Friday, February 27, 2009

COUSAS DE PERSOAS NON MALAS.

 

 

 Hoxe queria seguir escribindo sobre as festas “introitales” da madama cuaresma, mais por unha cousa desas que andan polos sesos cabezudos, acordeime dunha vivencia da época . Eu tiña menos de vinte anos, vivia en Val dos Marcos, fumaba e un por unha cousa que pasaba con demasiada frecuencia, escaseaba o “tabacuz”, por aqueles lares e os fumadores tíñamos que tirar de follas de silva, de pataca ou similares.

 Chegou un momento no cual o tabaco xa escaseaba por todos os cantos. Xa non habia no comercio de Hermisende, e o Caxera xa ia uns cantos días que non o tiña. Eu levaba xa un par de días sólo co mechero mais sen ter onde achegalo.

 Despois de comer, baixei hasta a escaleira da tia “Enxinia”, lugar donde se deberia chamar a porta do sol, pois no inverno alí quentaba ben.

 Baixou tamén hasta alí o Ze da Moca, que tamen era un gran fumador, e botou man da petaca e do librito, liou un cigarro e púxose a chupar nel.

 Mirou para min, e preguntoume (cousa nada habitual, nel) se non tiña tabaco. Dixenlle que non, que xa ia para dous dias que non habia tabaco.

 Fumemos un cigarro xuntos, e cando acabemos dixome. –Ven conmigo.

 Subimos o seu cuarto, pois él durmia na casa da tia “Madalena”, ou a casa da figueira, como queirais chamarle. Unha vez dentro, tirou de unha maleta que tiña debaixo da cama. Hai que definir aquela maleta, ou mala como le chaman os nosos veciños de portugal: Era de madeira, uns cento vinte centimetros de longa por sesenta de ancha e cunha altura de aproximadamente trinta. Meteulle a chave o candado, abriuna e ¡Oh maravilla, estaba chea de paquetes de tabaco!, cuarterons fundamentalmente, mais tamén habia “caldo de pita” e algunha pastilla de Rub Xener. A min os ollos puxeronseme como platos, e o meu asombro foi en aumento cuando, o Zé me dixo:-colle do que queiras, so cunha condición, que non le digas a ninguen de donde o saqueste-.

 Agarrei un cuarterón, e cuando lo queria pagar, díxome que non, que cuando acabera a escasez lo devolvera, añadindo que cando se me acabera lo dixera e que me daba mais.

 Eu quedei baastante abraiado, pois a miña relación con aquel home non era grande, so dar os bos dias ou tardes, algún comentario intranscedente e pouco mais.

 Cando acabou a escasez devolvinle dous cuarterons ou tres, e a conta daquelo fumos fumando o Eloi, o Agustin Caxera, e o Licesio. Tarderon moito en saber de donde sacaba eu o tabaco.

 Conteillo a meu pai, nunha ocasión, e chamoume moito a atencióa o comentario do mesmo:

-         ¡Carallo no Moca!.

 Pasou o tempo, e este Señor casou e Requeixo donde acabou os seus días. Nun día que pasei por alí, vinno no medio da aldea, tomando o sol como cando iamos a escaleira da tia “Enxinia”. Parei a falar con él. Ia tempo que non nos viamos. Falemos durante un cantos minutos, e recordeille o asunto aquel do tabaco. Pregunteille:

-         Por que me deches tabaco a min?.

-         Foi fundamentalmente por teu pai. Cando era neno, que xa fun de criado a Sancibrao, sempre me tratou como unha persoa. Endexamais fixo mofa de min!.

 Calei, dinlle as gracias outra vez, e nunca mais volvin velo. Cometei co Pepe o suceso, e o pai dixo: ¿De donde pensas que era o meu tabaco?. Eu non o tratei nin mellor nin peor que os outros rapaces!.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:37:36 | Permalink | Comments (2)

Tuesday, February 24, 2009

DIA DE COMPADRES

 

 Hoxe fixemos a festa dos compadres. A cousa retrasouse o Domingo Gordo, pois xa é ben sabido das angurias e necesidades actuais. Non hai tempo para nada, a pesar que algo que temos mentras vivimos, agora escasea. Teño para min que os Madoff e compañía xa se fixeron cargo del, e racionannolo, como se de euros se tratase.

