24/05/2008

HOMES LOUCOS POR VAL DOS MARCOS

 

 UN HOME LOUCO, COLLENDO TRUTAS NA VEIGUIÑA.

 Algunhas veces, calquera de nos, sen querer, pode ser a orixe dunha lenda, ou de algo semellante. So hai que deixalo correr, e atizar un pouco os tizóns ó lume, e ¡xa esta!, se non se para. Se deixamos correr Radio-Macuto, xa está a leria servida.

 Cando eu tiña dezaseis anos, por encargo da Maestra de Hermisende, e por que me pagaba, sustituía, abrindole a escola, durante un mes mais ou menos, pois ela tiña que preparar unhas oposicións ou algo semellante.

 Daquela en Hermisende, habia dúas escolas; unha para rapaces e outra para as rapazas. Esta foi na que tentei transmitir algún pequeno coñecemento, cousa que de aquela, ainda me faltaba a min. Coido que ainda hoxe.Cando digo coñecemento, quero decir seso.

 Por certo alí, naquela escola, diante da casa do “panadero”, coñecín unha das intelixencias mais abertas que vin endexamais. So necesitaba un chisquiño de apoio para, practicamente ser o que quixera, non recordo o seu nome, so o alcume do seu pai e non o vou referir eiqui, por respeto. Non sei que foi dela, se sigue en Hermisende ou non. De todolos xeitos ahora xa terá cerca de os sesenta  anos.

 O asunto é, que, como tiña que abrir a escola pola mañá e pola tarde, no entremedias so tiña dúas horas, non me daba moito tempo para ir a comer a Capital de Val dos Marcos, e quedaba a comer no Bar Botones.

 Dábame tempo para comer e xogar a partida con algún veciño, até a hora de voltar a escola.

 Aquel día era luns, seguin a rutina de cada día, e chegada a hora de comer, fun o Botones a zampar o meu par de hovos estrelados, cunha boa codia e un groliño de viño, e café, que invariablemente era a comida de cada día.

 Cando estaba comendo, xa había unha partida de tute, tres ou catro miroís aredor da mesa, que estaban facendo unha serie comentarios sobre un home louco que aparecera pola zona.

 O parecer xa fora albiscado dúas ou tres veces. Resultaba que o interfecto que andaba solto por alí, adoitaba de facelo esporrancho.

 Entón pregunteile  o que daba a nova, e comentoume, que o día de antes, estaba o seu fillo e outro rapaz, cos rixelos, por enriba de o Muiño do Medo, que o parecer xa non da tal, e que no areal do Muiño da Veiguiña, había un home louco, que pescaba totalmente espido, e que debía de querer queimar o muiño, pois del saia unha fumareira, coma se estivese a arder.

 Parece que o “cabrón” do louco tiña sorte, pois sen se mover do areal sacou tres trutas, que pousou no chan.

 Os rapaces colleron medo, e co magote da res lisqueron para a casa a media tarde. O peor do asunto era que non querian voltar cos rixelos pois colleran moito medo.

 Xa se sabe os loucos en pelotas, soen ser moi perigosos. Zampan-os nenos.

 Cando voltaba, a noitiña, para Sancibrao, recordei a miña pescata do dia de antes, cando nos prados de Casares chapucei no Tuela, calzado e vestido, tendo que facer lume no Muiño para secar a roupa, e para fecer tempo sain coa cana o areal a pescar. Nunca vos fiedes dun tocón de amieiro seco.

 Por certo aquel día non se dou mal, a pesar de que na Ladeira hasta cerca do camiño habia uns poucos centímetros de neve.

 
Posted by Xabrés da Teixeira at 18:15:16 | Permanent Link | Comments (3) |