou cara Mouro Morto.

 Cando o vello, trespuña no fondo de Belois, pareceunos ver de novo o home do chapeu de ala grande, cerca do Navallo.

 Nos fomos o camiño que desde a Burgoza nos levaba o pobo, e cando chegamos a Cova de Frade, atopemos a case todo o pobo, que ía a buscarnos. Según nos dixeron xa pasaran tres días desde que foramos a buscar unha explicación o que algunha xente vira.

 Aquelo foi bastante comentado pola zona, mais nos os tres non atopabamos explicación a o que para nos foi unha noite, e para os do pobo tres días. Os tres estabamos de acordo no que viramos, e non criamos que soñaramos. Era imposible estar durmidos tres días, os tres a vez.

 Pasado un tempo, na feira da Mezquita, desde a parte de abaixo vin no cimo do Toural a aquel home que pasara diante de nos aquela noite.Cando me acerquei a él vi que levaba o mesmo chapeu, e un capote remendado sobre os ombros.

 Sen necesidade de preguntarlle, casque por telepatía, contoume a historia das leiras de Mouro Morto, onde o parecer un sanguinario home que daquela era o dono das terras da zona, violara e asasinara a unha moza chamada I., filla de un Druída. Aquelo fora facía xa casque dous mil anos, e que o asasino era un tal R.

 O ver a miña cara de estrañeza, pois eu cría haber visto e falado co pai de I., pois él mesmo nolo   dixera.  Entonces díxome o home subíndose o coche mixto:

 ¿Oíches falar dos buratos de gusano?.

 

 

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 21:36:40 | Permalink | No Comments »

XOGAR CON CARTOS ALLEOS

 

  ¿ESTAMOS  TOLOS, OU QUÉ?

 

Hoxe escoitei unha conversa, que conmigo no ia, mais, como non falaban baixo, senon que parecía que querian que se oscoitera, pois, eso, escoiteina e eiqui mismo vou e larécoa.

 Falaba un deles que invertira oito mil euros agora, e que dentro de medio ano le ian devolver dezaoito mil cincocentos.

 No decurso da conversa, a que le puxen cada vez mais atención para averiguar no que paraba  a cousa, según verbas do meu amigo “ti” Alejandro, pois tentaba enterarme de cómo se pode facer un rico en pouco tempo.

 Poño esto en conocimento de todocristo por se sirve de algo, que o dudo.

 O prestador-espuculador, explicouse ben. Habia alguén que necesitaba unhas decenas de miles de €, para poder pagar unha deuda con un banco, por que senon, no le daban outro crédito mais grande.

 A idea é simple: teño unha deuda de dez euros, pido dez euros prestados con un cento cinco por cen de interés, a pagar en medio ano(esta é outra), para que me concedan outro prestamo que cubra a deuda inicial mais os interese que estou disposto a pagar, mais o diñeiro que necesito para merca o BMW.

 En concreto, se debo dez, comprometome a pagalos mais ese cento vinte, é para poder facer eso teño que pedir un prestamo que cubra todo mais o coste do BMW que vamos a por en vinte; teño que pedir un novo prestamos de cuarenta cuando solo debia dez.

 O problema no está no anterior, senon en que parará a cousa.

 Pode suceder que non le concedan o prestamo, que se gaste os cartos de tan elevado interés, é que o fin quen non cobre sea o prestramista oportunista.

 Tamen, que le concedan o prestamo, que compre o coche e que se gaste o resto dos cuartos en pirulas, e que o que non cobre sexa o prestamista oportunista.

 Terceiro que ningunha das dúas cousas sucedan, se pula os dez mil do prestamista oportunista, e que éste siga perdendo os cartos.

 Non quero continuar porque ocorrenseme un monton de supostos mais, que todos vos, que non sodes parvos xa iriias pensando (Podédelos por nos comentarios), e asi non aburro.

 Non me resisto a sacar unha “moraleja”: ¡nindiós deixa duros a catro pesetas!

 ¡Ui que carallo, esto xa estaba ecrito antes da carallada, que fodeu a varios ricos!

 ¡Xa veredes como a o Madoff ese non o levan a Guantanamo!.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 13:48:59 | Permalink | Comments (1) »

Sunday, December 14, 2008

ARREDOR DUNHA MESA


 

 

 

   

 

   DE LERIA CO MEU AMIGO CÉFIRO.

 

 Vai uns cantos días, estivemos dando conta de unhas alleiras, pola zona de Castrelos, xusto detrás da casa do Carlos.(Coido que estas cousas hai que facelas mais a miudo, pois as veces pérdense as boas costumes)


 
Resulta que o amigo Carlos descubriu un “Frango Negro”, nome traducido o castelán polos portugueses propietarios do lugar dos petiscos.


 
Reunímonos nesta bonita tasca, Céfiro, Carlos, Angela e mais eu, para ver de facerlle as beiras a unha alleiras e unhas botellas de vinho do Alentejo. Por certo un macanudo viño.