 De todos é sabido que o moneco “compadre”, fanno as mulleres.

 Esta vez era de palla con algo de millo, e as mozas para vestilo, afaneronnosas roupas, pois ainda se recoñecen algunhas. O que ninguén conocerá son os meus “gallumbos” que os tiven que levar mais de quince días para que tivesen sabor e color.

 Traballo costou roubarlello as mulleres; defenderonno como se nelo le fose a vida. A nos ianos a “honrilla”. Chegouse o corpo a corpo, e namentres algúns nos entretiñamos a fondo nesto, os mais misóxinos, lisqueron co compadre.

 Xa veremos a ver que pasa co dia das comadres. Igual temos que meter o rabo entre as pernas, nosas, e apandar.

 O mais arrepiante do dia foi cando os rapeces da escola, leveron o galo que le ian a agasallar o mestre, o lugar donde xogan a pita cega.

 Fixeron a coba. Enterreron o galucho, deixandolle o pescozo fora da puchanca, e….¿a que non sabedes o que fixeron?.

 Pois fixeron o de sempre, que le foi aprendido polos seus antepasados. Cousa que algunha vez fixemos caseque tosdos. Desde unha distancia de unha ducia de metros, detrás de unha raia no chan, todos cargados de pedras, ¡veña! A tirarlle o galiño.

 Durante uns cinco minutos o galo foise librando das pedradas. Nestas veu un dos rapazotes que xa non están nin cos rapaces nin cos mozos, ¡guindoulle unha pedra o galo, e rebanoule a cabeza!

 Acabouse a festa, sacouse o galo sen cabeza da cobacha, e a levarlo o mestre.

 Non sei como le irá o mangallán do Xenaro, pois ó coller o galo, éste zapexou fortemente, e a sangue deitoulla na camisa, que según decia él estrenaba naquel día.

 Xa veremos.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 18:51:18 | Permalink | Comments (2)

Monday, February 23, 2009

¿ENTRUDIO, HOXE?

 

 Despois do xoves de compadres e da domínica de quincuagésima, chagamos ó martes de carnaval, mais coñecido como o día do entrudio.

 A pena é, que, como agora non hai rapaces nin escola en Val dos Marcos, tampouco hai, xa, dia de compadres, non se corre o galo, e o mestre xa non come galo. Creo que agoraos mestres xa non pasan fame.

 Co dia de comadres o asunto pasa o mesmo. Desgraciadamente xa todo morreu. Agora a tropa nova marcha a outros lugares a ver como o fan por alí. Exemplo: Verin, ainda que a festa sea de Laza, a Gudiña etc..

 Sorte que ten o galo, que agora xa non se xoga a pita cega, e o pobre bicho librase do sulpicio o que o sometiamos daquela. Algún dia falaremos de cómo era de bestia, o devandito xogo??.

 Nalgún lugar da nosa terra, cantabanse uns versos, eu solo recordo a introducción:

                                          Señores; este galo

                                         Antes de subir o palo

                                         Tiña moito coñecemento

                                         E deixame a min encargado

                                         De facerlle o testamento.

 O verdadeiro problema do dia de Entrudio, viña cando habia que buscar chocallos, chocallas, zumbos, esquilas e demais aparellos que normalmente levaban os animais, e que por un dia, faciannos zerrugar outro tipo de bechos.

 Neste dia, neste ano, faremos a festa dos foguetes e a da fariña ou farelo.

 Xa sabedes que para os foguetes usaremos as manelas de liño, as que cando teñamos dediante un home, prenderemosle lume,para chegarlo as barbas a ver se arden, e se é unha muller, haberá que poñerlo debaixo das enaguas. Nunca soupen que poderia arder por alí.

 O da fariña ou farelos, e cousa de enfariñar o mais posible a todo quisque.

