07/05/2008

¡TEMPOS, AQUELES!

BARRENANDO NAS TRUTA

 Nesta ponte pasada, a nai de o meu fillo e mais eu, estivemos en Val dos Marcos, e como a veda da pesca no Tuela xa estaba aberta, fumos ó riu, coa sana idea de pescar algunha “Salmo fario”, e consegimos coller nove en dous días, mais solo para o canastro foron cinco.

 Esto trouxome á cabeza  unha das primeiras veces que fun con meu pai a collelas co vello “tesón”, mollando o cú como él decia.

 Este é o relato daquel día de troitada.

 

 Era a metade do mes de Santamariña, nas visperas da festa de o lugar dos lapelos.

 Naquel ano, todo o relacionado coa recolección dos productos anuais, que servirian para o sustento desde aquel mes hasta o mesmo do ano seguinte, como decia, todo viña adiantado.

 Tan adiantado, que, antes do dia dez , xa estaban as mallas feitas, o centeo limpo e  nos arcaces, e xa as preseiras dos muiños feitas de novo, e aqueles preparados xa para moer a nova colleita, que segundo os vellos, era unha das mais abondosas dos últimos anos.

 Naquela mañá, eu non cabia dentro do pelexo, pois era a primeira vez que non le tiña que implorar a meu pai, que me levara con él as trutas. Nesta ocasión dixome él que

iriamos elas, eso fixome sentir importante. Iba as trutas co xefe.

 Saímos a media mañá, medio agachados, pois era importante que os carabineros non nos albisqueran pois podia peligrar o asunto da pescata.

 Crucemos pola fonte do Souto, polo carreirón que pasaba polo Viñal, de alí o Bedulo a cruzar no caboco das Cegudas, o Poulo dos Mexacais, baixando pola Mallada, hasta o Porto do Ornal , coa idea de epezar en Veigadiz.

 Meu pai transportou o saquito coa merenda, e deixou que eu levera o tesón, que previamente fora remendado e esculcado para detectar algún buraco polo que as listisimas donas sen pestañas tenteran fuxir.

 Cheguemos o punto, no que o xefe decidiu meterse no riu, para empezar a tentar todas as pedras e arraigadas nas que a “salmo fario”, se agocha de todolos depredadores. Hay que decir que o Pepe, conocia o fondo do riu, creo que, casi tan ben como elas.

 A miña misión consistia en levar o saquito, ir collendo a trutas que me achegaba a borda, e  o mismo tempo vixiar, se alguén se acercaba. Se se daba o caso tiñamos unha contraseña para avisar.

 Cuando cheguemos o pozo das Conchas(chamase así porque nel hai mexilons de rio)

no saquito xa iban caseque unha ducia de cuarteronas, que pesarian sobre dous kilos e medio mais ou menos.

 No Recanto habia, e hai, un carballo caido no riu, deitado no mesmo correr da auga, é un bon lugar para coller unha boa truta, e o Pepe sabia-o.  Meteu as varas do tesón por debaixo da torada, e saiu dali abrazado o tesón, e decindome : ¡Uy, rapaz o que collin1

¡Menuda bácora!.

 Cuando chegou o seixagal, pousou o tesón nos gogos, e sacou unha truta de uns sesenta

ou setenta centímetros . Era un exemplar impresionante. Tiña unha grandísima boca, e uns ollos grandes coma castañas.

 O extraño foi que apena batulou, deixouse matar sen apenas zapexar.

 O pescasdor voltou o riu, como el dixo, a palpar unha arraigada que habia, na charca da Rabudeira, mais nada mais meterse na auga, saiu escopeteado, cousa que me estrañou, e caseque alarmou, pous saia mirando para todos os lados e lixeiramente asustado.

 Chegou onde eu estaba e dixome: hai, trutas mortas. Alguen botou beleno o riu, ou espanzurrouas con barrenos de dinamita. ¡Vámonos de aiqui, non sexa que paguemos por algo que non fixemos!. Vamos pros prados de Vilares a comer a merenda, e cuando  baixen algo as sombras, marchamos pola Mallada.

 Cuando estabamos comendo a merenda, desde a Poza da Ponte, chameron polo xefe, polo seu nome.

 Quedeime eu alí, por indicación do pai, e él acercouse hasta o lugar donde o chameran. O pouco tempo volveu anda min, con cara de coña, e dixome: colle as trutas e vai indo para casa pouco a pouco, podes ir polo camiño tranquilamente, pous os carabineros estan aiqui. Son eles os que tiran os barrenos. Necesitan as trutas para a festa.

 Este foi o primeiro contacto meu, coa  pesca a barreno limpo.

 

Posted by Xabrés da Teixeira at 15:48:33 | Permanent Link | Comments (6) |