Sunday, May 31, 2009

O CORMANLAREIRO DESFACENDO ENTORTOS

  

    

  Todos sabedes que, nas relacións humanas, as simpatías e antipatías son sentimentos que moitas veces non teñen nada que ver coa realidade, e coa verdadeira forma de ser de cada quen.

 No caso que nos ocupa, a renxeira que case todos le tiñan a aquel home vido a aldea de non se sabia moi ben de onde, era mais que xustificada, pois daba a impresión de que todo o que facía solo tiña unha intención: anoxar ó próximo.

 Outra das lerias, era que con demasiada frecuencia, dáballe maos tratos a súa dona, sen que naide soubera o por qué.

 Entre outras, este individuo gañábase a vida cunhas poucas cabras que pastoreaba de cando en vez polos montes da zona.

 O  noso amigo Cormanlareiro, non lle tiña moito aprecio, mais así e todo nunca tivera ningunha intriquinencia con él, polo que o trato era normal tirando a frío.

 Tamén sabedes que Cormanlareiro, era afeccionado a pesca e a caza, pois daquela era unha maneira de non chegar a estados de fame física.

 Andaba un día Cormanlareiro de caza pola zona das Mendreiras, cando o pasar polas leiras da Serra Garrida, baixaron dous enormes cans hacia o canciño de cazador, con ideas de saudalo, mais non de maneira agarimosa.

 Un dos cans tiña sona de ser bastante doente, pois xa trabara a varias persoas, e de maneira bastante covarde, acercándose silandeiro e por detrás.

 Cormanlareiro o decatarse da intención dos cans, e sabendo que podían matarlle o seu, berroulle o dono dos mesmos que os chamara.

 A resposta do “badanas”, foi unha risotada. Fixo caso omiso, e os cans acercábanse o can, o que Cormanlareiro tiña agarrado pola pel do pescozo, pois o parecer non tiña moito medo.

 Voltoulle a berrar a aquel indesexable, e o ver que non lle facía caso, abriu a escopeta, e cambiou os cartuchos de munición por dous cartuchos de bala, pechou a espingarda, púxoa a cara encañonando os cans que xa estaban a menos de dez metros, e voltando a berrarlle o interfecto, díxolle: Chama os cans se no queres quedar sen eles. Agora o individuo obedeceu e con voz trémula chamou polas dúas bestas aquelas. Unha retirouse, mais o can mais fero teimou na súa.

 A toda carreira baixou o pastor e agarrou o can pra levalo lonxe.

 Díxolle o Cormanlareiro, ¿Non sería capaz de dispararlle o can?. O que éste respostou:

Se non o arredas ¡pégolle un tiro, e co segundo cartucho, embazácote a tí!.

 O asunto non foi a mais, Cormanlareiro seguiu cazando cara a aldea, e o pastor ficou coa res.

 Pasado un ano desta historia, volvían de caza o Cormanlareiro e outro cazador da aldea, cuxo nome non ben a conto, e o chegar as teixugueiras, sentáronse a beira do camiño a descansar pois aquela costa cando xa levas un día andando polo monte, atragantase un pouco.

 De súcate aparece o maltratador, é todo apurado e nervioso agarrou u can, que viña con él, e sacándose o cinto pasouno polo pescozo.

 Pasou por diante deles todo atropelado, case caendo él e os seus pantalón tamén, pois parece que non estaban avinzados a sosterse sen cinta.

 Unha vez que pasou, o compañeiro do Cormanlareiro, dixo. ¿Que le pasa este, ten medo de que os nosos cans se craven no del?

 Non, contestou Cormanlareiro, ten medo a quedar embazacado e sen can. Está bastante claro que estes botarates, son fortes cos débiles, mais cando alguén se les enfronta, fanse dóciles.

 Xa dice unha vella sentencia : ¡O louco, pola pena, é cordo!

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:57:38 | Permalink | No Comments »

Friday, May 29, 2009

PRIMAVEIRA EN VAL DOS MARCOS

 

 

 Estamos na estación do ano mais interesante, alomenos para min. O fin de semana pasado estivemos en Val dos Marcos, e desde aquela levaba “rumiando” o facer uns comentarios da estancia e das nosas andanzas.