 Tamén será importante, no dia de entrudio, zamparse un bon botelo con cachelos. No vos deixede enredar: é botelo e non pigureiro, como agora nolos venden. A diferencia está en que o botelo é o que está embutido no estomago do porco, e o pigureiro, na vexiga ou tripa gorda.

 Que nadie confunda os foguetes con planterlle lume os arrededores da aldea, poden arder castañeiros, e o peor alguén cabrease e chama a Guardia Civil.

 Aperta a “tot hom”

 

 

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 15:30:12 | Permalink | No Comments »

Thursday, February 19, 2009

PEQUENA HOMENAXE A D.JULIO FOLGADO

 

 Teño que decirle o amigo LoRo, de Brumoso, que gracias él, ocurriuseme esta pequena entrada, cando vi no seu blog unha referencia a unha obra de teatro representada en San Cibrao, alá polo ano 1.947.

 Ainda habia coletazos da República no eido cultural, incluso na escola habia unha colección de tomos do Quixote, nos que leeu a miña xeración e anteriores.(Por certo,¿por donde andarán aqueles, caseque incunables?).

 A raíz desto, eu queria facer unha homenaxe a aquela época, e sobre todo a aquela xente que facia posible aquelas manifestación culturais.

 Creo que, aparte da aportación dos mozos e mozas da época e algúns non tan mozos, a figura mais importante e organizadora daquelo era Don Julio. Un mestre que por alí estivo, casou cunha filla da tia Teresa tomela, a Délia, e eu tiven a sorte de ir por primeira vez a súas clases, ainda que no tiña idade.

 Era un repúblicano convencido, tivo problemas por elo, e se algunha persoa anda por ahí que mereza o meu respeto é admiración, sen ningunha dúbida é él.

 Ainda recordo algúns ensaios, da segunda obra, e creo que a última, El Soldado de San Marcial, tamén recordado por LoRo. Os ensaios eran nunha casa dos pernas, creo que agora é da Pilarica (sinto o moito, mais non me axeito a chamarle solo Pilar), donde algunha vez me levaba meu pai coa recomendación de estar quieto e calado.

 Desde eiqui, fago un chamamento a todos os que sodes novos ainda, para que vos animedes a facer algo así.(Se hai xente para elo, cada un memoriza o seu papel, alí donde resida, e no veran fanse os ensaios), e se somo capaces, quitamosle a dianteira os de Lubián. Claro que estes teñen un guiador pouco común e que foi inculcando nos seu conveciños un certo cariño pola cultura. Eu teño unhas sobriñas que estou seguro que o farian moi ben (a Paula xa participou en algo parecido), e comprometome a colaborar en todolos campos menos no escenario.

 A VER CUANTOS SE APUNTAN. (Por falar non hai problema)

 Unha vez mais repito a miña admiración e cariño o primeiro Mestre que tiven:DON JULIO FOLGADO.

 P.S. Vai pouco entereime do pasamento de D. Julio, parece que xa pasaron un par de anos desde que finou, contoumo Carlos,o outro dia mentras dabamos conta de “uma garrafa de vinho do Ribatexo”

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:05:07 | Permalink | Comments (2)

Tuesday, February 17, 2009

LA VIDA SIGUE

 

 

Queridos amigos:

                             Hoy quiero contaros una pequeña aventura que, Ángela y yo, hemos tenido este fin de semana pasado.

 El sábado, concretamente, amaneció aquí en las Rías Baixas, un día estupendo. Un sol espléndido, y una temperatura muy agradable, casi primaveral. En vista de lo cual decidimos salir de Vigo hacia la zona de “Terra de Montes”.

 Son unos parajes que nos gustan por sus bonitos valles, sus ríos y regachos que aportan aguas totalmente cristalinas al río Lérez. Como algo adicional, entre los concellos de Cotobade, Cerdedo y Campo Lameiro, hay una increíble cantidad de petroglifos, que nos están a decir la antigüedad de la habitación de la zona por seres con inquietudes artísticas, gracias a los cuales, los arqueólogos van descubriendo algo de la forma de vida de aquellos antepasados.

