OS CARQUEIXEIROS TAMEN TEMOS PASADO
DAVID GARRIDO. FILLO DA TIA JOAQUINA E DO TI MARCELINO.
Hai na Teixeira, unha persona a que eu le teño un cariño especial, ainda que seguramente vai arredor de cincoenta anos que non o vexo.
Criemonos caseque xuntos nas Moreiriñas, sempre arredor da caldeira da auga que baixaba pobo abaixo con un marmurio o suficientemente groso como para que todos os veciños da aldea, cando falaban o fixeran a berros.
Os nosos sitios de xogos eran no curral de súa avoa a tia Margarita, e o da miña a avoa Martina.
Parece ser que él e mais eu eramos irmans de leite. Como David nacera antes do que eu, cando eu nacín, deume a primeira tetada súa nai, a tia Joaquina. Despois parece que chupei da teta da Dolores, hasta que a gata da tia Xabel, cagou nela, pois cando mo contou miña avoa, tomei a determinación de non chupar mais na teta. ¡Se collo a gata esnaquizoa!.
David era, e penso que o sigue a ser, a mellor persoa do mundo. Amigo de caseque todos.
Xunto con meu primo Santos, fixemos unhas cuantas trasnadas, pola aldea. Nuha ocasión descubrimos que unha pita dalgunha veciña fora a por os ovos alá pola zona do Mourán, eran trece ou catorce ovos, e decidimos facer roscon como no dia da festa.
Afanémosle sucre as nosas avoas, mais ou menos entre todos, levariamos un par de kilos que unha vez revolto cos ovos nunha lata das sardiñas, puxemolo mexunxe nun lume feito no Val, e todos arredor do mesmo a esperar que se fixera o roscón. Cousa que non sucedeu pois nadie nos dixera que aquelo tiña que levar fariña tamén. De todolos xeitos aquelo non se perdeu, pois unha vez frio, bebímolo sen deixar nin pinga.
Noutra ocasión, o David o Santos e mais eu, deixemonos caer pola Sarabella, donde habia un muiño, dale que te pego facendo bailar o tarabelo que facia baixar o centero da tramoia hasta as moas, que o transformaban en fariña.
Os muiños tiñan un aparello que le chamaban “O rairo”, cousa que parece ser servia para levantar a pedra de arriba, ou baixala, cousa que facia que a fariña saira mais ou menos grosa, quero decir con mais ou menos farelos.
Pous ben facendo experimentos co tal aparello, parece que descontrolemos o muiño, e de tan alta como deixemos a pedra, o centeo marchou a través do rodicio para o rio. O malo do asunto foi que, cuando nós iniciemos a maniobra, acabanban de encher a tramoia, polo que tiremos toda unha moiñada o rio.
Non se sabe moi ben por qué, mais as mais e as aboas, daquela eran adiviñas, pois cando cheguemos de volta a aldea xa nos estaba esperando, e non precisamente para felicitarnos.
A ver se hai sorte e algún dia de algún vrao, nos volvemos a atopar alá por cerca de Trasbaceiro, ou en Bouzas de Cristos, para fecer de novo algunha das nosas, ainda que xa solo iremos o David o Santos e mais eu, pois outro amigo da panda, o Leonardo, xa vai uns anos que finou. Detodolos xeitos dedicaremosle o que fagamos.