 Fumos o xoves dia vinte. Saimos de Vigo con ceos nubrados, e a medida que nos acercábamos os nubeiros ianse convertendo e cúmulos deses que adoitan traer tormentas.

 Cando cheguemos a aldea, facia unha boa calor, é presagiabase que podian vir raios e alustros.

 O venres desperteronnos s chorroichios dos paxaros en Trasil, e algúnha que outra milpendora na figueira da Esther, parece que xa queren figos e inda están verdes. Xa andaban por alí as anduriñas, e polo Castro escoitabase de cando en vez o canto do cuco e mais tarde tuvemos a ocasión de escoitar tamén o monocorde canto da bubela.

 Fumos hacia a Porteliña, pois tiñamos unhas plantas de pementos e tomates para espetar, e queriamos tamén sementar unhas fabas para comer verdes. Baixemos pola canadicha, por certo aquelas lastras que sosteñen a terra polos lados estan nun estado de inclinación  tal, que se non botan man delas, esborrallaranse os terraplens das cortiñas dos lados. Teño que decirle o amigo LoRo, que este ano ahí precisamente non poderei roubarlle zreixas, pois non hai apenas, outra cousa é no que ten na Porteliña o lado de baixo do camiño.

 Cando íbamos polo xogo dos paus atopemos a Nieves no fondo das cortiñas donde sementera garbanzos, estaba toda atenta mirando para eles, e o pasar dixenle: ¿Qué, mirando os garbanzos? ¡Si!, dixo ela, estou mirando como crecen, ¡veinse crecer todolos días!. Efectivamente se un perde un chisco de tempo, pode decatarse de que nesta época todo se apura a crecer.

 Cheguemos a Porteliña, e entre os rechouchios de un par de ruxiñois, carrixas e algún xilgaro, fumos plantando o que levabamos. O chegar o fiu do mediodia sentémonos a sombra, pois o Lourenzo apretaba de xeito forte. De pronto démonos conta de que os paxaros deixeran de cantar e so se escoitaban os grilos, aquela hora xa nin os paxaros tiñan folgos para cantar.

 O dia seguinte seguimos plantando e sembremos os chícharos, así como sete ducias de patacas, que, se van adiante, servirán para face unhas estupendas ensaladillas ou un bo caldo de chícharos.

 Pola tarde, estabamos debaixo da figueira da Esther, e, outra vez no castro, escoitemos a una raposa insultando os cais, e un pouco masi tarde desde o mesmo lugar tamén escoitemos os berros das corzas. Coido que, de seguir así, dentro de pouco, cando nos acerquemos por alí, atoparemos toda esta fauna  paseando polo medio das casas.

 Neste dia, que era sábado, mentras acababamos na Porteliña, o meu cuñado Xusto, decidiu ir de pesca, e a bofé que o fixo de marabilla, pois colleu unhas boas trutas, dúas das cuales eran mais que cuarteronas.

 A medio dia, fixemosle os honores a miña sobriña Eva, que cumpria anos, eu eiqui non vou decir cantos, pois xa o dirá ela, se le apetece. Non quero ser latricador.

 Esto foi casi todo, está todo o Val do Tuela que reventa de verde, e xa está todo reventando, frutos, arbores, os paxaros xa os hai desaniñados, vin tamén un par de coellos, en definitiva, o corazón ensanchase vendo e escoitando a natureza.

 A noite do sábado o domingo, descargou unha boa tormenta, sobre todo alustros e tronos deron a nota, ainda que auga non tanto. Creo que despois choveu bastante.

 Bueno xa tendeis noticias de un dia do mes das Flores seguramente como outro calquera de outro ano calquera tamén. Afortunadamente a roda do tempo repítenos estas cousas, solo temos que intentar gorentalas, e non deixalas pasar sen fixarnos nelas.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 21:04:13 | Permalink | No Comments »

Wednesday, May 27, 2009

OS IDIOMAS SON BÓS, SON CULTURA. PESE A QUEN PESE.

DE CÓMO UN POLITICO NON GAÑOU O ESCANO, POR NON SABER IDIOMAS.

