COUSAS QUE NON INTERESAN
FAME NO MUNDO
Hoxe, lunes 5 de maio de 2008, despois de pasar un fin de semana en Val dos Marcos, tentando ás pintonas do Tuela, e enganando a algunha, volvemos a atoparnos coa leria de caseque todolos días nun dos castros mores da Galaecia.
Cada vez que se abandona a vixiancia, sobre o personal, pois pasa o que ocorre. Volta ún e atópase con monton de trapalladas feitas por eses seres chamados humanos, que sempre andan artellanado algo, para tocarse as gónadas uns os outros.
Mortos nas estradas, xente queixandose de que hai crise pero ateigando as estradas e restaurantes, xene morrendo a que non se nombra (hai que ser famoso), xente celebrando que o seu equipo gane, e outra celebrando que o contrario perda, etc. etc.
O que mais me sacou das miñas “casillas”, foi un titular de prensa (La Voz de Galicia), que di : “medio centenar de paises sufren hambre por el encarecimiento de los alimentos” e a renglón seguido nuha entrevista a un alto funcionario da FAO, que dí :” en America Latina hay 52 millones de personas mal alimetadas, a pesar de que produce un 30% más de lo que necesita”.
Enton un na súa falta de caletre, preguntase, ¿Qué pasa, polo menos con ese 30%, e sobor de todo co que le corresponderia ós que pasan fame?.
Despois ven unha análise de porqué faltan alimetos, e porqué suben tanto, e alguén dí que un dos problemas é que na India e na China, hai mais de 4.000 millons de habitantes, que o parecer¡tamen comen!. ¡Carallo!, nin que naceran onte. Non sei que esperaban os lumbreiras mundiais que rexen o mundo, ou acaso tiñan idea de matalos de fame, ou outra maneira ¿, porque ir a democratizalos xa non pode ser pois o mellor non teñen petróleo, e xa no está ben visto machacar a xente.
Reflesionando sobre o tema cheguei a conclusión de que, como os mandamaises, non les podo chourizar o seu “petrodolar”, e xa empezo a estar cansado de que me tomen, nos tomen, o cabelo, o mellor será liscar para o Caboco dos Cichois, en Val dos Marcos, e dedicarme a vida contemplativa, e a cria das musarañas.
Só me queda unha dúbida, e é : ¿ mellor nos Cichois, ou na Vergalonga?

