Tuesday, March 3, 2009

LAGARTOS NA TEIXEIRA.

 

Non sei se o sabredes, mais nas nosas terras, alá polos vales do Tuela, o Túa, e chegando hasta o Bibei, naquelas serras, e moito mellor nas malladas, existen uns lagartos que teñen dous rabos.

 Se algunha vez atopades algún, debedes saber que sodes uns afortunados, e que debeis de collelo coste o coste, pois delo vai depender que sexades os mais ricos da comarca, e que podades vivir como verdadeiros sultans, con “jaima” incluida.

 Unha vez que o collades, debeis levalo a casa, as agochadas, sen que nadie se entere e metédelo na maseira donde se amasa o pan, na que antes tereis posto fariña en toda a súa base, e nunha punta unha cunca con auga para que o becho beba.

 Deixades a arca cerrada durante nove días, co lagarto dentro, e o final deste tempo abrís a porta da maseira e encontraredes uns números grabados na fariña, que se os leedes ben daranvos a sorte na loteria.

 Na terra dos Carqueixeiros, nun lugar chamado Eskarramana, a primeiros do século pasado unha boa muller que viña tanxendo uns rixelos, a tardiña, estivera todo o día nas Aguzadeiras pastoreando e buscando cristales apiñados, que tamén son conocidos co nome de cuarzo cristalizado. Traia na cesta, xunto con as agullas de facer calcetins, unhas boas pedriñas, donde puxo o lagarto de dous rabos, que foi quen de agarrar. Encerrouno na maseira despois de esparexer un puñado de fariña pola base da mesma e deixoulle a cunca con auga.

 Pasados os nove días da reclusión do lagartiño, o abrir a tapa do arcaz, atopou grabado na fariña o número 999.

 A muller non sabia que estas cousas eran cousas do diaño, pois como saberedes hai diaños bos, que axudan as persoas, pero que se son mal invocados traen malas consecuencias. O ver aquel número, acordou que decian que era o número de o tal diaño, e non querendo caer en pecado mortal sen sabelo, foi falar co crego.

 O crego foi a casa da muller, ollou o lagarto e viu clariñamente o número 999, que según desde a banda desde donde se mirase tamen podia leerse 666. Acordouse do Apocalipse de San Xoan é da súa referencia o número da besta.

 Enonces decidiu voltar a igrexa, e collendo o hisopo, a estola e acompañado polo sacristán, voltou a casa da nosa muller, para exorcizar o arcaz, a muller e a casa. Xusto no momento en que hisopou os números, produxe un horrísono trono acompañado dun lóstrego inmenso, que fixo desaparecer a maseira, arder a casa e sairen caseuqe todos como tizóns do lugar.

 O crego, despois da desfeita, marchou para non se sabe donde, a muller liscou xunto á uns parentes que tiña no Patateiro, e no lugar da casa, que foi trasladado de sitio, quedou o famoso castelo que existe en Bouza de Cristos.

 Naquela navidad a loteria do Nadal, caeo no número 666. Quedou sen vender integramente.

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com in 16:23:03 | Permalink | Comments (2)