 

 Vai moitos anos, tantos, que xa morreron os actores, e os que o contaban tamén.

 Sucedeu durante a primeira República, e como non podia ser menos, sucedeu en Val dos Marcos, con xente dalí, tamen como non podia ser de outra maneira.

 Baixou desde Lubián, montado nun cabalo moi fermoso e tamén algo bulideiro, un aspirante a sentarse nun escano da deputación. Era o aspirante a deputado un lechuguino daqueles que calzaban botas e borceguies lustrosos, calzas de pana verde coa perneira estreita desde os xeonllos ós pés, algo abombachados entre o cú e os borceguies, camisola de popelin e garabata coa bandeira nacional (xa daquela, adoitaban identificarse).

 Pasou, que o noso “endeviduo”, baixaba a Val dos Marcos a procura de votos, polo camiño que habia entre Castrelos e Sancibrao, pola marxe direita do Tuela, que pasaba pola Ladeira o Regueiro de Velois as leiras de Mouromorto e o couto de Castrelos, nomeados en senso inverso a direción que levaba o nos heroi.

 Daquela, ainda non existia a “carretera” entre Lubián e Hermisende.

 Chegou o noso home as leiras de Mouromorto que estaban con palla de centeo en estado cerollo, a que non deixaba ver o carreirón polo cimo das mesmas, o que levou a pensar o politico que estaba perdido no medio daquel monte, pois non era quen de albiscar o camiño, cando de sútaque, cerca do pisón viu un magote de res e unha parella que o tanxia.

 Cuando se acercou, coa idea de preguntar polo camiño, do medio do magote de res, sairon dous cans, daqueles de antes, de mais de un metro daltura, de unha cabeza da que saian unhas orellas puntiagudas, e con carrancas no pescozo, que ladraban ós intrusos, de tal xeito que o cabalo asustouse  que caseque derruba o cabaleiro, que a duras penas mantivose escanchado na sela. Mais caeulle o sombreiro.

 Entón o home fixo ademán de baixar do cabalo a recoller o chapeu, e o noso paisano beroulle a muller:

-         ¡Oh Pepa, dale o chapeu!- e dirixindose o estranxeiro dixo:

-         ¡Non se deça! ¡Oh Pepa dale o chapeu!

-         ¡Oiga, yo solo queria saber el camino!- O que o noso veciño respostou:

-         Carrerones afuera, mais non se deça. ¡Pepa dale o chapeu!.

 Nunca saberemos o que entendeu o politico-lechuguino,pois deixando o chapeu nas leiras, obligou a virar ó cabalo, e saiu a lume de carozo berrando:

-         ¡Socorro, me quieren matar- e desapareceu por onde viñera.

 Eso foi o que pasou. Mais non me resisto a transquibir uns ripios apostos o home da Pepa, que unha vez recibiu un tiu-avó meu, e que decian así:

-                                           Querido compadre Xosé do Marcelinos

-                                           Suxete-lá o meu perro-cao

-                                           Pous eu estou en Bilbao

-                                           Por ser un porcallao;

-                                           Por ter dúas mulleres,

-                                           Unha pro inverno e outra pro vrao.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 21:30:40 | Permalink | No Comments »

Monday, May 18, 2009

COUSAS CON NOSTÁLXIA

 O DIA QUE NACEO O TI DARIO.

 

 O Primeiro que teño que facer, e por en situación a aqueles que, por a súa idade e por, ó mellor olvido, non se lembran do ti Dario.

 Era un dos irmans mikaelos (soame ben con k), que estaba casado cunha tia- avoa do noso amigo LoRo, o que de cando en vez asoma por eiqui o seu ben facer coa pluma (enténdase esto como bo escritor), e que agora, este último, reformou a casa do primeiro, por certo con bon gusto, e que desde agora mesmo o felicito, se é que non o fixen antes. Para aqueles que non o saiban, a casa, rubindo hacia o forno d´arriba, é aquela que ten unha solaina moi alta con fiestras verdes que voa sobre a rua.

