Saturday, January 31, 2009

AFOGARSE NON É SINXELO

               AUGAS FRIAS NO TUELA

 Estaba unha noite, o crego de Val dos Marcos, lendo no seu brebiaro, xa a piques de irse a cama, cando soaron uns golpes no portalón das portas carrais, da casa rectoral.

 Baixou a sua irmá a abrir a porta, pois ainda andaba rabexando na cociña, e naquela hora estaba botando uns garamallos na lareira para que co seu fume tiveran algunha vez mellor sabor os embutidos, sobretodo os botelos e pigureiros.

 Saiu o crego a cociña onde estaban tres porsoas, bastante coñecidas por él. O médico, o comandante do posto da garda civil,e o veciño V…. . que tiña a pucha entre as mans, a caluga incrustando a mamola no esternón, e unhas lágrimas caendole polas fazulas.

 “Tiene que ayudarnos- dixo o médico- vamos a buscar la esposa de V…, que se ha ido a ahogar en el río, y no sabemos a que parte ha ido”

 Como vostede xa a convenceu outra vez de que non se afogara, pensemos que o mellor sabia a donde iria a afogarse- dixo V….- con voz entrecortada.

 Bueno-dixo o crego- non vos preocupedes moito, creo que sei onde está, a ver si chegamos a tempo de que non faga a tontada, inda que creo que non a fará.

 Vamos o Tuela, vostede-dixole o garda civil- vaia o pozo debaixo da máquina da luz, vaian os dous, vostede e V…. Usted señor médico, vaya al molino do Medo, puede que le haya dado por ir tambien allí. Eu irei a charca Negra.

 Dsitribuironse todos tal como dixo o crego, e correndo o garda civil e V…, foron hacia o lugar que dixera o crego.O médico acompañado por outro garda civil marchou cara o muiño do Medo, tamén a toda presa.

 O crego con toda a pachorra do mundo, antes de iniciar o seu camiño, pasou pola despensa, e colleo unha botella de augardente, e meteuna nun dos bolsons da sotana

Baixou polo carreirón que levaba as poldras, direitiño a fonte que hai a beira da charca Negra.

 Cando chegou o afreixo, que hai a carón da fonte, xa viu a muller de V… que estaba sentada nas raices do mesmo. Estaba volvendo a calzar os zamancos, e cando viu o crego, botouse a chorar,  dicindole que a perdoase polas molestias, prometeule alí mesmo, nunca mais voltar as andadas.

 O fin reunironse todos de novo na rectoral, e todos estaban abraiados de que o crego, outra vez mais, non deixera que aqeula muller se tirara o Tuela e afogase.

 Unha vez que eu le estaba axudando á misa, despois de acabada ésta, e xa na sacristia, o crego esplicoume o misterio de atopar a muller, que por certo daquela xa morrera de morte natural.

 O parecer, xa na primeira vez que fixera o mesmo, antes de tirarse o rio, descalzouse, e o meter un pe na auga, como era no inverno, atopouna demasiado fría, e decidiu deixar o afogamente para un mellor tempo.

 O crego estaba seguro de que no inverno, non era bo tempo apara afogar.

 Ainda que non o pareza, esto escoiteilo eu ó crego. Xa sabedes que os cregos non minten.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:12:51 | Permalink | No Comments »

Friday, January 30, 2009

TOLERIAS MIÑAS

 CAVILACION NO ALTO DE RECHOUSO.

 

No Castelo de Rechouso, pola parte do oeste, hai unhas leiras, xe cheas de xestas, mais que fai unas cuantas décadas, inda se sementaban de centeo. Era unha pequena faceira. O nome da mesma é Veigadechuces.

 Entre o Castelo e Os Caldeiros, hai unha especie de pasillo de rochas, polo que pasaba o camiño  que acedía as leiras, no cimo das cuales hai unha fonte, que creo que solo mana auga no inverno. Está casi na base do castelo, nun pequeño regacho que baixa do alto do Ladeairo pola parte de atrás. Xusto eiqui hay una pedra, que semella bastante a un banco, é cómoda para sentarse e comer a merenda nunha xornada de caza, sobre todo porque a hora de comer a merenda o sol que vai camiño de enterrarse no Mare Magnum, manda unhas raiolas que son de agradecer cando vai frio.

 Nesta última tempada de caza etiven alí un día, repondo forzas, pois ainda que solo sexa por subir (as forzas xa non son as que eran) necesitase meter algo no bandullo, para poder volver a casa.

