Sunday, March 29, 2009

¿MILAGRO NO CUNQUEIRO?

 Hoxe tócanos recordar unha cousa dos nosos veciños da Moimenta, que, por moito que nos escoza, son nosos veciños, é probablemente non son peores que outros que se fan como mais …., mais lisonxeiros.

 Vai un montón de anos, mais dos que suman os anos dos nosos pais e nosos, cando inda a raia entre a xente de Tras os Montes e a de Val dos Marcos no era mais que unha cousa imaxinaria, que so tiñana en conta algún chupatintas de Madrid e de Lisboa, ainda que vos pareza mentira o riu Tuela xa pasaba polos mismos calanchais polos que transcurre agora.

 Se non conocedes o tramo do riu, entre a ponte do Cunqueiro e a outra ponte medieval que hai mais abaixo, creo que construida sobre unha romana, deberiais darvos unha volta por alí, pois agora hai estrada desda a Moimenta até o Cunqueiro.

 Eso sí, si ides por alí tende moito coidado donde poñedelos pés, pois aquelas fragas que vixian o riu, ás veces son traicioneiras e podedes acabar cunha costelada ou no medio dalgún de aqueles pozos, cargados de fadas bruxas e outros perigos.

 Esta zona, era un dos lugares preferidos por un cura que habia neste lugar portugués, para pillar trutas no vrao, e a mau.

 A súa mor ledicia era ir o riu despois de comer, baixando á ponte medieval polo castro da Cigadonha, e subir en pelota picada collendo as bácoras a man hasta Cancelada, tentando as arraigadas e aqueles grandes penedos.

 Para non boltar desnudo, ia subindo a par con él, as calzas e camisa, o mesmo tempo que o carrelo de trutas que collia.

 Un dia estivera coma sempre, practicando o seu deporte favorito, e xa a tardiña, cando estaba preto de Cancelada, xa a piques de marchar para a casa, pois xa tiña un bon carrelo de trutas, e o sol estabase a esconder detrás do alto da Coroa, viu como unha truta daquelas que os nosos ancestros, cando tiñan a sorte de pillar algunha, para traela para a casa, metianlle o mango da aixada polas guerlas sacabanlo pola boca colgabana a costas es a espadana dábale polas corbas.

 A truta estaba nun daqueles pozos, a parte de enriba da ponte, que os vellos chamaban tamen olas. Debia este nome a que a fondura era grande, e nas bordas non se sabia adonde chegaban.

 A pesares de que xa era tarde, as sombras da Coroa, xa caseque chegaban alí, e todo o mundo sabe que cuando se quita o sol de Cancelada, a noite é inmediata. A pesares desto o crego decidiu que unha última mergullada ben merecia a pena, pois se sacaba aquel bicho, seguro que pesaria mais de doce ou trece libras tiña leria para contar perante bastante tempo.

 Chapuzou na ola, e acercouse a truta, a cual o telo demasiado cerca foi liscando hacia unha pala que hai na marxen direita do riu, xusto donde está unha fraga, que según decian os vellos era toda de ferro caseque puro.

 A truta meteuse por unha abertura que ten a pedra, e noso crego, nin corto nin perezoso entrou no buraco detrás dela, pois éste tiña a suficiente holgura para elo. A medida que ia entrando deuse conta de que xa apenas via pois non entraba luz, e o que era peor, xa tiña necesidade de soltar o aire que tiña nos pulmons e renovalo. Mais de pronto xa non soupo sair do buraco, e perdeu o sentido, quero decir que se desmaiou.

 Pasado un tempo o bon home, veu en sí, e deuse conta que estaba nunha coba, na que a auga chegabelle o pescozo, e alí habia alguna fenda pola que entraba aire, pois él non estaba afogado. Viu que polo lugar polo que entrera habia algo de luz que indicaba o camiño de saida, chapuzou de novo, e seguindo a raioliña de luz voltou a sair.

 Cando estaba fora deuse conta de que pasera a noite, naquela coba, e estaba bastante abraiado de non haberse afogado, cuando caeu na conta de que cando se espira para entrar no riu, no se saquera o Escapulario da Virxe do Carmo, que é a Patroa dos da Moimenta.

 A auga o chegar o ecapulario, non pasou dalí. Cousa que le salvou a vida.

