A TEIXEIRA É BOUZADECRISTOS
MAMÁ MARTINA (I)
Estaba, como moitas veces, sentada no seu talliño diante da “Singer”, pedaleando de cando en vez. A máquina facia o ruido caracteristico daqueles vellos artilugios de coser.
Eu estaba o seu lado, xogando cunhas caracolas de carballo das que tentaba facer unha especie de rodicio de muiño, que seguramente serian a envexa dos meus amigos.
De súpeto, mamá Martina, soltou un salouco profundo, que fixo que eu levantara a cabeza o mesmo tempo que le decia : ¿Por qué choras, mamá?. ¡Non choro! ¡Anda segue a xogar!.
A min aquela contestación non me deixou satisfeito, pois estaba casi seguro que ela estaba a piques de chorar. Mais naquel mismo momento, sentí abrir a porta do curral e o David chamandome para ir a xogar as Moreiriñas.
Baixei sen perda de tempo, e xa estaban esperando alí, meu primo Santos e o outro amigo Leonardo.
Aquel día tocaba escorrentar os gatos, e tentar coller algunha das crias dos mesmos que tiña a gatiña da tia Xabel. Ésta era a que me roubera a min o leite cando era mais pequerrecho.Aquela desgraciada de gata tiña por costume cagar na teta das nais, e xa no se podia mamar mais.
Chegou miña tia Susa, que viña coas vacas do prado do Val, e lisquei con ela a axudarle a metelas na corte, polo menos eu pensaba que que era así.
Cando acabou o traballo e, xa o subir para a parte de arriba da casa, dixenle que me parecia que a avoa choraba cando estaba a coser na sala. A miña tia so dixo: “ ¡Vaya por Dios!”, mais non me aclarou mais nada.
Mais tarde, xa uns cantos anos despois, acordeime daquelo, falando coa miña mai, que me deu unha explicación.
- Mira, no ano 39 o final da guerra, materon o teu tiu Gabriel, e facia moi pouco que tamén morrera o teu avó Demetrio. Miña mai tardou moito tempo en superar aquelo, seguro que era por eso que saloucaba.
- Oes, -dixen eu- ¿foi naquela guerra que según decian os vellos, pelexaban irmans contra irmans, e pais contra fillos?
- Si- contestou a Dolores.
Ainda oxe recordo, que na curiosidade de un neno de cinco ou sei anos, cada vez que habia homes ou mulleres falando dun xeito, como non querendo que se enterara nadie mais da conversa, calaban cuando algún dos rapaces se acercaban.
Cuando preguntaba os maiores sempre me contestaban o mesmo: “eso son cousas de grandes”.
Tamén detectaba que cando cerca estaba algún carabinero, a xente era moito mais cauta, e normalmente so falaban do tempo ou das cousas do campo.
O dia seguinte, na tertulia cos meus amigos, falemos dos choros das nosas avoas, pois parecia que non so choraba a mamá Martina