 Cando estiven alí, recordei as veces que comimos a merenda sentados na pedra referida, con xente que xa nos deixou (O Manolo, o Xeria, o Agustín da tia Cecilia etc.), e desta vez estiven alí eu solo cos cans, a Canaria e o Pirete(éste é o nome que eu le dou).

 Cando é así, a mente non para. Da voltas por todolos lados, de todolos xeitos, e con demasiada frecuencia ocurrensele a un, moitas cousas, recorda outras e cabila no divino é no humano, chegando as mais das veces a pensar algunha que outra toleria.

 Aquela pedra e aquela fonte, sempre estan alí. Dale o sol, dale a sombra, dale a lúa, e tamén está as oscuras. Neva nela, chove, cae algunha xeada, mais en definitiva, tanto unha como a outra alí estan sempre. Polo menos eso creo, pois cando non hai naide o seu lado, ¿seguirán estando alí, ou haberá outra cousa?. A existencia da fonte e da pedra seria a misma sen que nos estiveramos alí algunha vez?. As veces parece que todo o que nos rodea, cando non estamos en contacto con él, non existe ou que sen a nosa presencia aquello non ten sentido.

 Probablemente o que non teña sentido, sexa a nosa presencia, pois seguro que todo sigue o seu curso, ainda que nos non existíramos.

 E unha grande presunción, e dun egocentrismo estúpido pensar en que as cousas estan en función de un, incluso o revés.

 Estou por pensar eu, eso que dentro de min pensa? Eso que os filósofos dicen “el yo soy yo”, solo é un mero accidente.

 Claro, que o que mais me gostaría, seria que todos foramos necesarios os uns para os outros, e que entre todo o que hai sobre o Planeta Terra, formara parte de todo e de todos, e que en definitiva aquello de que todos somos irmans, se levara a efecto.

 En definitiva, é moi bonito e apetecible o que dixo Xesús o nazareno: Los Mandamientos se reducen a dos “servir y amar al prójimo como a uno mismo” e se se me permite a todo aquello que hay na Natureza, e por ende na Terra.

Buuufffff.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 18:59:08 | Permalink | No Comments »

Wednesday, January 28, 2009

EN VAL DOS MARCOS, ALGUEN NUNCA VIRA UN NEGRO.

¡¡ MAUS E TODO, CHACHO!!

 

 Naqueles días a Dolores estaba ingresada no hospital de Zamora por mor de un episodio cardíaco. Según os médicos era cousa de uns dez días, mais ou menos.

 Decidiuse entonces que, o Pepe, viñera a Vigo a pasar uns días con nos. En Zamora quedaba a Milagros, e non era cousa de deixar solo o pai.

 Nunca como naqueles días me dera conta da capacidade de asombro e tamén a gran curiosidade que tiña o Pepe.

 Xa na viaxe desde Sancibrao a Vigo, aínda pola carreteira vella, pois a autovía estaba en construción, o Xefe non paraba de falar das boas casas que se vían polos lugares onde pasábamos, e a súa admiración creceu moitísimo cando a Vigo cheguemos.

 As casas que mais le gustaban eran as unifamiliares, dicía que estaban moi ben feitas, e que eran bonitas. Debía ser unha especie de envexa sana por non haber podido nunca, construír ningunha igual en Val dos Marcos.

 Nos días que estivo en Vigo, tratemos de amosarlle todo o que puidemos e él aguantou.

 Un día leveino a zona portuaria, tanto de cruceiros como de barcos de pesca e mercantes. Estivemos no porto, na zona do peixe de altura, e na nova zona de Bouzas. Andaba o home abraiado co tamaño dos barcos(Non había ningún cruceiro no peirao), cando baixemos hacía Bouzas so viramos barcos de pesca, é neste peirao había algún mercante, que o levou a exclamar: ¡Carafio!, ¿Como pode aboiar unha cousa destas sendo de ferro?.

 Mais tarde cando volvemos polo porto de Vigo, había un trasatlantico, deses de que usan os ricos para fachendear diante da demais xente, e alí quedou extasiado. Aquel barco era inmenso, como él dicía tiña cinco ou sei pisos, e un feixe de barcos pequenos colgados os lados.

 Volvemos para a casa, despois de recoller a Angela no hospital, e eu tiven que saír a buscar algo a rúa, seguramente pan, cando voltei a casa, o Pepe estaba cunha conversa moi animada, explicandole a súa nora as cousas que vira.