 Se algunha vez ides a Moimeta, preguntade polo milagre, do cura nas olas do Cunqueiro, e seguro que alguén ainda volo pode contar. A devoción a Rainha do Carmo e moi forte neste pueblo Trasmontano, e si eles creen, por algo será.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 18:11:20 | Permalink | No Comments »

Saturday, March 28, 2009

CHEGOU O LEITE AMERICANO A VAL DOS MARCOS


Díxonos a Maestra que, pola tarde, levéramos unha saquita para levar o leite para a casa.

 Xa a pobre muller non tiña demasiado bon predicamento entre os alumnos, cando solotou aquello.

 ¡Imos ver!, como diantres se pode levar leite nunha saquita. Todo o mundo sabe que unha saquita, é unha cousa pequena feita de pano, e que serve para ir a tenda da aldea cando queres mercar zucre, arroz, garbanzos, e outros productos similares. Ainda non se inventaron a bolsas de plástico. De feito ainda caseque o petróleo non é un producto caro, e solo sirve para facer traballar algúns motores.

 Todo quisque levou pola tarde a saquitiña, pois sabiase que o Céfiro fora a Hermisende por unha especie de cuba pequena de leite americana. Creo que neste punto xa foi cando a invasión colonial usamericana, escomenzou a súa andadura na peninsula Ibérica, co beneplácito das autoridades que necesitaban un pequeno apoio internacional, sobre todo que non viñera daqueles paises, nos que a xente tiña rabo e cornos e enriba non le facian caso nin os curas, e o que era peor nin o papa.

 O asunto foi que todos fumos collendo, mellor dito, a mestra foi metendo o leite nas saquitiñas que cada un de nos levaba.

 Hasta eiqui todo bastante normal, o único anormal era o leite. Era unha especie de fariña, algo pegañosa, eso sí, branca moi branca.

 Alguén dixo que era doce.

 Cando estabamos no camiño, unha vez traspasada a caldeira que levaba a auga para as cortiñas, un pámpano que escoitou que era doce, meteu a cabeza dentro da saquiña, e o parecer cando ia lamber algo daquel po, inspirou probablemente con demasiada intensidade, e foi nesto cando se preparou algo verdadeiramente escarallante, se non fora polo risco que o inquilino pasou.

 O leite, mellor dito, “la leche en polvo”, era bastante volátil, e meteuselle tanto pola boca como polo nariz, cousa que fixo que as vias respiratórias se le atascasen, e como consecuencia delo estivo a piques de afogar.

 Como pasaba por alí a rigueira, alguén, acercandoo a auga, lavoulle o nariz e mandouno espirrar con forza, cousa que eu creo que o salvou da asfixia.

 Oxe desde o tempo transcurrido, a min ocorreseme que o mellor, os americanos o que querian era afogar os rapaces.

 Por certo co leite americano, pasou o mesmo que coa axuda a Ribadelago, despois da rotura da presa de Moncabril en Vega de Tera. Non chegaba os damnificicados, quedábase polo camiño.

 ¡Que vergoña para as autóridades daquela!. Enmerderonse por algo que deberia ir a aquela xentiña que le caeo a mor desgracia que le pode pasar a un pueblo. Encima a vergoña non acabou ahí, na seguinte entrega ós que a “barragem” perxudicou, os americanos dixeron que so farian a entrega eles mesmos. E así foi como algúns marines americanos, fixeron a súa boa obra daquela. Planteronse alí cos seus vehiculos, e foron repartindo o que traian. Coido que os americanos até le pedian unha indentificación para averiguar se eran de Ribadelago ou non.

 ¡Jo, que pais éste!, queria decir ¡dirixentes os nosos, que,  ainda non perderon as mañas!