 Ben; o ti Dario era un home peculiar, e bastante boa xente. Dou fé delo eu que mais de unha vez le fun a axudar tanto na herva como na seitura, e sobre todo na acarrexa, cando de traer para meda se trataba de acarrexar vivirons desde a Cruz de Pedra. Esto será cousa de outra entrada,¡ non as podemos esgotar todas nun dia!.

 Nese día, precisamente, despois de mandar dous carros de mollos a meda, xunto cos outros dous carros que descargaron o Modesto, o Franco de Dine, axudados pola tia Josefa e maila Felicidad, (desta última teño que falar un dia, pois era unha muller fora de serie, e ademais madriña de meu irman Xeria), como decía, despois de descargar os dous carros, fumos para casa a merendar, e con unha boa merenda coa que nos obsequiou a tia Xon, demos conta de uns xarrotes de viño, daquel que inda se facia coas uvas de Vilares. Como vos podedes imaxinar, co traballo do dia feito, e cos grolos de viño, as bocas quentaronse, e falouse de caseque todo. Imaxinade por donde irian os tiros, que a tia Xon deixounos solos para no escoitar, imaxino, as animaldas que alí se decian.

 O asunto foi que, saltando de unha cousa a outra, o ti Dario, contounos como fora o seu segundo nacimento.

 Parece que ia él camiño do Bedulo, cando de súpeto, escomenceron os alustros e os tronos dunha fenomenal tormenta, que o parecer viña do leste, que sugún decian eran as peores. Empezou a chover auga mesturada con salpedrés, e o noso amigo agachouse na troba dun castañeiro, cerca do Viñal.

 A treboada era cada vez mais forte, e o ti Dario fixo un sentalló cun par de pedras, preparandose para esperar a que a tormenta pasara, dentro da troba.

 Eiqui parouse o tempo para él, pois sen saber como nin cando nin de que maneira, atopouse deitado no medio do poulo, empapuzado de auga desde o lugar da tonsura hasta a unlla dos dedos gordos dos pés, mais eso sí, cun sol radiante por enriba dos catañeiros de Falgueiras, é cun suco ben visible no castañeiro que o acobillera, desde a gameita mais alta hasta as raices.

 Comoo decia él, por alí baixera o diaño, e marchara para o medio da Terra.

 ¡Recarallichos, aquel día, nací de novo!

 Acabemos xogando unhas partidas o tute en casa do Caxera.

 Photobucket

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 18:46:15 | Permalink | Comments (5)

Sunday, May 17, 2009

TARDES EN MESÓN JABALÍ

 COUSAS QUE CAEN DARRIBA

 

 Xa pasaron uns poucos anos, tantos coma que xa os meus interlocutores daquela, nos deixaron.

 Estábamos unha tarde do mes de Santamariña, tomando uns cafés debaixo das parreiras do Marcelino (¡canto o imos botar de menos!), coma sempre, andaban por alí o Eloi, o Modesto, o Jaime, o Horacio, algúns mais, e un servidor de vostedes.

 Como adoitábamos fecer daquela, falábamos de case todo, arreglábamos o mundo mundial, mandábamos o inferno ós ateos e protestantes, todo sen ánimo de levar a cabo ningunha das ameazas que faciamos, pois, eso sí, a pesar dos berros que dábamos, todo ou case todo se quedaba en retórica.

 Ahora mesmo, non sei de que estábamos a falar, a leria era sobre algo que habia que facer no pobo e non habia maneira de facelo ou algo así. De todolos xeitos non ten moita importacia para o que pretende a miña reflexión.

 O caso é que, nun momento determinado, ante unha pregunta sobre o porqué daquela situación, o amigo Horacio, coa maior da ingenuidade dixo:

 ¡Son cousas que veñen de arriba!.

 Naquel momento, eu fixen unha coña, mirando para o ceo para ver os de “arriba”, e ante a retranca o Horacio díxome, ¡ xa entendes o que quero decir, son cousas que nos veñen de Zamora ¡.

 Acabou o asunto aiqui, mais non por elo eu deixei de maquinar naquela expresión.

 Coido que de sempre, as administración públicas, sempre foron unha cousa allea os cidadans dos pobos, e sempre foron vistas por os lugareños por algo alleo, é que solo aparecian por alí para impor cousas e critérios.