 Cheguei a tempo de escoitarlle algo que eu nin conta me dera, pois cando os vimos non me fixo ningún comentario.

 O estar en Samil pasemos por diante dos posto de venda dos negros, que alí estaban, incluso paremos para ver unhas estatuíñas que tiñan expostas, pero sen mais.

 Na casa, meu pai explicáballe a Angela, que viramos os negros, (despois entereime que nunca vira ningún), e o home estaba tan abraiado con eles, que le dixo textualmente: ERAN NEGROS, NEGROS, ¡HASTA AS MANS TIÑAN NEGRAS, CHACHO!

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 20:11:46 | Permalink | Comments (3)

Saturday, January 24, 2009

GORENTANDO

Vivian humildemente, aunque según las fuentes consultadas, eran ricas. De las hermanas, solo quedaban en la casa materna tres, las restantes tenían casa propia.

 La más joven tenía cincuenta y cinco años y la mayor, que era la que regia la hacienda, ya pasaba de los setenta.

 Con ellas vivían tres sobrinos, dos mujeres y un hombre, el marido de la mayor, dos jornaleros que trabajaban en las labores propias de una casa de ganaderos-labradores, que era la que les daba fama de opulentas. (En alguna ocasión, la mayor dijo que eran ricas en trabajo pero nada más).

 Como en todas las familias de la comarca y de la época, los roles estaban muy bien definidos. La mayor era la administradora de todo lo concerniente a la alimentación de los habitantes de la casa. Sus dominios eran la despensa, la cocina y las habitaciones, trabajo que la tenia ocupada las trece o catorce horas diarias de jornada.

 La siguiente, que era una verdadera experta en horticultura y conservación de los productos sacados de las tierras, tenía en esa labor, jornadas, que según sus propias palabras deberían de ser de veinticinco horas en algunas épocas del año.

 Las otras dos, colaboraban con toda la familia, eran los comodines de la casa, igual lavaban la ropa, como hacían calceta, usaban el telar, pero fundamentalmente eran las encargadas de que cuando llegase el momento de la matanza, los cerdos sacrificados fuesen de lo mejor y que los corderos, antes de iniciarse en el pasto, estuvieran bien cuidados y que no todo dependiera de las ovejas.

 Los hombres hacían las labores que necesitaban de más músculo, probablemente menos inteligencia y no estaban capacitados ni autorizados para vagar por la casa sin causa justificada. Ellos entraban a casa a comer, a dormir, cambiarse de ropa los fines de semana, cuidar los aperos de labranza, y, sobre todo, mantener viva la costumbre de ganarle a la brisca, a los contrincantes de turno.

 Cualquiera niño podía entrar en aquella casa, siempre había una sonrisa, una buena palabra, y una pregunta ¿quieres comer algo?, cierto es que acompañando a la pregunta venia ese algo en forma de pan con un poco de chorizo, de jamón o de algún otro producto de temporada, y que le solía apetecer a los niños. Esto por parte de la mayor. Las encargadas de dar de comer a los cerdos, corderos y servir de comodines, si estaban por el corral, normalmente dejaban ver a los corderillos, o las crías de los conejos, cuando no había alguna gallina rodeada de sus polluelos.

 En aquella casa siempre había un fuego amigo en la cocina donde calentar las manos, una acogida cariñosa, y si el visitante era algo necesitado, nunca salía de allí, sin haber consolado un poco su estomago.

 Allí no había malos humores, no había riñas, no había malas miradas. La mayor lo tenia prohibido, pués según ella, las cosas, solo tenían sentido cuando se usaban y satisfacían alguna necesidad fuere de quien fuese.

 Por esto no es de extrañar que los niños que tuvieron la suerte de conocer aquellas mujeres, aquella casa, y aquel ambiente, echen ahora de menos a aquellas mujeres, buenas, valientes, trabajadoras y que no les importaba ayudar a los demás, aunque muchas veces fuesen criticadas, por envidia, y por la incomprensión de muchos de sus convecinos.

 Yo mismo doy fé de ello, y hecho de menos aquella forma de vida, que a los ojos actuales parecerá caduca, pero que era donde, por lo menos, al menos yo, me sentía como un verdadero ser y jamás como un número.