 

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:17:56 | Permalink | Comments (2)

Wednesday, March 25, 2009

O DORMILON E A GRAN VOZ

 Estaba durmindo, cando foi despertado por unha Gran Voz que le decia: Arriba, perguiceiro, érguete e marcha cara a grande cidade, pois está a piques de perderse definitivamente, e ti, como o meu mellor servidor tes a obriga de salvala, sobre todo porque eu to ordeno.
 Ergueuse, é en lugar de obedecer a Gran Voz, decidiu liscar dalí cara outra cidade donde non o atoperan mais, e non lle fixeran encargos daqueles.
Marchou a unha cidade da costa, uns din que que se era esta, ou aquela, mais eu sei de boa fonte que foi xusto a Fisterra, onde colleo pasaxe nun barco, con rumbo desconocido no Mare Tenebrosum.
Unha vez que o barco se fixo a mar, a Gran Voz un pouco enfadada, bufou e moveu o vento de tal xeito que o barco escomenzou a bambolearse, metendo o medo no corpo tanto da tripulación como do pasaxe. Todos temian que o barco se ia a partir polo medio, agas o noso amigo, que, pola banda de estribor, deitouse e púxose a durmir a perna solta.
 Todolos mariñeiros puxeronse a rezar o seu deus, co medo que tiñan, para ver se se apiadaban deles e os salvaban.
Enton o maestre, acercouse o dormilón decindolle: ¡clama o teu deus, que o mellor él ten compasión de nos e non deixa que afundamos!.
 Como aquelo non cedia, senón que recrudecia, dixeron todos, ¡veña, vamos a botar a sortes, e tirar ó mar a aquel que nos trouxo a desgracia! Entoces tocoulle o noso amigo durmilón. O resto do pasaxe, entón díxolle a ver como les fixera aquello, ó que él contestou que o boteran o mar, pois unha vez que estivera fora do barco, a tempestad, para o barco pararia.
 A tripulación tentou voltar a terra, mais a tempestad cada vez era mais forte, o que os decidiu a tirar pola borda o dormilón. Entonces a furia do mar parou, e os que quedaban dentro do barco prometeron que, a partir daquela, ofrecerian sacríficios á Gran Voz e prometerolle votos.
 Entonces, acercouse unha balea o lugar donde estaba o dormilón, e sen cotemplacións tragouno. O noso amigo estivo vivo, dentro do peixe tres días, donde rezou, e clamou a Deus, con aquelas famosas verbas que din: de profundis clamave a te dómine, etc. etc.
O dormilón berroulle a toda a gran cidade, decindole que Deus ia destruila se non cambiaban de rumbo, mais asi e todo non lle fixeron caso,cando saiu da barriga da balea.
 Entonces arredouse a un monte cercano escarpado, a esperar a destrución da cidade pola Gran Voz. Esta apiadouse del e fixo crecer o seu lado unha cabaceira para que lle proporconara sombra. Aledouse moito pola cabaceira. Mais o dia seguinte, a cidade seguia no mesmo lugar, e a cabaceira fora comida por uns gusanos, cousa que apenou en demasia o dormilón, pedindolle a Deus que o matera pois era mellor que vivir alí. Enton a Gan Voz díxolle ¿tanto te anoxas pola cabaceira? E él contestou, pois sí enoxome hasta a morte.
 Tiveches compasión pola cabaceira, a cal non fixeches ni traballeste. Naceu nunha noite e morreu noutra ¿non ia eu ter compasión pola cidade de Nínive, con mais de cento vinte mil persoas, moitas das cuales non coñecen a súa man direita, nin a esquerda, e de todolos animais que hai nela? Dixolle a Gran Voz. Enton Jonás, tal era o seu nome, ergueuse e pregou a Deus.
Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 20:10:28 | Permalink | No Comments »

Tuesday, March 24, 2009

CRÓNICAS DE VAL DOS MARCOS

 

 

 Este fin de semana próximo pasado, estivemos na capital Valmarquiana, pois o San Pedro trouxonos unha boa ponte, en todolos sentidos, longa, e de tempo agradable.

 Cabémos na Porteliña, para ver der sementar algunha cousiña de cara o tempo estival , e ademais tiven que arreglar o cumbreiro do chaboliño enriba do curral, pois o vento fixo das súas e arrincouno. Bueno, deime conta de que inda non son demasiado inútil, pois fun quen de colgarme enriba do louxado, e arreglar……., aquelo.

 Inxertei un Zreixal bravo, con dúas castes de zreixas, un inxerto de guindas e outro de menbrilleiro. Alguén dixo que ia ter uns figos caralludos.

 Non sei que raio está a pasar, pois cada vez acude menos xente o pobo. Os novos porque seguramente non les peta e os mais vellos pois non acerto a saber o pòrque. Espero que a tan cacareada crise non teña nada que ver, pero o cereto que aquello estaba bastante morto.

