NO DIA DAS XENTES GALEGAS E DAS LETRAS
BON ANIVERSARIO, FORA DE TEMPO.-
Seguindo a miña costume inveterada, de facer as cousas cando me peta, e de non respetar os dogmas dos grandes e pequenos armacens, hoxe quero dende este espazo do ciberespacio do mundo mundial, dedicarlle-lo a miña dona Angela, que xa leva moitos anos aturándome.
Son mais de trinta anos e tamen uns pocos meses e días.
Coñecimonos, alá polo ano 1976, un dia, no que creo que se celebra a festa de San Antón, eche esta unha festa bonita, pois en moitos lugares engalananse os burros, ainda que nese día eu non estaba enfeitado.
Foi na Coruña, unha noite, que previo un pequeno accidente na saída hacia Santiago, fixo que, ó final, eu e un amigo acabáramos tentando “ligar”, por Santa Crsitina, que algún coruñes nos dixera que era bon sitio para elo.
Nun lugar onde habia música, e bastante balbordo, decidimos que alí tiña que ser un bo sitio, e sin pensalo mais, entrémos a ver que pasaba.
Pois pasou que de un xeito, nada caballeroso, e bastante mal educado, eu fixenlle unha pregunta irreproducilble a unha moza, que se enfadou, e a súa colega preguntoule que fora, o cal eu respostei pedindole que bailara conmigo. E ahí empezou todo.Casémonos no fin de ese ano, nunha aldea de Lugo, chamada Ourol, perto de Viveiro; a merenda post.boda, caseque se convertiu nun mitin, pois ian e ser as primeiras eleccións democráticas, e xa caseque ninguen se acordaba de que fóra a unha boda.
Por certo cando decimos liscar do Serra, acerqueime a caixa para pagar o convite e non mo quixeron cobrar, pois o parecer xa estaba pagado. Gracias Pepe.
Dende aquela até hoxe, paseron moitas cousas, tivemos un fillo que xa é enxeñeiro, morreu o padriño da boda nun desgraciado accidente, morreron os pais de Angela, morreron os meus, morreu unha chea de amigos e parentes.
Chegou a democracia a este pais, creo que xa se pode decir que está implantada, e ben entorgada, e chegounos ós dous, a Agela e a min a hora da xubilación. Espero que a cousa faga honor a berba e que téñamos un bo “jubileo”(Senso, júbilo).
Esto foi caseque todo, ate ahora.
Oxe quérole adicar estas berbas a miña dona, e fóra da miña costume, pois nunca fun amigo das zalameas, decirlle que moitas gracias por aturarme, gracias por todo este tempo, e que espero que nos aturemos xubileamente, un bon feixe de anos.
Biquiños.