 Hace mucho tiempo que han muerto todas y todos, hace mucho tiempo que la casa ya no existe. Es cierto que hace mucho tiempo que no se invierte tiempo en los demás, ahora se llama perder el tiempo, cuando en tiempo todos somos ricos, pero que ahora no sabemos usarlo. ¡Han muerto aquellas mujeres, ha desaparecido aquella casa, y solo los que conocimos aquello podemos echarlo de menos. No había dinero, no había TV., no había cosas superfluas! ¡Había mujeres que acariciaban un niño, y niños que adoraban a aquellas mujeres!

 Ahora hay progreso, pero va tan rápido, que ni a un galgo le es posible seguirlo y menos “GORENTARLO”

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:48:42 | Permalink | Comments (2)

Friday, January 23, 2009

UN PAPA QUE PARIU NA PROCESIÓN

 

 Non está moi claro se foi o papa Bendeicto III, ou Juan VIII, mais o caso é, que, tanto se é certo ou so lenda, o asunto non ten desperdicio.

 Ia o devandito papa nunha procesión, uns dicen que acabalo, mais eu estou en que ia baixo palio, pareceme mais romántico.

 A procesión ia desde a basílica de San Pedro a Letrán. O papa presidindo debaixo do palio coa súa capa pluvial, a súa mitra e o seu báculo, o seu anel de ouro dun tamaño mais que considerable. E dicir, ia todo fachendoso, eso sí co bandullo un chisco abultado.

 Fora calquera que fora o nome do papa, o que si dicen os libros, e os expertos estudiosos destes temas, e que era barbilampiño, tiña uns ollos expresivos e vivarachos, asi como unhas fazulas sonrosadas, que caseque todo o mundo dicia que era debido as paparotas, e os bos xerros de viño piamontano, pero ..xa..xa.

 Cando ia pasar polo coliseo, ó noso personaxe, cambioule un chisco a cor, e fixo algunha mueca de dor, algo asi como cando hay retortixóns despois de comer una boa fabada, co seu compango reglamentario.

 De repente, xusto na entrada da igrexa de San Clemente, o papa caeo.Naquel momento os cregos que ian detrás entonaban o “de profundis clamavet….”

 Cando o papa caeo parte da curia romana  rodeouno e tapouno co palio, no intre en que debaixo das roupas talares do papa, escomenzou a berrar un neniño recien nacido, do que rápidamente un dos acompañantes cortou o cordon umbilical, é embolicouno nun amito que por ali andaba.

 Esomenzou todo acompañamento a rezar a berro pelado, e a decir que habia un milagre, pois alí mesmo nacera por arte milagroso un bonito neno.

 Hai algús maledicentes que dixeron, que coMo se descubriu que o papa era unha muller, ateron-na a traseira de un cabalo e que A levaron arrastro catro ou cinco kilómetros, no decurso dos cuales o pobo lapidouna éla e o neno (¿Qué culpa teria o pobriño?)

 Eu prefrió a miña versión, e sobre todo admiro os redaños daquela muller, que nun mundo machista, foi que de chegar o mais alto da igrexa.Coido que ainda oxe a igrexa é a cousa mais machista, no chego a comprender a súa adoración a Virxe, nas súas distintas manifestacións, semella que algúns cregos nunca tiveron nai.

 O pecado mais gordo das mulleres, era, ainda queda algo por ahí, o de quedarse preñadas. Mal agradecidos que somos os homes.

  A partir daquel momento, escomenzouse a falar da Papisa, a muller que ocupara durane dous anos o trono de San Pedro co nome de Juan VIII, tamen habia quen dicia que era Isis, e outros que era Cibeles, mais o que perdura, ainda nestes días, é a súa figura. Está na segunda carta do Tarot de Marsella co nome de LA PAPESSE. E se está vertical a figura, representa a sabedoria, amais de outras virtudes.

 O significado desta carta, e cousa que eiqui non ven a conto, mais é moi interesante.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 17:30:17 | Permalink | No Comments »

Tuesday, January 20, 2009

ARQUEOLOXIA ONIRICA?

 Estábamos naquela xornada de investigación arqueoloxica, na que nada parecia real, e moito menos que tiveramos que atopar calquer clase de dato que avalara calquer teoria feita por calquer investigador oficial.

 Estabamos alí por que queriamos, é porque nos deixaban e ninguen nos rexeitaba que xa non era pouco, e as conclusions as que chegáramos serian escoitadas por todos aqueles os que le interesaran.