 Falei con tres ou catro persoas que estaban tamén a pasar o fin de semana, a Xon, a Teresita, o Fernando e José, e aparte da miña familia pouco mais. Se estaban non os albisquei. Inda axexei pola barriada a ver si andaba por alí o Loro, mais creo que non foi por aló .

 Estiven falando co Xeantoño, e o que me contou, sacoume das miñas casillas.

 Parece que as autoridades fanlle a vida imposible os pequenos gandeiros coma él. Parece que agora teñen problemas con caseque todo o  relacionado coa cria da res. Que si teñen que facerlle caseque un palacio, pois deben encalar os establos, non sacar o esterco a porta, pois é suceptible de que le caia unha boa multa, teñen que ter un aparello para os medicamentos dos animais, e non sei cantas cousas mais.

 Como a lei existe, cada vez que cai por alí unha parella do Seprona, ou de Medio Abiente, temblan, pois as multas xa funcioneron.

 Tal como o contou, aparte de que cada vez le pagan menos polas crias, da impresión que o mellor seria decirle os políticos que vaian eles cos animais.

 Este pais está cheo de chupatintas, que desde un despacho deciden o que teñen que facer aqueles que viven do campo. O malo é que o peor ese personaxe decididor, non estivo nunca en contacto co medio, ou ainda peor so coñece o campo da súa terra, arida e seca, e dá normas para todas a zonas.

 Contoume a miña sobriña Palita, que nunha ocasión unha compañeira súa de carreira, que era nativa das illas Canarias, cando estivo en Galicia preguntoulle, o ver unha berza, a ver que clase de palmeira era aquela.

 Con todolos respetos para a chavala canaria, se eso sucede, e se extende, que Dios nos axude.

 Bueno xa me extendin mais do necesario, outra vez, falaremos dos politicos.

 

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:06:34 | Permalink | Comments (8)

Monday, March 23, 2009

                HISTORIAS DO HOME CORMANLAREIRO.

  O Cormanlareiro, era un persoeiro (p.p), que habitou no noso lugar fai demasido tempo para lembralo agora.

 Espero ir debullando as suas andainas por aquela terra de niguén, daquela, mercada os caciques con nomes equivocos, e que agora parece que valen algo, porque, non podia ser de outra maneira, nestes intres o aire vale moito, cando para os meu devanceiros, so era unha maldición.

 Viña una vez o Cormanlareiro, polo camiño das Teixugueiras, en direción a o pobo, é o chegar o rouso do Alipio, atopouse con un mercedes, ese carrioulo tan caro, no que viaxaban un home e é de supoñer, que, a súa muller.

 Cando chegou a súa altura, baixouse un home, dixeramos que de maneiras ou modos de mando, ben vestido, e con pinta de haber estado no Tuela tentando as pintadas. Non le debera ir moi ben.

 Díxolle o Cormanlareiro, que, que tal le fora, O noso amigo, amosulle o saquito, no que levaba cerca de unha dúcia de troitas, todas de un tamaño de ración, e que envoltas nas folliña de amieiro, parecia que inda estaban vivas.

 -¿Donde las ha pescado?

- ¡No riu!

-¡Sabe Dios como las coge usted!

-¡Pescando!

 En vista do amable que era o inquilino do mercedes, Cormanlareiro seguiu o se u camiño, sen máis.

 Entonces, o gran home, un pouco mais sosegado acercouse, e dixolle, que por qué non las vendia.

 O noso amigo díxolle que no as vendía.

 O prepotente dixolle que pedira o que quixera, que non habia problema. Nesto a súa muller chamouno o orden decindolle, que si non as queria vender, era o direito do paisano.

 A Cormanlareiro, caeulle ben a muller, e dixolle que se as queria podia levalas. El xa colleria mais outro día.

 Deulle as trutas, e cando las quixeron pagar, dixolle que las regalaba, outra vez, o mellor poderia ser o revés.

 Agradecida a muller, deulle unha tarxeta do seu home, decindolle, que si algunha vez ia pola cidade donde eles vivian, que no deixera de visitalos.

 Cuando o coche arrancou e liscou, Cormanlareiro, deuse conta de que o ricacho, lle caera o reloxio. Era un reloxio de caixa de ouro, de unha marca desas que so uns poucos privilexiados apañadores do alleo,  tiñan aceso a mesma.

