NON SE PODE UN FIAR DOS VELLO
A PEDRA DE AFIAR OS PUNTEIROS
- ¿A dónde vais, menina?-preguntou a velliña avoa, a rapaza de uns nove ou dez anos, que cargada cunha cesta de bimio, camiñaba pola rúa que percorria a aldea de arriba abaixo.-
- Vou onde o “ti” Manolo, pola pedra de afiar os punteiros- contestou a rapaza.
Transcurrida unha media hora, voltou a subir, pobo arriba, a rapaza, con unha pedra de dimensións medianas, envolta nun cacho de farrapa e que a menina, toda orgullosa enseñou, o “ti” Pepe, decindole. – O “ti” Manolo dixo que non estaba seguro de si sería esta- pousando a cesta cun resoplido de cansancio, os pés do carpinteiro
Pois esta non é, trabucouse o Manolo- rosmou o Pepe- volve alí e dile que é a de grao miudo. Ah, e devolvele ésta.
Volta a empezar a peregrinaxe da rapaza, pobo abaixo cargada coa pedra de grao gordo.
A ver se desta vez Manolo non se trabuca pensaba a rapaza, pois ainda que a pedra no era moi grande, a asa da cesta xa empezaba a facerle ronchas no brazo.
- Xa me parecia a min, que o carpinteiro queria estoutra- dixo o Manolo- Mais non sei se poderas con ela. Se veis que non podes, deixa que la levo eu despois.
- Non, non, si que podo-dixo a mociña, toda fachendosa- eu xa teño bastante forza.
Como a nova pedra era mor que a primeira, a rapaza tiña que descansar, despois de camiñar seis ou sete pasos.
Cuando estaba descansando, pasou polo camiño, outra moza, esta de quince ou dezaseis anos, que le preguntou a primeira. -¿Qué levas na cesta, que parece que pesa?.
- Unha pedra para afiar os punteiros, para o “ti” Pepe- dixo a menina.
Enton a inquiridora mirou na cesta e o ver a pedra decatouse de que le estaban a gastar unha broma a mais pequena.
Dixole, mira, non le fagas caso, pois estan rindose de ti. Ese “ti” Pepe é algo trasno. Unha vez que meu hirman me trouxo un paxariño do monte, dixome que para que non estrañera na gaiola, tiña que darlo a besar o gato, cousa que o gato fixo con tanto entusiasmo que o zampou con plumas e todo.