 
Alí expliqueille o amigo Pián, as miñas aventuras, mellor dito desventuras, cunha lebre na Terra da Chave, e alegrémonos con recordos de mellores tempos cinexéticos.


 
Leriando, leriando, falemos de caseque todo, política, economía desastrosa actual, é como non, do noso querido Val do Marcos. Andando nestas lerias, recordemos algunhas caralladas que paga a pena referilas, solo co ánimo de que nos se perdan, e pondo por miña parte todo o cariño por aquelas persoas que foron intérpretes ou testemuñas das mesmas. Espero que me perdoen se o consideran unha irreverencia pois esta non é a idea.

 Imos alá:


 
A entreperna do “Lias”

 Parece que nunha ocasión que ían o ti Constantino mailo Elías, encontráronse polo camiño coa tía Carolina.


A tía Carolina levaba unha cesta moi grande, seguramente ía buscar algunha cousa o lameiro, e detrás dela coma un cadeliño ía un cordeiriño(año). Entonces o Elías díxolle a muller algo sobre a cría de o ovino, e ela virouse e mirou para él que naquel mesmo momento perneou, ficando como morto.


O ver aquilo a tía Carolina, agarrou o cordeiro e pasoullo pola entreperna o Elías, e de súpeto o cordeiro saíu brincando e berrando como se nada.


Non sei se seria porque o cordeiro era epiléptico, ou a entreperna do Elías tiña poderes máxicos.


As cellas do José do ti “Benino”

 Unha vez que o Céfiro fora e Hermisende, estando a porta do comercio subiu polo camiño o ti Jose.

Este home, xa maior, tiña unhas cellas moi grandes e largas. Cando ía chegando o comercio escoitou a un par de chavalotes que le preguntaban a ver se as cellas o deixaban ver.


 
O ti José contestoulles-¡vexo bastante mais que vos!. Mirade, continuou, cando un se fai vello, merma a vista, merma a malicia e merma a pixa, nembargantes crecen as cellas, a paciencia e mailos collons.


 
A Palmira e as pelotas-

 Nunha ocasión, a Palmira da Cancela, foi a Hermisende.


Entre outras cousas quería mercar no comercio unha pelota para un cativo, seguramente para fecerle un agasallo.


Non sei se o sabedes, pero era así…….. como algo…tímida, e cando se vía nun apuro retorcíase bastante.


Cando chegou ó comercio, éste estaba cheo, pois acababan de saír da misa.


Fixeron-le “paseillo”, para chegar ó mostrador,


Entonces a Palmira, con voz lixeiramente entrecortada preguntoulle o comerciante.

-         Toño, ¿tes pelotas?.

-         ¡Teño!, ¡E boas! – contestou él


 
A risotada de tódolos presentes non se fixo esperar. A Palmira medio se escochou e saíu do comercio.


 
¡O pobre cativo, quedou sen pelota.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:20:08 | Permalink | Comments (4)

Friday, December 12, 2008

MOVENDO CARTOS

    OFICIÑA CASE-SINISTRA.

 

 Teño para min, que hay algunas cousas na vida, que nunca mudan.


 
Vou tentar decir ó porqué do aserto anterior, para o cual usarei un circunloquio, ainda que estes non lle gosten demasiado o amigo LoRo.


 
Alá polos anos sesenta e tantos, colleume unha crise económica traballando en Barcelona. Daquela a consigna dada polos responsables (non quero dicir autoridades) nacionais, era a de ¡Aprietense los cinturones). Creo que ainda teño as amatas da cincha que me facia na cintura. Se  daquela éramos burros domesticados, agora somos burros libres, mais en definitiva ¡burros!.

 
Oxe, no choio, cando entrei naquela oficiña, donde traballamos, atopeime con unha oscuridade fora do común, é a miña amiga Martiña estaba caseque atrida, pois naquel sitio fai un frio do Polo Norte nos mellores tempos.


 
Pregunteille o porque de aquelo, e díxome que na primeira hora estiveran alí os da compañía  electrica, e que a cortaran por deber un recibo.

 
Electricidade cortada: oscuridade o canto Nen a pequena estufa por moito que te achegues ela, non quenta.

 
Cando me estaba contando a peripécia, apareceu pola porta un usaibor disfrazado de euribor, ¡traballo nos costou sacalo a escobazo limpo,! pois queria implantarse alí, como se fose unha bacteria desas que os adegueiros chaman levaduras, é que tanto les gusta por nos viños.


 
Traballamos nunha espécie de túnel alagrado. Con unhas fiestras pequeniñas ó fondo, polas que non entra luz, solo frio. As reixas non deixan pasal-a luz.

 
Marta e mais Ana, cando entran ó traballo, a  parte do pano sobre a caluga atado debaixo des queixos, tamen levan uns mantons de lá negra, cuns flequiños nas bórdas, que os fan moi agarimosos.

