DE NOITE TODOLOS GATOS SON NEGROS
Mes de Nadal. Noite pechada. Desde o Esterqueiro, hasta a casa dos do “ti” Constantino, habia un bulleiro, que, caseque daba polos xeonllos.
Naquela noite a lúa, fórase a armar manxoeiras para o Prado Grande Bueno a lúa non o sei, mais algún que eu coñezo, sí fora.
Normalmete despois de deitar os devanditos aparellos, nos redeiros habituais, algúnha vez darei conta de cómo se fan, donde, e como se arman ambalas dúas cousas, adoitaba un voltar o pobo, e darse a ver polo café do Caxera, para que os gardacivís, non desconfiaran nada.
Era como cando ibas a usma dos coellos, ou a Moimenta a buscar café. Ibas por riba e voltabas por baixo ou o revés. Cos Carabineros nunca se sabía. Habia un que era de Lapelandia, guardia quero decir, que él sempre nos daba un consello ; nunca vos fiedes de un guardia , pois o que ten un amigo guardia é coma o que ten un duro falso.
Voltando a noite da que estamos a leriar, estivemos no café. A tropa nova sempre xogábamos contra os vellos, pois habia moitas posibilidades de gañarles con cartas, ou sé se descudaban facerle algunha trampiña, pois os pobres xa non vian, ou facian que non vian.
Pagar un café, era cousa dura, e o doble de dura se tiñas que pagar dous. Era polo tanto convinte, artellar o asunto para que pagueran os vellos. Eles eran os donos dos cartos. Eu mesmo presenciei nunha partida de brisca na que alguén non botou o as de trunfo, porque o ameaceron con comerlo co tres.
Hai que decir que un café, custaba unha peseta, mais tamen un paquete de Celtas, custaba tres e media. Polo tanto dous café eran dous tercios do precio do tabaco, e a cousa non deixaba lugar as dúbidas.
Os guardias tamen baixaban a xogar a partida, se podíamos facíamos igual que cos vellos, e eso de que te viran evitaba acusacións de furtivismo o día seguinte, se localizaban a manxoeiras.
Daquela habia un cabo bastante rabudo, no asunto de meterse co personal. Era amigo de meterse en cousas tan estrañas, como ver si alguen levaba pico na vara d’aguillada, se os carros tiñan unha especie de matricula imposta por non sei quén. E tamén de pedir que le asinaran a papeleta de servicio no propio café, na que ia escrito que a estabas firmando e Lagoas, ou Rechouso. Ahora que o penso nunca oí que foran a Rebordelo ou as Pombeiras. Debia ser que por alí non habia raia.
Cando se acaberon as partidas, o persoal, escomenzou a liscar, cada un para a súa casa, e os tres ou catro penitentes da barriada darriba, saimos do café para facer a última parada diante da casa do Dario, a escoitar Radio Andorra e as sús dedicatórias.
Sairon diante de nos os guardas, entre eles ia o devandito cabo. Como quedou referido a noite era, daquelas noites en que para camiñar, tiñas que guiarte mirando para arriba, e polo sonido das zocas ou zamancos.
Cuando os guardas chegaron a porta do Adolfo, tamén conocido como “La Gran Siete”,baixaba correndo a todo correr, cunha pequena linterna na man, e fungando como se fose un camión, un rapaz das Carballas, de nome J.L., solo podo dar as iniciais pois daquela era menor de edad e non quero líos.
Xusto no rouso, fixo sonar a bucina, mais xa foi tarde. Embestiu contra o cabo, que sin remedio, emboldregouse desde as cellas hasta os pés, nun bulleiro de mais de quince centimetros.
O guardia que ia con él tentou darle unha patada o do camión, mais entre a oscuridade, e a rapidez de J.L., o único que conseguiu foi dala o aire, e caer él tamen.
O camión, xa fungaba, e pitaba debaixo da Fonte Pateira.
Os gardas tenteron, o dia seguinte, porle nome o atropelacabos, mais non foi posible, como dixo alguén; de noite todolos gatos son negros.