 Berroulles, e fixo ademans cos brazo, chamando a atención dos viaxeiros, mais éstes non fixeron nin caso, ou non se entereron.

 Pasou un tempo, e o Comanlareiro, viaxou a cidade. Recordou que o home do mercedes e reloxio de ouro, vivia alí, e decidiu levar o medidor de tempos, co obxeto de darlello.

 Cando mirou, na cidade, a tarxeta que tiña, viu que o enderezo era o dunha sociedade mercatil, con certa sona na comarca.

 Chegou a entrada, a que estaba gardada por unha especie de militar sen selo, so pola aparencia da vestimenta, porra e ferro a cinta. O “centinela”, pediulle que se identificara, para poder falar co xefe, cousa coa que Cormanlareiro negouse, dixo que le dixera que estaba alí o que le regalara as trutas, é que queria falar co él con referencia a aquel día.

 O “centinela” chamou por un aparello, contou o que queria o noso amigo, e como resposta, dexironlle que o xefe non queria falar con aldeanos(sic).

 Entón Cormanlareiro, colleu un pequeno rebote, ou cabreo, e metendo a man no peto, amosoulle a o “centinela” o reloxio de ouro, que éste inmediatamente recoñeceu.

 ¡Ë o rolex do xefe, anda que non deu voltas a buscalo!. Espere un intre que o chamo de novo, seguro que baixa axiña. ¡Costoulle mais de tre millón de pesetas!

 Enton, Cormanlareiro , dando media volta, dixo:

 -Digalle o home demasiado rico, que se quere o reloxio, xa sabe onde vivo, é que o mellor desde agora a alá, podo perdelo. ¡Todo dependerá das súas maneiras!. O mellor caeseme polo camiño.

 Daquela o home rico xa estab viúvo.¡Canto ia lúcir o ouro na man dun bo pecantin!

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 13:57:21 | Permalink | Comments (2)

Tuesday, March 17, 2009

MITOLOXIA VALMARQUIANA

OS SETE ESTRELOS.

(Conto dedicado o meu irmán César e o “tiu” Marcelino)

 

 Cando e Terra ainda non era asoballada como agora, en Val dos Marcos habia uns fermosísimos bosques.

 Eran uns bosques, fundamentalmente, de castañeiros, carballos, afreixos, amieiros e outras bonitas e fermosas árbores.

 O sotobosque esta composto de xardons, teixos, uces, carqueixas, chaguazos e demais arbustos.

 Toda a Terra estaba cuberta do manto vexetal. Os animais que a poblaban, ou vivian debaixa deste manto, ou facian os seus camiños, sen estorbarse uns aos outros.

 Como todos sabedes, os últimos en poboar o noso bonito planeta, foron os humans.

 Xa sabedes que os humans, temos certa propensión a desfacer caseque todo o que temos a nosa man. Incluso, somos bastante amigos de amolarnos uns os outros, e non apiadarnos de case nada.

 Pois ben, daquela, fai moitos, moitisimos anos, no que agora é o termo do Val do Tuela, e sendo mais precisos, no Val dos Marcos, no fermoso bosque que abranguia desde Casares hasta o Crballal, vivia unah tribu de indios. A verba indios, no senso de nativos do lugar, pois como é ben sabido, a nosa raza, saiu de unha louxa, que antes fora tamés árbore.

 Nunha chociña, a carón do que agora é o Salgueiro, vivian una velliña, coa súa filla e sete fillos desta última.

 Os neniños eran coidados pola aboa, mentras a nai facia as labouras de pastoreo, cousa que facia que estivera fora da casa durante moito tempo.

 A velliña coidaba dos nenos, alimentabaos, arroupabaos se facia frio, e aconchegabaos cando estaban maliños.

 Asi eran todos felices, hasta que un dia a aboa morreu.

 Os nenos quederon soliños, pois a nai estaba lonxe pastoreando. Para poder comer o maior dos nenos saia todolos dias a bucar que comer, fundamentalmente mel, o froitos.

 Desgraciadamente, moitos dos dias voltaba con as mans valeiras, e todos rapaban unhas boas fames.