 Naquelas ruinas habia de todo. Nunca supe quen descubrira aquelas ruinas, nin quen raio me invitara a explorar nelas. O caso era que eu estaba alí, investigando, e que a medida que ia profundizando tamén ia conocendo a xente que alí estaba, parte da cual xa era coñecida por min, de xeiras anteriores.

 De súpeto atopeime diante dunha gavia, na que habia tres departamentos diferenciados, nun habia osos de pernas e brazos, noutro costelas e partes da soá, e no outro so caliveras.

 Estaba estudiando eu aquello, pois pola conservacion dos osos, tiña as miñas dúbidas de que aquello fose demasiado antiguo, case que estab tentado de decir que a peste negra era a sua orixe, cando me chamou a atención outra cousa.

 Habia unha rapaza de raza negra, que nun curruncho estaba desbotando libros e documentos escritos. Uns mandabaos queimar, e outros directamente ian a unha trituradora, como aquelas máquinas de picar xixa nas matanzas para facer os fumeiros.

 Cando me acerquei, pregueille que me deixera ver todo aquel material impreso, e que eu lo iria clasificando, con o compromiso, por parte dela, de que aquel que me interesara podiame quedar con él.

 Escomenzou unha aceleración moi rápida en todo o proceso de reconocimento dos restos, e eu non daba feito. Un home estaba encirrado cunha lima de ferro, pasandoa por area e fariña, co ánmo de datala. Para min que era unha cousa moi moderna, mais él estaba empeñado en que era da idade do bronce. Non sei se daquela habia limas de ferro.

 Nun canto habia unha ara de sacrificios, mellor dito de culto cristián. Cando me acerquei, todo tomou un carácter mais definido, aquelo era un altar dunha iglesia católica apostólica e romana, datada seguramente no século XVII, ainda que cando o dixen, case que me corren a estadullazos.

 Cando iamos a comer a un comedor común, ó pasar por diante dunha zona donde escavaban uns rapaces os que ninguén le facia caso, vin unha saquitiña de liño, xa bastante gastadiña e dunha cor lixeiramente amarelenta, non moi grande e con uns bultiños dentro. Pregueile que ma deixaran, e os rapaces non fixeron nada por quedarse con ela.

 Cando ia camiño do lugar onde se comía, desde un cantil, vin uns rapaciños, no rio tentando coller peixes, que habia a moreas, cunha galarita, na ponta dun lareiro. Habia tal cantidade de peixes, que sé se tiraba unha pedra, matabas un. Pois ben os nenos non sacaban ningún, pois a medida da tralla da rede da galarita, era catro ou cinco veces mais grande, que o grosor dos peixes. Non collian nada, mais escaban a rir.

 Cando andaba nestas, sentou o meu carón un vello, con moitos sucos na cara, e con uns ollos vivaces e con un sorriso de coña, que guiñandome un dixo: ¡Son nenos!.

 Cando cheguei o comedor, e saquei a saquitiña de liño que le collera os rapaces, descubrin dentro dela, tres lápices, un de carpinteiro, un de ferreiro e outro de canteiro. Cada un deles era distinto, o mais curioso, era que a mina estaba incrustada en osos de distintos animais.

 O enseñalos todo o mundo me dixo con cara de coña: ¡Non son moi antuguos, total son do carpinteiro palestino chamado Xosé, casado con Maria, e pai dun neno chamado Xesús, o que todo o mundo tergiversou a suas berbas, tempo adiante!

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:10:45 | Permalink | Comments (2)

Sunday, January 18, 2009

SIGUEN AS REVELACIONS EN VAL DOS MARCOS

               EL GENESIS SEGÚN O XABRES DA TEIXEIRA.

 

Como todo el mundo sabe Moisés tuvo una revelación, que le dio materia para escribir los libros más famosos de la historia, recopilados en uno solo, a saber: El Antiguo Testamento.

 X.T., no quiere ser menos, y cansado de que la Virgen solo se le aparezca a pastores, y que los interlocutores con las Fuerzas de lo Alto de lo más Alto, sean, lo que inicialmente se denominaron castas, después de múltiples esfuerzos, y gracias a la constancia, ha llegado a establecer comunicación. Creo que le vamos a quitar el monopolio, a toda esa gente que habla en nombre de su dios y que desprecia el de los demás y a la demás gente.

 Estando no alto da Cachena, recollido, mellor dito engruñado na única pedra grande que alí está, orando e en estado contemplativo, despois de sete veces sete dias con as súas nooites, tivo unha revelación.