 Si tenéis la oportunidad de pasar por esta zona, no perdáis la ocasión de dar una vuelta y ver las insculturas, que encontrareis con bastante facilidad, pués la mayoría están señalizadas, y sinó podéis preguntar a los amables vecinos de la zona, que siempre os orientarán.

 Nosotros sin pretenderlo, llegamos a un pueblo casi fantasma, pués a primera vista estaba totalmente deshabitado, pués las casas están semiderruidas, salvo tres o cuatro que han sido restauradas.

 Está el pueblo acostado sobre un pequeño altonazo que domina también un pequeño valle en la margen derecha del río Lerez, en un roquedal granítico, que culmina en lo que pudo ser un santuario precristiano, en el que en el siglo XVIII se construyó una capilla pequeña simple y que tiene su encanto por lo que desde ella de divisa.

 Desde la zona alta divisamos un puente con una calzada que cruza el río Lerez, y cuando buscábamos la forma de llegarnos a él, descubrimos algo que, ahora mismo seria imposible en Val do Marcos.

 Una de las dos o tres familias que viven en el pueblo, que tiene por nombre Serrapio y que pertenece al ayuntamiento de Cerdedo, estaba toda junta con los llegados de la ciudad, ayudando a una vaca primeriza, que se había puesto a parir en un prado aledaño.

 Nos paramos a contemplar, incluso a echar una mano si nos lo hubiesen pedido, y la cosa fue de lo mas bonito. Tengo que decir que, por mi parte, fue la primera vez que presencié un parto vacuno.

 El ternerillo tenía problemas para salir del útero materno, y el hijo de los ganaderos, se encargó de, cuerda en mano, hacerlo salir. Esto fue un poco duro, pero una vez que el animalillo se pegó la consiguiente costalada sobre el prado, la cosa cambió, pués casi inmediatamente comenzó a moverse, hasta que la madre se acercó a él a lamerlo y limpiarlo de una película fina, que no sé como se llama, hasta que quedó totalmente limpio.

 Fuimos hasta el puente, lo vimos y fotografiamos, y a la vuelta, ya el ternero nos observaba igual que su madre, siguiendo nuestros pasos tanto con la vista como orientando hacia nosotros sus bonitas orejas.

 Hicimos varia fotos, y un pequeño video de la maravilla del alumbramiento, aquí os dejo un trozo, para que disfrutéis de bonito becerrillo.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:55:02 | Permalink | No Comments »

Friday, February 13, 2009

CONSUMATUM EST


 Lo que me temía, al final ha sucedido. No hubo remedio, por lo menos por mi parte.

 Después de intentar avisar a todo aquel que me rodeaba, al final no fue posible. Ahora pienso que bien pudiera ser que alguien me hubiese hecho una mala pasada. Daba igual, ahora ya no había marcha atrás, es más, no quería que la hubiese. Me sentía muy bien.

 ¡Me habían enterrado vivo!, y ahora me gustaba aquello.

 Al principio, aparte de no querer creerme lo que me sucedía, maldije a todos aquellos que lo consintieron. Re-maldije a todos aquellos que participaron en los funerales de corpore insepulto.

 En primer lugar, aquel hombre que hizo la caja. ¿Mira que no darse cuenta cuando me tomó las medidas, que todavía estaba caliente? Creo que el único que se daba cuenta era aquel niño pequeño, que, precisamente por ello, no paraba de berrear.

 ¿Y el cura?, ¡no darse cuenta cuando me tocó los pies y la frente, para despacharme! Creo que lo que le pasaba era que le daba asco tocar aquella carne acorchada.

 Fue tanta la angustia sentida, y el miedo, que, cuando me introdujeron en el cadalso, perdí el conocimiento, si es que alguna vez lo he tenido.

 Cuando volví a darme cuenta de lo que sucedía, ya me estaban introduciendo en esta cueva, que ahora me recuerda los orígenes de la humanidad.

 Empezaron a caer las paladas de tierra encima, una detrás de otra, se fue oscureciendo todo, paro a pesar de que al final ya no sentía ruido alguno, yo seguía dándome cuenta de la situación. En definitiva, no acababa de morirme y perder la consciencia.