 E ahora preguntome eu ¿por qué?. Acaso as administracións ¿ non estan constituidas por homes e mulleres que sairon dos pobos ou cidades, e que chegueron a adminstración coa sana idea de traballar a prol dos cidadans?.(¿INXENUIDADE?)

 Por qué unha vez que están no “machiño” se olvidan de que eles mesmos son tamen administrados, e non donos de nada.

 ¿Haberá que poñerle a cada individuo, con un chisquiño de autoridade para que cumpla ben o seu cometido, un esclavo ó lado, que le susurre constantemente aquelo que adoitaban decirle ós césares: RECORDA QUE SO ERES UN HOME.?.

 Cando vexo que na nosa terra, as autoridades de Castela-León (¿por que non León solo?), fan leis para unha comarca sen ter en conta as peculiaridades de cada rexión, entranme ganas de liscar a pobos mais civilizados,coma os esquimais.

 Ahora penso de outro xeito e penso que ¿ por qué seguimos cos nosos votos, aupando a xente, nunhas listas pechadas, que o fin poden ser como o cabalo de Caligula?.

 ¡Uf, penso que ó fin a culpa é toda nosa!.

 Menos mal que a min xa me queda pouco, pois non penso vivir outro tanto.

 ¡Malia leve!

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 12:04:14 | Permalink | No Comments »

Tuesday, May 12, 2009

VRAO TRISTE NA TEIXEIRA

 

 MAMÁ MARTINA (II)

 

Aquela tarde estiveramos xogando nas airas das Pirlas (nunca souben por que, este nome), cando me foron a chamar, pois estaba alí a miña tia da Teixeira, e queriame ver. Cuando cheguei a casa toda a miña teima era marchar con ela para as Moreiriñas. Xa levaba bastantes dias en Val dos Marcos, e empezaba a ter morriña da terra que me vira nacer.

 Despois de dar a tabarra, hasta que se canseron de min, deixaronme ir para a casa de miña avoa-nai.

 O que mais me costaba do camiño era a subida polos prados de Hermisende de Meixende, polos que ia o carreirón cara a portela, donde xa escomenzaba a planura e desde o Falgueirón xa era costa abaixo.

 O ano xa levaba consumidos caseuqe seis meses, polo que estabamos na época da sega da herba. Duras datas aquelas dos tres mese de vrao, para aquelas xentes, que tentaban de arrancarle a terra o sustento de todos para todo o ano é que moitas veces negaba.

 Cando cheguemos, xa me dei conta de que algo raro pasaba, pois as mulleres ian todas con panos negros na cabeza, e levaban os ollos roxos e algo inchados de chorar.

 O acercarnos a casa da avoa, habia un movimento de xente inusitado pola banda das Moreiriñas. Demasiada xente entrando e saindo da cas do ti Pedro e da tia Xabel.

 Apareceu a mamá Martina chorando, e dixonos a Susa e a min que foramos para a nosa casa, que ela estaba cos seus compadres, pois ocorrera unha desgracia.

 A familia donde ibamos todalas noites do inverno, o fiadeiro, acabábale de morrer un dos fillos. Creo que era omais novo, e chamabase Bautista. A min non me deixeron entrar na casa , polo que non pude ver o cadavre do amigo Bautista, mais cuando le fixeron o enterro, desde a casa até o cemiterio sei que non deixei de chorar, pois alí choraba todo o mundo, homes mulleres e rapaces. Bautista estaba nese estado intermedio no que ainda non éra home, e xa non era rapaz, mais a pesar de todo eso parecia que le cheguera a hora de deixarnos.

 Pasados uns cantos dias do enterro do noso veciño e amigo, conteron como fora a morte, pois fora totalmente inesperada.

 A familia fora a recoller herba a serra, e despois de ter os carros cargados e de haber comido, o Buatista acercouse a beira do riu da Gamoneda, e tardou en volver. Chamaranno varias veces, mais o decatarse de que non respondia nin viña, seu pai acercouse o riu, e atopouse con corpo morto do rapaz , que estaba afogado.

 A desesperación da familia podedela imaxinar, pois alí estaban todos como soia adoitar daquela, cando de recoller herba se trataba.