 En primer lugar, el idioma a utilizar dependia de cómo estuviese orientado. Si al este; castellano, si al Oeste;Galego e so garoto viraba o sul, Portugués.¡Ventaxas de ser de Ningures!.

 Como del sur las conexiones eran sobre todo con a Nossa Señora do Carmo, e co Santo António  Lisboeta, decidió dejarlas para otro tiempo, pués de lo que se trataba era de recoger lo que se pudiera de la Génesis del mundo. Por lo tanto, lo que venia del Oeste, casi todo relacionado con Prisciliano, también quedará para mejor ocasión.

 Con relación al Génesis, a X.T., le fue dado conocer lo que sigue, teniendo en cuenta que la interpretación es subjetiva, por ser suya, es cuestión de cuestionarla. Esto fue así:

 Después del último día, después de cincuenta noches pasando frío, cincuenta días sin comer nada más que las raíces de las “mayucas”, que conseguía atrapar por allí, tuvo la primera revelación.

 Le fue dicho que para comprender bien, debía hacer el viaje al revés de cuando había nacido, para lo cual debía sufrir una serie de transformaciones.

 Primero debería abandonar el cuerpo que le servia de vehículo en la Tierra (era mas fácil que volver al útero materno y demás), preguntó como, y le fue dicho que como todo el mundo: muriéndose, cosa que hizo al instante, eso si diciéndole a su informador, que le guardase el cuerpo para la vuelta. Éste hizo una mueca, que no supo muy bien como interpretarla. Tanto podía decir que sí, como que, ya veremos.

 Al abandonar el cuerpo se dio cuenta de que seguía siendo él mismo, pero su cuerpo actual era transparente y liviano, no necesitaba respirar, no necesitaba para desplazarse, nada más que desearlo. Le dijeron que ahora estaba solo con su alma, como vehículo de si mismo, pero que también debería abandonarla, para remontarse al origen.

 Abandonó también el alma, y a partir de este momento, quedó solo lo que en realidad era. Era él (soy el que soy), pero sin vehículo para el mundo de la materia, el cual abandonó cuando salió de su alma. Quedó en volver para contarlo, pero hasta la fecha no lo hizo. Como todos.

 En el mundo material se le perdió la pista. Puede suceder que no quiera regresar, o que si lo hizo no nos lo quiera contar. También pude ser que emita en ondas distintas. ¿Quien lo sabe?

 También puede ser, que no sea del todo cierto. Todo es probable, todo depende.

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 12:49:52 | Permalink | No Comments »

Friday, January 16, 2009

DE SOLDADOS, MATANZAS E LOBOS

 Hoxe chegueí con permiso militar, desde Jaca a Val dos Marcos.

 Cheguei despois dunha viaxe tan longa como un dia de maio sen pan, e gardando vacas na serra.

 Saí de Jaca, o mesmo día da patrona de Infanteria, chagueí a Zaragoza o dia seguinte, donde tiven que esperar o tren correo para chegar a Miranda de Ebro, lugar no que despois de non seí cuantas horas collín outro hasta Medina del Campo, donde arredor dunha estufa o roxo vivo, media compañía de militares, dormimos uns enriba dos outros, na sala de espera, cos petates agarrados como se dentro levéramos algo que servira, e dicindole o compañeiro do lado: “o meu tren sae a tal hora, non me deixes en terra”. Chegou o tren monteime nel e desde Medina hasta Puebla de Sanabria, donde cando chegueí, a unha hora desas que naide diría que existen, habia una nevada de uns dez centímetros de espesor.

 Non vaixei ó pobo, pois como tiña que subirme o tren que me levaria a Lubián, habia neve e non tiña un “puto” can para tomar un cafeciño, mellor quedar alá arriba, arredor da estufa que tamén habia na sala de espera, hasta as primeira horas da tarde, nas que pasaria o tren que paraba na estación do fin da miña andaina.

 De acordo con todo o previsto, cheguei a Lubián, a unha hora da tardiña, con neve en Raña Lobos e con moita gana de chegar á casa dos pais.

 Petate o lombo, pasei Raña Lobos, e cheguei a Castrelos. ¡Santo Deus, que fame levaba!. Hei de decir que desde que saí de Jaca tres fechas antes, non volvera a comer, mais que un bocadillo de pan con aire, entre Miranda e Medina.