 Primero se me cayó el poco pelo que me quedaba. Noté que los gemelos de las piernas habían desaparecido por culpa de la voracidad de unos gusanos repugnantes, que los devoraban. Mas tarde, los dientes se me amontonaron en la boca lo que me llevó a sospechar que se habían desprendido de las encías, y que quedaban libres y a su aire. ¡Total, para lo que me servían! Me parecía que los ojos ya habían sido triturados por aquellos repugnantes bichitos. ¡Como no podía verme, no sabia nada de mi aspecto actual!

 De todas formas aquello de estar muerto no era tan angustioso como se decía en los libros que trataban el tema. Por lo menos dolor y angustia no había. Solo un poco de asco, por los bichos. ¡No sé que pasaría si tuviese un espejo donde verme!

 Un día descubrí la manera de salirme de aquel cuerpo, parece que debería haberme salido antes del entierro, pero como no estaba muerto, no pude hacerlo, y mas tarde tardé bastante en averiguar como. Salí por el ombligo, mejor dicho, por el lugar donde suponía que había estado, pués de mi cuerpo ya solo quedaban los huesos, y algún que otro nervio que por lo que fuese tardaban mucho en pudrirse. Al final conseguí salir, verme libre de todo aquello, y salir de la cueva sin necesidad de esfuerzo alguno. Solo necesitaba desearlo.

 ¡Aquello era una maravilla! Era mas liviano que el viento, veía todo lo que me rodeaba y me daba cuenta de la estupidez de los que todavía vivían persiguiendo cosas que al final no les iban a servir para nada.

 Cuando intenté volver al lugar donde estaban mis restos, me di cuenta de que era imposible. Aquella etapa de la existencia ya habia finalizado, y tuve la certeza de que jamás volvería a poder hacer uso de aquel cuerpo.¡Mejor así!, pués la cosa no había sido demasiado agradable.

 Mi nueva situación era, estupenda, cualquier cosa que desease era capaz de verla, solo tenia todo un problema, era como si nada fuera de mi incumbencia. Me quedaba todo fuera de mi alcance. Solo podía ver, no podía sentir, ni saborear, ni…..ni… nada.

 Un día una necesidad imperiosa me hizo acercarme a un lecho donde una mujer estaba con dolores de parto. Yo debía introducirme en el cuerpo que ella iba a parir, pués había llegado la hora de volver a otro mundo.

 El parto fue normal, tanto el recién nacido como la madre se encuentran bien.

 ¡Demasiado queda por delante!

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 23:18:07 | Permalink | Comments (2)

Thursday, February 12, 2009

SER GRAN PABLO,”OJO DE AGUILA”

 

 Vai tempo que me anda polo caletre, algo que compartin con meu irman Xería, tamen outro algo que el mesmo me contou.

 O principal actor do asunto foi o amigo Pablo, o noso veciño. Non recordo cando era, mai si que Pablo tería oito ou nove anos.

 Eu debia estar fóra do pobo, pois parte da história non a coñecia.

 Un dia fumos as trutas, con caña e culleriña, para a zona de Veigadiz e Vilares, e foi con nosco o Pablito. O parecer adoitaba ir con meu Irman, e xa polo camiño, o Xería dixome: ten unha vista prodixiosa, pois vei as trutas antes de que piquen.

 O Tuela viña crecido, pois debia ser polo mes de Marzo ou Abril. Nestas épocas as correntes son grandes e, as augas non so excesivamente limpas.

 Cheguemos o rio, a zona donde queriamos pescar, e meu irman mandou a culleriña o outro lado do rio, xusto por baixo do pozo dos Barbeiros, alí donde o camiño cruza para Campelo. Practicamente non caera o cebo no rio e xa Pablo berrou: ¡ahí ven unha!- e nesto notouse a picada na cana.

 Mais tarde, estando eu lanzando no pozo das Conchas, de supeto o rapaz di:¡ ahí ven outra!, e deseguido notei o tirón e efectivamente, piquera outra.