 Daquela familia, xa solo queda viva unha irmá do Bautista, a Joaquina, muller a que eu personalmente teño a honra de querer moito. Aguantoume abondo cando era pequeno.

 Unha forte aperta para ela e un recordo garimoso para o resto

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 09:58:44 | Permalink | No Comments »

Sunday, May 10, 2009

FADOS NO TUELA

 

 Cuando estou na beira do Tuela, alá no fondo da terra de Val dos Marcos, naquela parte na que o riu xa se mete no Parque de Montezinho, percorrendo os areais, os cascallais, esocitando o rechouchio dos  Ruxinois, algunha perdiz nas ladeiras de Veigadiz,ou nas Lameiras, e, o marmurio baixiño das augas, no.mes de Santamariña, é cando al alma trascende os amieiros, e elevase case a altura dos lombeiros.En tonces adoito.

 Adoito entonces, a escoitar as voces dos que xa nos deixeron, e mesturado con elas, moitas veces meteseme unha cantiga, dos meus amigos portugueses.

 Moitas veces escoitei os seus tristes fados, eu metido no Tuela, e os cantores como si estiveran a cantar no monte da Coroa, enriba de Montouto, que co as resonancias dos lombeiros non necesita altoparlantes.

 Hoxe dando unha pasada polo Youtube, atopeime con un fadista, daqueles que eu xa pensaba que non habia, e dos que tanto me falaba o meu amigo Manolo Paulino.

 Por se non o sabedes; Manolo, tocaba con bastante bon xeito o laud, que nesta grabación que vos deixo soa moi ben. Xunto coa guitarra.

 Do Manolo aprendin moitas cousas, mais unha das mais fundamentales foi o de querer as nosas terras, pois él adorabaas, ainda que tivera que emigrar, por que daquela, a cousa non daba para comer dúas veces o dia.

 Espero que vos guste.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 15:35:52 | Permalink | Comments (1) »

Thursday, May 7, 2009

Nueva red de la zona del VAL DO TUELA

Hola, He creado una red social con ánimo de parlotear de nuestra tierra.
Os dejo la conexión, a ver quien se anima.
 http://xabresesdovaldotuela.ning.com/?xgi=b66eaYM

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 20:39:53 | Permalink | Comments (1) »

Wednesday, May 6, 2009

NIN O RESPONSO O SALVOU

 

 

  ASESINATO EN VAL DS MARCOS, CON INDICIOS EXTRAÑOS

 

 ¡Yo cudo que estás dormido, as cabras comeunas todas e as ovellas van pola mesma!

 Este era o inicio dun responso, que adoitaba ofrecerle o Sanantoniño, a Dolores Froles, cando o lobo le afanaba algún rixelo.

 O mesmo responso estivo a piques de ter que realizalo, unha vez diante das casas da Cancela, lugar donde vivian os persnaxes desta historia. So algúns.

 O incidente foime transmitido por un testigo presencial, e polo propio asesino, xuntos os dous diante de unhas cuncas de viño no Caxera.

 Unha mañá, no cimo da escaleira do Pepe da Cancela, un irman da susodita Dolores, estaba espernicado cos estertores da agonia despois de recibir un balazo na cabeza.

 Eran tantos os berros que daba, que Pepe saiu da casa a ver que pasaba e atopouse co Juan, tal era o nome do que queria morrer, que xa estaba sendo auxiliado polo “ti” Fidel, que tentaba, sen conseguilo, que acouguese.

 O Juan non paraba de decir, que aviseran o cura pois estaba a morrer.

 Cando o Pepe le preguntou que le pasaba, dixo: ¿eres tonto ou qué?, ¿Non ves o buraco que teño na cabeza? ¡E de bala!.

 A ver oh- dixo o ti Fidel- xa che dixen que a bala so te rozou, ¿Non ves que está clavada na parede?.

 ¡ Si, si.-dixo Juan- clavouse  na parede despois de atravesarme a testa! ¿Ou pensa que son tonto?.

 Bueno, vamos a ver que pasou- dixo o Cancelas- ¿Cómo foi?