 
Eu póñome unha pucha negra, con unha borliña roxa na parte de atrás.

 
Preguntaredes-vos, a ver para que raios imos así. A resposta é sinxela, queremos espantar a todos os que nos queren dar diñeiro.

 
Empeñeronse, tanto os dos bancos como os veciños en levarnos todo tipo de monedas, é en grandes cantidades, pois queren que los mandemos para o outro lado do charco, por aquello de nosa proximidade ó porto é os asteleiros, da beiramar viguesa.

 
Correuse a voz de que nós levamolos cuartos a America. Ainda non son quen de esplicarme a min mesmo o senso desta gaitada.

 
Nos os tres o único que facemos, é, que, cada vez que un financieiro ou similar, entra no noso túnel a ofrecernos duros a catro pesetas, collémolo, cuarteámolo e os cuartos enterramolos en praia América.

 
Vai ser que algún larchan, borrou a berba praia, e de agora a xente pensa o que non é.

 
O último que cuarteémos foi un individuo, rechoncho, con grandes aneis de ouro, chapeu Steston impermeable, seino por que eu fiquei coel, que nos ofrecia unha ocasión de gañar moitos cartos. Nos dábamosle o diñeiro él, o cual invertia nunha cousa de futuros, que mais ou menos consistia nun negocio que nos faria ricos a volta de dez anos. Eso sí, os títulos de propiedade eran moi bonitiños.

 
Unha vez feito cuartos enterremolo en praia América, con aneis é todo. Dábanos un non sei qué, sacarlos daquelas garras mugrentas.Penso que era asco.

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 21:57:35 | Permalink | No Comments »

Thursday, December 11, 2008

APOCALIPSIS II, EN VAL DOS MARCOS

Aquel vehículo, que había aparecido por la parte baja y que era de forma cilíndrica, llevaba una dirección errática sobre el trozo de atmósfera que rodeaba la aldea-ciudad.

 Fue comentado de forma convulsiva y con mucho nerviosismo por todas las personas que estaban en la zona de reunión del concejo. Parecía que el propio castaño bajo el que se deliberaban las cuestiones de la tribu, también estuviese preocupado, o esto o el otoño se había acelerado, pues de súbito se le empezaron a caer las hojas de forma compulsiva nada más aparecer en el horizonte aquel raro aparato.

 Los aviones del Ejercito del Aire, habían dejado de hacer ruido, lo que, era indicio de que ya no estaban por la zona, o habían sido neutralizados.

 Cuando casi todo sobre la zona estaba casi lleno de aquellos aparatos que desafiaban la ley de gravedad terrestre, de los más grandes salieron aquellos otros clones de tamaño reducido, con las mismas maneras de navegar en el aire.

  Comenzó un revuelo entre los asistentes a aquella visión. De la parte más habitada de la ciudad, aparecieron unas cuantas decenas de moradores de la misma, a partes iguales de hombres y mujeres, flanqueados por varios seres que habían descendido de una de aquellas naves.

 Aquellos seres que las naves habían dejado salir de sus panzas, sin que se notase abertura ninguna, era como si de la propia aeronave, por llamarle de alguna forma, saliesen partes consustánciales de la misma; aquellos seres, decíamos, tenían una característica, solo una, común a los humanos, una cara aunque idénticas las de unos y otros, y por la parte detrás de las orejas, unas alas que les sostenían, o eso parecía, en el aire.

 Cuando querían entrar en contacto con algún humano, solo le miraban y, por lo que comentaron después los afectados, éstos comprendían perfectamente lo que querían que hiciesen y al mismo tiempo les sucedía como si perdiesen peso o desapareciese parte de la gravedad. Algunos decían que era como si se hubieran introducido en el agua, pués tendían a elevarse sobre la superficie de la tierra, pero sin conseguirlo.

 Aquellas caras con alas comunicaron a algunas personas, que estaban allí para introducir algunos cambios en la flora y la fauna de la Tierra. Les dijeron que no intentaran oponerse ni estorbar, pues lo que tenían que hacer se haría con  su consentimiento o sin él.

 Todos los que tuvieron la experiencia de la comunicación de lo anterior, lo relataban de la misma forma: La imagen que captaban en su mente, transmitida por los angelotes, era, viéndose así mismos caminando por el campo, pisando todo lo que estaba en su camino. Si veían algún insecto, no lo pisaban deliberadamente, pero, no hacían nada por evitarlo si les hacia perder el tiempo.

 Nunca se supo el tiempo transcurrido, aunque, después del suceso, nadie veía las cosas como antes. Nadie sabia que era lo que había cambiado, si el entorno en sí, o la forma de cada cual de ver la realidad, resultante.

 Sí había un cambio fundamental, observado por todos, entre los castaños habían crecido unos árboles que no tenían hojas, pero sí fruto.

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 17:52:37 | Permalink | No Comments »