 A cousa foi dexenerando, a nai no voltaba, e os nenos desesperaban coa fame.

 A deseperación xa era moi grande, e un dia que non tiñan que comer, dixeron entre eles que por qué non se ian o ceio, pois ali haberia mel dabondo e outras cousas que daria gusto comer.

 Cando estaban falando desto, pasou voando por diante da chaboliña, unha “carrixa” que o escoitou todo.

 Enton a “carrixa”, falou co vento e dixole que, por que non axudaba os rapaciños a ir o ceo.

 O vento fixolle caso e soplou forte para subilos arriba.

 Cando a nai voltou enterouse de todo, berrou e chorou polos neniños, mais estes xa estaban moi altos, e o vento deixounos no ceo alumenado o resto dos humans, nunha carrioula de sete estrelliñas que sempre andan xuntas.

 Os indios da Amazonia, que tamen os coñeceron chamaronlle  Eixú, e na nosa cultura chamamosle as “Pleyades”. Mai en Val dos Marcos, son coñecidos como os SETE ESTRELOS.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:14:18 | Permalink | Comments (2)

Monday, March 16, 2009

EN VAL DOS MARCOS NON SE FALA CASTELAN

UN XABRÉS EN DEFENSA DA SÚA LINGUA GALEGO-PORTUGUESA

(O LEONES XA O DEIXERON MORRER)

 

 Son dun axuntamento, que non concello, da Alta Sanabria (definición que está agora demoda) no que a fala habitual sempre foi un galego con mesturas de portugués, e coido que. de un pouco do antigo leonés.

 Nestes último días estase a falar moito do Galego, do bilingüismo, do galego lusista e de non sei cantas caralladas mais.

 Tanto ós políticos, como os intelectuais lingüistas, gustaríame dicirlles que, o galego falado no eido rural (e gracias o cal o galego persiste), é o único autentico e verdadeiro

Pois gracias o mesmo a xente entendíase, entendese e entenderase, sen necesidade de normas, e demais trapalladas que de momento, casque todo cristo quere introducir ou impor según como le vaia no asunto.

 Deixen que cada zona fale aquilo no que mellor se entende, e que cando ten que facerse entender pola do lado, faino sen mais, so tendo en conta as peculiaridades propias e as do veciño.

 Parece que hoxe os políticos solo le importa, se o dicir que hai que salvar o galego, les da votos ou non. A moitos o galego non lles importa, salvo para o seu negocio.

 Os intelectuais, o mesmo, cambiando o interese final. Neste caso é dicir a última verba.

 Sexamos todo mais humildes, incluído eu, e pensemos que unha fala faina o pobo simple, co seu uso cotián.

 As cousas de laboratorio están ben para a física, a química, é pouco mais.

 Unha vez, no meu pobo,(sexa isto entendido como orixinario del), un primo meu, afeábame que tentara escribir en galego. Todo isto falando no idioma noso. pregunteille o porqué o da súa afirmación, e díxome que por que nos non eramos galegos, ¡nos somos zamoranos, e non somos galegos!.

 ¡Non sei si se dou conta de que estaba a reprenderme e reprocharme que eu tentara usar o galego-portugués, falándome no mesmo idioma!

 Coido que neste caso, a política, tanto por afinidade como por rechazo, a algunha forza imperante tiña a culpa. Supoño que tamén o que culturalmente, naide nos enseñera a defender o idioma dos nosos devanceiros.

 

 

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:10:24 | Permalink | Comments (6)

Saturday, March 14, 2009

CUANDO A CAZA ERA UNHA NECESIDADE

               

 Hai acaecidos na nosa terra que nunca deberian esquecerse. A min veñenseme a cabeza, nunca sei por qué, de maneira arbitraria. Supoño que é por culpa da miña forma de recordar. Relaciono cousas unhas con outras, ainda que algunhas veces recordo cousas porque sí, e moitas veces so recordo o fundamental e case que nada do acesorio. Esto é o que me pasa agora co que vos vou contar.

 Recordo oíla mais de unha vez, pero non recordo o nome do actor, ainda que pro caso nada ten que ver.

 Pódaque fora un daqueles homes, que unha vez le escoitei comentar o Ti José Maria o home da tia Genoveva, unha vez falando co ti Elias, o home da tia Florinda, cuando eu tiña oito ou nove anos e ia coas vacas dos do cura. Díxole que eles os dous eran os unicos que quedaban “daqueles mozos ferreños”; parece que o mais floxo era un tal Teolindo.