 Pous foi, que cando eu baixaba polas escaleiras, subia o Fidel, e cuando chegou anda min sacou unha pistola e mandoume un dispara a cabeza-explicou Juan.

 Entonces o Pepe mirou, xa con cara de coña, o ti Fidel, e este esplicouse asi:

 Cuando cheguei a altura do amigo Juan, en vez de darle os bos dias, apunteille co dedo furabolos a caluga e ¡Pum! Dispareille.

 Xa ves saiu a punta do dedo disparada, mais como xa vou un pouco vello, errei o tiro e a punta con unlla incluida mira donde se clavou, nesa pedra de canteria que hai na parede. ¿Non vexa como me doe?, ¡Non sei se serei quen de sacala de ahí..

 Á gargallada que soltou o Pepe, sumouse a do ti Fidel. Entonces o Juan enfadouse de tal xeito, que, levantandose a velocidade dun raio, botouse a correr para a súa casa, dando, berros decindo que os denunciaria a todos, por matois de inocentes.

 Un recordo para todos eles, que sen necesidade de tiros, xa nos deixeron. 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 19:39:32 | Permalink | No Comments »

Tuesday, May 5, 2009

A TEIXEIRA É BOUZADECRISTOS

 

                                MAMÁ MARTINA (I)

 

 Estaba, como moitas veces, sentada no seu talliño diante da “Singer”, pedaleando de cando en vez. A máquina facia o ruido caracteristico daqueles vellos artilugios de coser.

 Eu estaba o seu lado, xogando cunhas caracolas de carballo das que tentaba facer unha especie de rodicio de muiño, que seguramente serian a envexa dos meus amigos.

 De súpeto, mamá Martina, soltou un salouco profundo, que fixo que eu levantara a cabeza o mesmo tempo que le decia : ¿Por qué choras, mamá?. ¡Non choro! ¡Anda segue a xogar!.

 A min aquela contestación non me deixou satisfeito, pois estaba casi seguro que ela estaba a piques de chorar. Mais naquel mismo momento, sentí abrir a porta do curral e o David chamandome para ir a xogar as Moreiriñas.

 Baixei sen perda de tempo, e xa estaban esperando alí, meu primo Santos e o outro amigo Leonardo.

 Aquel día tocaba escorrentar os gatos, e tentar coller algunha das crias dos mesmos que tiña a gatiña da tia Xabel. Ésta era a que me roubera a min o leite cando era mais pequerrecho.Aquela desgraciada de gata tiña por costume cagar na teta das nais, e xa no se podia mamar mais.

 Chegou miña tia Susa, que viña coas vacas do prado do Val, e lisquei con ela a axudarle a metelas na corte, polo menos eu pensaba que que era así.

 Cando acabou o traballo e, xa o subir para a parte de arriba da casa, dixenle que me parecia que a avoa choraba cando estaba a coser na sala. A miña tia so dixo: “ ¡Vaya por Dios!”, mais non me aclarou mais nada.

 Mais tarde, xa uns cantos anos despois, acordeime daquelo, falando coa miña mai, que me deu unha explicación.

-         Mira, no ano 39 o final da guerra, materon o teu tiu Gabriel, e facia moi pouco que tamén morrera o teu avó Demetrio. Miña mai tardou moito tempo en superar aquelo, seguro que era por eso que saloucaba.

-         Oes, -dixen eu- ¿foi naquela guerra que según decian os vellos, pelexaban irmans contra irmans, e pais contra fillos?

-         Si- contestou a Dolores.

 Ainda oxe recordo, que na curiosidade de un neno de cinco ou sei anos, cada vez que habia homes ou mulleres falando dun xeito, como non querendo que se enterara nadie mais da conversa, calaban cuando algún dos rapaces se acercaban.

 Cuando preguntaba os maiores sempre me contestaban o mesmo: “eso son cousas de grandes”.

 Tamén detectaba que cando cerca estaba algún carabinero, a xente era moito mais cauta, e normalmente so falaban do tempo ou das cousas do campo.

 O dia seguinte, na tertulia cos meus amigos, falemos dos choros das nosas avoas, pois parecia que non so choraba a mamá Martina

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 14:24:56 | Permalink | Comments (1) »