COUSAS DA ALTA XEABRA (SANABRIA)
. FUXIDOS DO TREN
As voltas coas hitórias de Val dos Marcos, acercamonos tamen ás de a Xeabra, pois ó fin de contas todos “semos” xabreses. Ainda que algúns pensamos que tanto poderiamos ser mirandeses, galegos ou trasmontanos, no senso mais lato dos termos.
A introdución, un chisco enguedellada, ven a conto por que me queria referir o tramo do camiño de ferro entre A Puebla e a Gudiña. Sobre todo o túnel que pasa pordebaixo de a Portela do Padornelo, é a época da posguerra, que foi cando se acabou.
Para poñervos en antecentes, direivos que, na vella carreterra 555, entre Requeixo e O Padornelo habia un poblado que se chamaba o Campamento. Este poblado na páctica era un verdadeiro campo de concentración.
Neste Campamento, o rexime franquista, concentrera unha serie de xente que xunto cos das aldeas dos alrededores traballaban no famoso túnel.
Neste campamento habia un destacamento de Carabineros, xa caseque transformados en Gardas Civís, que eran os que mantiñan o orden e vixiaban os “presos” que alí traballaban.
Estamos a falar dos anos cuarenta e cincuenta do século pasado.
O personal que estaba na via tiña, entre a xente do rexime, mala sona, pois eran moitos deles xente que durante a preguerra e na mesma, organiceran algunha que outra algarada co fin de defender os seus dereitos laborais, e sempre eran acalados “manu militari”.
Tiñan unha eiva mais; non ian a misa.
Nin que decir ten que todo aquel que na posguerra, traballaba e residia no Campamento, era considerado como un “roxo” peligroso para as autoridades locais, ainda que moitos dos represores, despois do fin da dictadura, se reconvertiran en verdadeiros “demócratas de toda a vida”.
Eu conocin u xefe da falange, que no ano 1977 na festa de Castrelos, tomando unha cervexa en casa da Carolina, textualmente dixo: Nos, os que sempre fumos socialistas..
Bueno o que ibamos, cuando daquela algún dos traballadores do túnel grande, outra maneira de chamalo, tiña algún problema, a única cousa que le quedaba era liscar dali. A partir deste momento convertiase nun proscrito de “facto”, e era él mesmo o que tiña que demostrar a súa inocencia co problema añadido que ninguen le axudaba, e as autoridades moito menos. De feito eran os seus peores enimigos.
Con esa situación é co medo que tiña caseque todo o mundo, a maneira que se buscaban moitos dos traballadores era tirarse o monte, no senso mais literal da frase, e vivir fuxidos.
Simples traballadores con moito medo, de golpe e porrazo convertidos en “maquis”, por obra e gracia do rexime.
Andaban polo tanto, polos lombeiros e serras da Segundera e estribacións uns poucos “fuxidos”, que era como os lugareños os denominaban.
Xente que pasaba fame, andaba mal vestida e de cando en vez baixaba as aldeas co ánimo de atopar a alguen que les dera algo de comer, e que non os denunciara. Tiñan que ser moi cautos e prudentes pois nunca sabian se a persona coa que se atopaban era de fiar ou non.
Nunha ocasión un hirmao meu, César, estando coas vacas en Rebordelo, estaba coas vacas do “ti” Dario, atopouse con un destes fuxidos, que se acercou él. Despois de falar un pouquiño preguntoule se tiña merenda, pois él, dixole, levaba moitos días sen comer e tiña moita fame.
A pinta de home, mal vestido, con guedellas hasta os hombros, e seguramente con cara de moita fame e medo, meteule tamen o medo no corpo a meu hirman, que le contestou que non tiña merenda.
O home marchouse sen comer nada, e o meu hirman voltou coa merenda para a casa, enteiriña. Medo cada ún colle o que seguramente non quere. MALDITA GUERRA.