 Probablemente, contado así, non emocione moito, pero era de ver o entusiasmo que puña e a cobiza que nos metia, pois sentir os seus berros anunciando que ian a picar era cousa de ver e sentir. Démonos conta de que el via as trutas cando ian a coller o cebo, ¡eso é ter vista!, pois inda en augas mansas, vendo o cebo camiñar e vir a truta hacia él, chega un momento que acelera de tal xeito, que solo se sinte o tirón, mais no se ve como se engancha.

 Cando volviamos para a casa, dixome o Xeria: Ahí o tes, é o mellor tirador do mundo, dile que te conte o que fixo un dia desde a nosa terraza.

 O rapaz non dixo nada, so agachou a cabeza e marmuñou: foi sorte.

 Enton contoumo meu irman, estaban un dia, na terraza, tirando cunha escopeta de balins a uns botes, e apareceu por alí o Pablito, pregunteronle se queria tirar un balín e dixo que bueno. Cargueronle a escopetiña, explicaronlle como tiña que facer para soltar o balín e como tiña que apuntar.

 ¿A que le tiro?- dixo o rapaz- enton, creo que foi o noso pai, dixolle- a aquela anduriña que ven alí-.Dito e feito, puxo a carabina a cara, disparou e o páxaro caeo redondo, para a casa rectoral.

 Creo que eso non seria capaz, nin Guillermo Tell nos seus mellores momentos.

 Un abrazo, Pablo.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 20:01:27 | Permalink | Comments (2)

Tuesday, February 10, 2009

¿ES UNA MUJER?

 

 Desde el interior, veo la silueta de la Mujer traspasando el dintel hacia el abismo.

 Le grito que encienda la Luz, pués el interruptor esta en el rellano, encima de la mesa cubierta de enseres, y semitapado por las ropas que están en el perchero.

 No me oye y desaparece. No se siente nada, ni alaridos, ni golpe alguno. Todo sigue en silencio absoluto.

 Cuando consigo desembarazarme de aquellas cosas que me rodean y que no me permiten desplazarme bien, me acerco al lugar donde está el interruptor de la Luz y por fin consigo encender un reflector que está sobre la entrada, no descubro ni rastro de la Mujer.

 La escalera en caracol que desciende, solo queda iluminada hasta un punto donde, aparentemente, tengo la impresión de que termina. Esta es estrecha y no tiene pasamanos por los lados, incluso tengo la sensación de que si uno se instala sobre la misma, se cimbreará.

 De todas formas, la escalera arranca, no sobre el centro de la puerta, sinó desviada un par de metros a la izquierda. La mujer había salido hacia la parte derecha.

 Pienso que por allí no puedo salir, pués aquello no resistirá mi peso. Marcho hacia la parte de atrás de la casa-cueva en busca de otra salida.

 Después de transitar por varias estancias atiborradas de objetos cubiertos de polvo, incluso de telas de araña bastante espesas, había que esquivarlas pués impedían el paso, y se corría el riesgo de que unas enormes tarántulas se precipitasen sobre uno, si se movían y el animalejo salía de su escondrijo. Era bastante desagradable el tránsito por aquellos lugares.

 En lo que yo creía que era la parte de atrás de la cueva, encontré una abertura al exterior por la que se colaba un rayo de Luz azulada.

 Lo que más me llama la atención es que la salida, única por lo visto, es hacia arriba, cuando en el otro extremo era hacia abajo, y sin fondo visible.

 Salgo a una zona mezcla de jardín y hortofrutícola, con unos paseos amplios rodeados de unos árboles desconocidos para mí. Cuando menos raros, pues al revés del dicho, sí que dejan ver el bosque. Para acceder al paseo hay que pasar sobre una especie de puente que tiene la particularidad que está entre dos edificio-cuevas, entre los que transcurre un río de aguas furibundas, por sus corrientes, y que a pesar de su fuerza deslizándose sobre el terreno, son absolutamente transparentes, por lo que dejan ver hasta el último rincón debajo del agua, los cantos rodados y demás cosas inertes existentes en el fondo junto con unos peces extraños, por su forma y por su comportamiento, pués desde allá abajo me miran y en su mirada creo adivinar una cierta complicidad mezclada con algo de burla.