 Tamén queria recordar, que durante demasiado tempo en Val dos Marcos, a necesidade de carne, era unha cousa das que mais abundaban por alí; xa se sabe que a falla de cousas é sempre o que mais abunda. De ahí que apañar un coello, mismamente un teixugo ou outro bicho susceptible de levar o pote, era casi unha obriga o facelo.

 Andaba este bon home tratando que cazar un coello, pola zona de Lagoas, seguramente cunha espingarda de chispa daquelas que se cargaban pola boca, tamén chamadas de avancarga.

 Non sei se foi por denuncia ou por casualidade, apareceron por alí un teniente de carabineros e outro compañeiro, en sendos cabalos é apreseron o home, quiteronlle a espingarda, a pesar que este suplicou, que o deixaran, pois solo queria matar un coello para a familia, e que non facia mal a ninguén.

 Non le fixeron caso, e como se fose un delicuente común, esposeronno e obligaron-o a camiñar diante dos cabalos, para levalo a Hermisende.

 Polo camiño volveu a implorar, que o deixaran, que non volveria a facelo, decindo tamén, que ian desfacer unha familia, pois estaban a buscarle a súa ruina solo por tentar matar un mísero coello. Non le fixeron caso. Manderonno seguir andandando.

 Cando xa estaban, mais ou menos, pola zona das Rozadas, o noso amigo, pediulle que le deixeran baixar o pantalón, pois tiña unha necesidade que facer.

 Quiteronle as esposas e dixeronle que o fixese alí mismo, na borda do camiño.

 O home baixou alí mismo as calzas, e cando acabou ergueuse, subiu os pantalons, e antes de que le volveran a por as esposas, encañonou ós dous carabineros cun esbirradeiro (1) que levaba agochado entre a faltriqueira.

 Tiveron que devolverle a espingarda, o mesmo tempo que les decia que non o comprometeran mais, pois non queria facerle mal a ninguén.

 Quitoulle a munición das armas e deixounos marchar. Creo que a historia non foi mais alá, polo menos eu non o sei.

 Probablemente, se falades con alguén maior da vosa familia, o mellor poderá ampliarnos a informacion o respecto.

 (1) esbirradeiro, era como chamaban a un revolver os canteiros na linguaxe dos arxinas.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:59:50 | Permalink | No Comments »

Friday, March 13, 2009

TRAXEDIAS CASEQUE PREVISTAS

O POZO DOS BARBEIROS

 Esta tardiña, estaba un servidor de ustedes, lixeiramente melancólico, e co maxin aproveitei a ocasión para dar unha volta polo riu Tuela.

 Escomencei a miña andadura no fondo de Cancelada, pois así cuanto mais percorrido se faga tentando as “bácoras”, mai posibilidades hai de encher o cesto.

 O asunto é que cheguei, imaxinariamente, até o Fervenzón, e de súpeto veume a cabeza o porqué o pozo de enriba do pasadeiro a Campelo se chama o Pozo dos Barbeiros.

 Escoiteilo unha vez o tiu Marcelino, nunha noite de inverno daquelas que facian un frio de carballo,  e que decidiu pasala na nosa casa. Cousa bastante habitual naqueles invernos.

 Pace ser que o nome do tal pozo, venlle por dous irmans que eran barbeiros. As veces para que o nome de un sexa recordado, so fai falla facer unha falcatruada ou algo parecido.

 Os barbeiros non fixeron ningunha falcatruada, foi algo mais gordo, sobre todo para eles.

 Hai unha cousa que non teño nada clara; é o lugar de onde eran os irmans, mais para o asunto esto non ten demasiada importancia.

 O pozo dos Barbeiros, no seu cimo ten unha fondura considerable, seino porque mais de unha vez chapucei (mergullei), nel en busca de algunha boa “camela”. No mais fondo, onde se xuntan as duas fragas de louxa de un e outro lado, hai una soberbia abertura entre as dúas de un tamaño na entrada que, as veces, según como o intentes no te cabe a man, quero decir que non cabe de calquer xeito.