 O entrar en Castrelos, decidín pasar pola casa da “Tia” Maria, na única casa que tiña confianza para pedir algo de comer.

 Tiven moita sorte, estaban de matanza, e a punto de cear. Sentei a mesa, donde me sentin caseque como o embigo do mundo. Alí est5aba eu, vestido de soldadiño, e con todo o mundo querendome quitar a fame. (¡debíase notar moito!).

 A cea e os grolos de viño, fixeron de min un home forte, e descansado e case novo. Decidin, en contra do criterio do ti José e da tia Maria, seguir o camiño hasta Sancibrao, a pesar que xa caseque era de noite pechada.

 As ansias de chegar eran gordas, e non atendin as invitacións de quedar a dormir.

 Habia lúa chea, e decidín ir polo camiño de Mouro Morto e a Ladeira.

 Non pasou nada digno de mención hasta o final do couto de Castrelos, donde o Tuela, pasaba tamén polo camiño, e tiven que rebasalo polo monte.

 O chegar a Mouro Morto, a lúa, deixou de alumear, pois parece ser que ela ia mais lixeira do que eu, ainda que os dous levabamos a mesma dirección, mais ela non se apiadou dun soldadiño de Infanteria, eso sí coa barriguiña chea, e cos humores do viño ainda na cabeza.

 Novo problema o chegar o Rigueiro de Belois, o pontón estaba impracticable, os dous paus que o conformaban estaban cunha capa de xeada, que decia, que se o tentabas acabarias no charco. ¡Ala, a pasar escanchado, con todo o risco de quedar  capadiño para sempre!

 Unha vez salvado este inconvinte, xa nas pestanas da Ladeira, de súpeto deime conta de que levaba compañía, polos dous lados do camiño. Foi xusto, naquelas louxas grandes que hay no cabo da Ladeira, cando me dei conta, pois de súpeto, a parte de arriba do camiño, pareceume ver un par de brasas, é o por mais atención descubrin outro par delas a parte de abaixo.

 Descubrin que ia acompañado polo menos de dous lobos. Ante este descubrimento, é con un pouco de “acollone”, saquei o machete do petate, deixei a funda dentro, e co machete nunha man e o mechero na outra, que ia encendendo de cando en vez, para prender un cigarro, cheguei a Porteliña, sitio donde os meus acompañantes, xa no se atreveron a seguir, pois o León das Vichas, xa os debera ventear, e chegou hasta alí ladrando como unha verdadera fera.

 A xente da matanza da casa da tia Maria Rosa, estaba a piques de irse a cama.

 Inda tiven tempo de botar unha boa parrafada co meu amigo “Loi”.

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:10:29 | Permalink | No Comments »

Wednesday, January 14, 2009

UN ERE NO SÉCULO PASADO

 

 

 Amigos meus, oxe quero contarvos unha história que me foi dada a coñecer a min, polo fillo da muller que a contaba.

 O relato, que parece que ten moitos visos de ser real, ainda que tal vez non sexa así, pois xa se sabe que nestas cousas nunca haberá acordo absoluto, sucedeu, decia, na zona do Ulla, metro arriba metro abaixo, claro que tamén merecia ser de Va dos Marcos.

 Acaeceu, que nunha aldea da zona mencionada, alá pola primeira metade do século pasado, habia un “cristiano”, ó que, o parecer, non le gostaba demasiado traballar. El non tiña terras donde facelo, pois era o que se chamaba “pobre de solemnidade”.

 El, o parecer, estaba abocado a traballar para os demais, sobre todo para aqueles que tiñan mais capital que mover, e pouca man de obra.

 Traballaba polo “caldiño”, dormia na sua chabola, e así hasta o mes de Outubro, no que os traballos deixaban de ser urxentes, e os propietarios non o necesitaban, enton deixaba de facer o pouco que facia.

 Daquela chegaba o que agora se chama un ERE, mais sen dereitos de ningún tipo, nin paro ni tanxiquera “gota de leite”.

 O noso “cristiano”, nun momento determinado da súa existencia, decidiu, que aquela vida non pagaba a pena, e deixou de traballar, é como consecuencia tamén de comer.

 Como consecuencia do anterior, deixou este mundo, non se sabe moi ben se por falta de comer, ou por que le petou.

 Fixéronlle as honras fúnebres.Como é dado nestes casos, todo quisque loubaba a boa persoa que era, a súa honradez, e o gran amigo que era de todos, según estes todos.