 Traspaso el puente, que tampoco tiene defensas por los lados, lo que me obliga a pasar por el centro, y con cierto temor, pués la altura tiende a provocar en mí un vértigo.

 Una vez  ultrapasado el escollo, descubro una especie de procesión, donde la gente va engalanada con guirnaldas, flores y demás adornos vegetales. Toda esta gente es conocida y me conocen, me sonríen con un cierto calor y complicidad.

 El paseo termina en otro río, cuyas riberas están repletas de juncos verdes, y, descubro allí en la otra orilla, la Mujer que me pareció que se precipitaba en el abismo. Iba vestida con una falda de colores que le llegaba de la cintura hasta los piés que llevaba totalmente desnudos, y una blusa blanca con una rosa roja enorme, en su pecho.

 Intento acercarme a Ella, con grandes dificultades cruzo el paseo, que está lleno de todo tipo de obstáculos, y zonas resbaladizas, llenas de aguas turbulentas y sucias, que engañan más que nuestros sentidos, pués a medida que se pasa sobre ellas, me doy cuenta que no van mas arriba de los tobillos.

 Consigo cruzar el otro río y cuando creo que me acerco a la Mujer, descubro que no está allí. Se ha desplazado en el sentido inverso de la corriente, y casi no la diviso pués está ya muy cerca de la línea del horizonte.

 Espero volver a encontrarme con Ella.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:56:32 | Permalink | Comments (2)

Monday, February 9, 2009

FACHENDEANDO DE MÚSICA

 

 Algún viñera contando que na Tuiza trouxeran unha orquestra con altofalantes, que facian unha música moi boa, e como cousa engadida, tiñan un acordeonista que era un rapaz que encima tocaba ben.

 Daquela, estamos a falar do ano sesenta ou sesenta e un, en todalas  festas viñan músicos, que eran mini bandas. Todolos instrumetos eran de aire agás o bombo e o tambor.

 Alguén dixo que estaria ben traelos para o Sancibrao, mais seguro que eran caros. Nada mellor que preguntarlle canto cobraban e despois decidiamos.

 Tamén hai que decir que de aquela, a música pagaban-na os mozos e mozas. En realidade eran os pais dos mozos e mozas, pois os tais mozos normalmente non tiñan un can, e o peor, non había donde ganalo, agas nos pinos.

 Escribimosle a Verinense, que asi se chamaba a orquestra, e contestaron, que para as datas que deciamos, solo nos cobrarian CINCO MIL PESETAS. Era un capital importante, e un chisco esaxerado para a época.

 Oubo conciliábulo da “tropa”, e por maioria deciduse traer a orquestra de marras.

 O primeiro problema co que nos atopemos, foi co do transporte, pois como inda non habia electricidade no pobo, tiñan que traer unhas baterias, para que os altofalantes, pois eso…que faleran alto.

 Tampouco habia estrada, so un camiño, que le chamaban carretera, hasta Hermisende, é polo que caseque solo pasaba o camión do Maragato, e hasta Sancibrao, camiño de carro e non excesivamente bo, sobre todo no Barreiro.

 Normalmente, daquela, as “bandas” que viñan a tocar na festa adoitaban chegar a vispera pola tarde, e xa naquela noitiña daban un anticipo do seu virtuosismo músical. Nin que decir ten, que a nos sonábanos caseque a música celestial.

 Aquela tarde, para arreglar o asunto, púxose a chover, e apareceu alguen polo café do Caxera, dicindo que os músicos e o seu coche, no eran quen de subir o Barreiro. O coche tiña que subir, pois as baterias e todos os trebellos estaban dentro.

 Fumos todo ala cunha treixa, para acuartear aquel coche negro, que se non me trabuco era un de aqueles citroen, con estribo par subir él. Os músicos querian dar a volta, pero non os deixemos. Todos os mozos agarrados a corda, o carrioulo aquel subiu coma un raio, sen gastar gasolina. Subimolo polo Barreiro, pasou polo Viñal e polas Carballas, e todos cheos de bulleiro e mollados, pois non deixou de chover.