 No pozo este, soe haber case sempre algnha bácora de bon tamaño, e un dos lugares onde se esconden e que pouca xente coñece a dificultade de meter a man é o deandito buraco.

 Os barbeiros da nosa hitória, o parecer estaban polo Couto ou Vilares coas vacas, no mes de Agosto.

 Daquela, cando os vaqueiros ian para alí, pasaban parte do dia no riu, uns nadando e refrescandose e outros tentando pillar algunha “trutta fario” ou “salmo fario” que os dous nomes le van ben.

 Un dos irmans chapuzou na zona fonda do pozo, pois viran meterse unha boa truta no lugar definido antes. Tardaba en sair, o outro irman escomenzou a porse nervioso, e tirouse de cabeza o pozo para axudar.

 Seguramente xa imaxinarías o final: Non sai vivo ningún. O rescate non sei com foi, mais desde aquela ó pozo quedoule o nome de O POZO DOS BARBEIROS.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:55:31 | Permalink | No Comments »

Tuesday, March 10, 2009

AS MORMELAS SON SANAS

 

 

 

UNHA DE MORMELAS.

(Absterse de ler, se eres un chisco propenso o asco)

 

 En primeiro lugar quero facer unha loa ó sano que é, o parecer, meterse o dedo no nariz e logo chupalo; explicareime:

 Alá polo ano 2004, un tal Friedrich Bischinger, de profesión neumólogo, escrebeu un artículo no que mais ou menos decia, que a costume dos cativos de meteren o dedo no nariz e logo chupalo, era unha cousa saudable, ainda que un pouco asquerosa. Argumentaba o amigo Bischinger (xuro por Belenos que o nome é real) que as bacterias que intentan entrar no noso organismo son capturadas polos mocos como defensa preventiva, e que si se inxieren fan o efecto de vacina.

 Tamén dí que como o dedo  chega a cantos nasais donde non chega un pano, nin unha boa sonada, tamén fai de barredeiro, e limpa os lugares polos que debe pasar o aire.

 Hasta eiqui a pequena explicación semicientifica, tedes que pensar que falo de memoria e o mellor pasouseme algo por alto.

 Hoxe, esto ben a conto pòrque acabo de lembrar unha carallada, que le escoitei unha vez o amigo Silesio, xa sabedes irman do Horacio, e fillo do “ti”Fidel e da “tia” Benita.

 Unha tardiña do mes de Marzo (tamén deberiais saber que no inverno, en Val dos Marcos, salvo escaldeirar, caseque non se facia mais nada que acomodar as vacas e xogar a partida en casa do Caxera) estabamos uns cantos de leria nunha das mesas, aquelas bonitiñas que habia no café (que naide me diga que o Pepe non era bon carpinteiro), era unha tarde agarimosa e basante apropiada para podar as parreiras.

  Estabamos alí sentados, como decia, catro ou cinco, que os nosos vellos non foran quen de levarnos a facer algo útil, e nestas chegou o Silesio, xa rindo a queixo desconxuntado, e con lagrimons polas fazulas da risotada que se traia. Sentouse a carón de nos, e sen esperar a mais dixonos:

 Acabo de ver como seescaralla un home.Ou case.

 Estaba, o devandito home podando nunha parreira de seu, e xusto cando o albisquei vin que unha mormela le saía do nariz, como non a limpaba fiquei quedo para ver donde chegaba. A mormela foi crecendo e alongandose, ainda que o noso podador estaba subido a unha escada a un par de metros e medio do chao, a mormela chogou o mesmo, asentouse sobre unha louxa de tamaño regular, e de sútaque o home sornapou arrastrando cos mocos a louxa que lle atizou nos beizos, facendoo trastabillar, e caseque caer da escada para baixo.

 Non le pasou nada, pois repuxose a tempo de baixar.

 Podedes imaxinar o escaralle xeral que houbo naquel intre no café, e a nova, foi recorrendo as mesas a medida que éstas se iban enchendo de partidas de tute e dominó.

 Non recordo se dixo quen era o interfecto, o mellor non o dixo, ou o mellor eu non quero recordalo.

 Silesio: Se por casualidade tes noticias desto, espero que non me diexes mal, e tamén espero que algún dia te cortes a melena, aida que en Vilanova pareceme que vai frio.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 20:41:04 | Permalink | Comments (5)