 Cando ian co cadaleito cara o cemiterio, cos cregos detrás dos faroles, e unha rioula de xente con cara compunxida, o cortexo fúnebre cruzouse cun forasteiro que tivo que ceder o paso, o cual preguntou quen era o morto e de que morrera.

 Contestáronlle que morrera de fame pois non tiña nada de seu.

 ¡Carafio, qué pena ¡ Eu dabale pan para quitar a fame, se o soubera.

 Enton o morto destapouse, e fitando para o forasteiro dixolle:

  O pan,  ¿en gran, moido, ou xa feito?

  En gran, contestou o forasteiro.

  ¡Que siga o enterro!, dixo o morto.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:49:12 | Permalink | Comments (3)

Monday, January 12, 2009

PROFECIA EN VAL DOS MARCOS

 

 

APOCALIPSIS SEGÚN O XABRÉS DA TEIXEIRA.

 

 Fun trasladado en espiritu o mais Alto do Alto, donde a pesar dos meus pecados foime dado a conocer algo, con a promesa por miña parte de dicilo a toda aquela xente de boa bontade, co fin de que sepan a que aterse.

 Despois de escoitar as catro primeiras trompetas, e o que os anxos dician, cousa reveada a San Xoan, despois de aprenderme os Evanxeos Apocrifos, foi a partir de aiqui, a miña elevación o Alto do mais Alto.

 Entón vi alí o que parecia a silueta en forma de home, mais non era home, polo menos home normal.

 Era un Ser de tal xeito, que o miraras por donde o miraras, tiña infinidade de caras, tamén se pode decir que non as tiña. Tiña infinidade de ollos, e o mesmo tempo non tiña ollos, e asi con todo aquello que quixeras relacionar co mundo dos humanos.

 Como estaba asustado, e empezaba a dudar da miña forma de comprender aquelo que se me mostraba, o Anxo que me acompañaba, deume ánimo e díxome que xa vería como o entendía o final.

 Díxome o meu Anxo, que estivera atento o que ia ver, pois non debia perderme nada para despois poder contalo os meus congéneres.

 Sucedeu entonces, que desde o lugar donde eu estaba, deuseme a honra de ver toda a galaxia, na que está o Sol e a Terra. (Por certo, non é elíptica, é como unha masa espamborrada, mais con moitos buratos negros).

 Entonces, a miña vista apareceu unha imaxen mais concreta e definidad do sistema solar, que caseque está ben definido polos astrólogos.

 Deuseme ver, o Sol no medio, e o resto dos planetas bailando o seu arredor. Unha das cousas que me foi permitido ver, foi que entre os planetas, nese espacio delimitado polas súas orbitas, habia unha cousa, que despois me dixeron que era enerxia, que facia que todo fora a mesma cousa.So dependía das combinacións, mais todo era Un.

 É decir que os pitagóricos tiñan razón con aquelo da unidade. Non hai nada mais que Un. O resto do que se via, eran partes daquela unidade.

 Entonces, Aquel Ser, que me fora dado e deixado ver, mirando para a Terra, seino porque a miña mente era dirixida, non le gustou nada o que via na maior parte do Planeta. Con xesto de enfado, cortou por unha dezmillonésima de un nanosegundo, unha liña de enerxia que saia del mesmo, e que era a que mantiña en movemento tdos os fotons que conformaban a materia.

 

 Foi tan breve o corte de comunicación daquela liña que se non estou sobre aviso, endexamais me daría conta. Tamén tiña algo que ver, que estaba fora do movemento da Galaxia.

 No tempo que durou a interrupción, a implosión naquela parte da galaxia, por mor do corte da fluided da Enerxia fixo que todo se reducirá a unha cousiña como a picada do aguillón de unha abella, pero eso sí totalmente negra.

 O meu arrepio foi tan grande, e o estremecemento tan forte, que o Anxo, díxome que solo era o que pasaria, se a humanidade seguia por aquel camiño empezado, pois se ela mesmo non se respeteba a si mesma, a Gran Enerxia do Alto do Alto, seguramente se aburriria, deste cacho do universo, e que o deixaria colapsar.

 Non se me ocorreu nada mais que pedir perdón en nome de todos, masi non creo que, estes todos sexan conscientes.

 Volvi a ser deixado no alto da Cachena, donde aparentemente non pasera nada.

 Outra vez, Val dos Marcos, tentando arreglar o mundo.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:58:49 | Permalink | Comments (2)