 Todo saiu ben, bailemos nas airas das Pirlas, nas airas do Forno, e no curral do Caxera polas noites.

 ¡Aquello era de ver, un neno tocando a acordeon, que era mais grande do que él, uns altofalantes, que facian que a música se oira desde Falgueiras, é habia unha novedad mais, habia un “vocalista”, que cantaba as cancions de moda.!

 ¡MENUDA FARRA!.

 Acabouse a festa, e tivemos que facer contas, esto foi o mais doloroso, pois os mozos tivemos que “abrollar” cincuenta duros cada un, e as mozas trinta. Nunca entendin por que a mozas pagaban menos, pois bailaban mais, porque eran menos que mozos.

 ¡Non sei se os mozos de agora, terán as mesmas ilusions que nós, daquela!

 Daqueles mozos, moitos teñen netos. ¡Hai que j….., como paso o tempo!

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:19:07 | Permalink | Comments (2)

Friday, February 6, 2009

A HERIBERTO BENS

SETENTA ANOS NON SE CUMPLEN MAIS QUE UNHA VEZ NA VIDA

 

 Xa van pasados algúns anos. Era un verao, pasabamos por Celanova, camiño de non sei ónde, e decidimos acercarnos a Vilanova dos Infantes a saudar a Xosé Luís.

 Cando cheguemos a casa, a súa nai, díxonos que estaba a botar a sesta, e o decirle que o deixara durmir, que xa nos iamos, dixo que deso nada, mentres o chamo ide botando un grolo de licorcafé, está feito por min.

 Podo dicir que aquel licor aínda hoxe é o mellor que probei, e que aquela señora, deixoume un recordo, que endexamais esquecerei.

 Falemos con Xosé Luís, e con a súa dona, bebiamos mais grolos de licor, e lisquemos.

 Desto deben facer agora uns vintecinco anos.

 Hoxe, día seis de Febreiro do ano cristián de dous mil nove, fixosele unha homenaxe, polo seu setenta aniversario, no que pasou a xubilación.

 Estivemos no centro social dunha entidade financeira de Vigo, onde se le rendeu a homenaxe.

 Falouse da súa andaina como profesor de instituto, o Santa  Irene en concreto. Falouse da súa traxectoria como columnista nos medios. Falouse da súa obra escrita. Falouse da súa traxectoria política. Falouse do seu Galeguismo. Todo ben merecido por parte dun personaxe como él.

 Botei de menos unhas verbas como persoa, que eu quero deixar eiqui. Considero este home un amigo do seus amigos, os que nunca deixaría na estacada, aínda que le custara moi caro. Creo que é un home sinxelo, e que fai o trato con el moi simple e agradable.

 Podo dicir del que, non vai demasiado tempo, estivo pola terra de Val dos Marcos, nunha homenaxe o alcalde de Lubián, Don Felipe Lubian, e vino engaiolado co xogo do paus, e preguntándome onde estaba o Muga por onde pasaban os contrabandistas o mesmo tempo que me preguntaba se as “trutas”, que comera serian do Tuela. Interesábase pola vida dos veciños daquelas aldeas xa medio deshabitadas, e da súa forma de vida, polos traballadores do ferrocarril na época que foi, e dos arraiáns, en definitiva, interesábase pola xente como a cousa mais importante.

 Tamén desde eiqui quero darlle as grazas, porque cando o meu fillo estudaba o bachiller, e tiña que facer un traballo, despois de catro ou cinco anos de non vernos, chameino para ver se le daba unha entrevista a él e a un compañeiro, cousa que fixo sen pensalo nin por pega ningunha. Incluso a hora da entrevista puxeron-na os rapaces.

 Desde aquí, hoxe eu quero sumarme, o meu xeito, a esta homenaxe que se le tributa, e darlle o meu reconocimento como persoa.

 Grazas e moitos anos de vida Don Xosé Luís Méndez Ferrín

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 22:39:17 | Permalink | No Comments »