¡CHEGOU O TENDEIRO! ESTÁ NA PORTA DO ADOLFO
¿ QUE HAY DENTRO DUN ESPELLO?
Cada vez que aparecia pola aldea algún quincalleiro, na casa de meus pais sempre sucedia o mesmo.
- Mamá, quero unha peseta- decia eu
- ¿Para que queres unha peseta- contestaba a mai.
- Para comprar unha navalla.
- ¡Non hai navalla que valga!
Entonces empezaba un tira e afloxa entre a nai e mais eu. Tratabase de ver quen tiña mais capacidade de aguante, un pedindo e o outro negando.
A estratexia estaba clara, se a formula pedigüeña fallaba, recurriase o choromiqueo, se non daba resultado esto habia que porse en plan de “pobriño de min”, todo o mundo ten navalla menos eu, hasta que o final, supoño que por aburrimento, acababa conseguindo a peseta.
Entonces coa peseta ben agarrada, baixaba hasta a porta do ti Adolfo donde estaba o Manolo tendeiro, con a súa exposición de navallas, pendientes, peines e supoño que algunha cousa útil mais.
Cheguei a carón do tendeiro, entregueille a peseta, collin a navalla, e todo ledo iniciei o percorrido hacia a casa, subindo pola Acancela, coa navalla na man e xogando con ela.
O chegar a nosa aira, no fondo xusto nun gromo da parreira habia un fermoso merlo, supoño que tentando zamparse unha uva.
Cuando o vin, alí tan ben postiño, caseque invitandome a darle unha pedrada, non o pensei mais, como traia un obxeto na man non tiven necesidade de agacharme, simplemente tireile co obxeto ó merlo sen sorte como sempre. Él liscou da parreira e o que traia na man caeo nas viñas das Mioquiñas do Modesto.
Cheguei a casa, e cando iniciaba a subida das escaleiras preguntoume miña mai desde o cimo ¿a ver que navalla compreste?. Foi entonces que recordei que a ceprinera paro o fondo das viñas.
Fun buscala, pero non apareceu, por mais que a busquei.
O resto da história e mellor non contala, podedes imaxinala.
Pasou un tempo, voltou o quincalleiro, e nesta ocasión, a enronia era por un espello, pois estaba de moda ese trebello.
Habia dous tipos de espellos, uns dentro de unha caixiña redonda de lata, con tapa incluida, que valia dúas pesetas, e utros pegados nun carton, tamen con tapa do mesmo.
Escomenzou de novo o tira e afloxa, hasta que cheguei a carón do Quincalleiro coa peseta na man, que foi trocada polo espelliño.
Cheguei todo ledo o curral co espello, e no fondo da escaleira volvi a mirar a miña fazula reflexada dentro do espelliño, entonces tentei averiguar por qué estaba alí a miña jeta, e mirei por detrás e por todolos lados do espello, mais non conseguí averiguar nada.
Deille un pequeno golpe cunha pedriña, o que fixo que se fixeran dous espellos. Entoces o reflexo saia nos dous cachos.
Xa posto continuei dandole coa pedra ós cachos hasta conseguir mais de unha ducia de espelliños, que multiplicaban as imaxes. Nese intre apareceu por enriba do meu ombreiro a cara de miña mai tamén reflexada nos anacos do espello, pola maneira de mirarme que detectei e que no me gustou nada saí disparado pro camiño, e a pobre Dolores berrandome un montón de nomes que eiqui son irrepetibles.
Espero que non me guarde excesiva renxeira a sufrida da Dolores.

