TOLERIAS MIÑAS
CAVILACION NO ALTO DE RECHOUSO.
No Castelo de Rechouso, pola parte do oeste, hai unhas leiras, xe cheas de xestas, mais que fai unas cuantas décadas, inda se sementaban de centeo. Era unha pequena faceira. O nome da mesma é Veigadechuces.
Entre o Castelo e Os Caldeiros, hai unha especie de pasillo de rochas, polo que pasaba o camiño que acedía as leiras, no cimo das cuales hai unha fonte, que creo que solo mana auga no inverno. Está casi na base do castelo, nun pequeño regacho que baixa do alto do Ladeairo pola parte de atrás. Xusto eiqui hay una pedra, que semella bastante a un banco, é cómoda para sentarse e comer a merenda nunha xornada de caza, sobre todo porque a hora de comer a merenda o sol que vai camiño de enterrarse no Mare Magnum, manda unhas raiolas que son de agradecer cando vai frio.
Nesta última tempada de caza etiven alí un día, repondo forzas, pois ainda que solo sexa por subir (as forzas xa non son as que eran) necesitase meter algo no bandullo, para poder volver a casa.
Cando estiven alí, recordei as veces que comimos a merenda sentados na pedra referida, con xente que xa nos deixou (O Manolo, o Xeria, o Agustín da tia Cecilia etc.), e desta vez estiven alí eu solo cos cans, a Canaria e o Pirete(éste é o nome que eu le dou).
Cando é así, a mente non para. Da voltas por todolos lados, de todolos xeitos, e con demasiada frecuencia ocurrensele a un, moitas cousas, recorda outras e cabila no divino é no humano, chegando as mais das veces a pensar algunha que outra toleria.
Aquela pedra e aquela fonte, sempre estan alí. Dale o sol, dale a sombra, dale a lúa, e tamén está as oscuras. Neva nela, chove, cae algunha xeada, mais en definitiva, tanto unha como a outra alí estan sempre. Polo menos eso creo, pois cando non hai naide o seu lado, ¿seguirán estando alí, ou haberá outra cousa?. A existencia da fonte e da pedra seria a misma sen que nos estiveramos alí algunha vez?. As veces parece que todo o que nos rodea, cando non estamos en contacto con él, non existe ou que sen a nosa presencia aquello non ten sentido.
Probablemente o que non teña sentido, sexa a nosa presencia, pois seguro que todo sigue o seu curso, ainda que nos non existíramos.
E unha grande presunción, e dun egocentrismo estúpido pensar en que as cousas estan en función de un, incluso o revés.
Estou por pensar eu, eso que dentro de min pensa? Eso que os filósofos dicen “el yo soy yo”, solo é un mero accidente.
Claro, que o que mais me gostaría, seria que todos foramos necesarios os uns para os outros, e que entre todo o que hai sobre o Planeta Terra, formara parte de todo e de todos, e que en definitiva aquello de que todos somos irmans, se levara a efecto.
En definitiva, é moi bonito e apetecible o que dixo Xesús o nazareno: Los Mandamientos se reducen a dos “servir y amar al prójimo como a uno mismo” e se se me permite a todo aquello que hay na Natureza, e por ende na Terra.
Buuufffff.