Monday, June 1, 2009

RECORDOS DA FESTA DO SANCIBRAO.

 O XOGO DAS CHAPAS (¿Chaplas?)

 

 Faltaba pouco tempo para o dia da festa. As mallas xa se acaberan, e xa se empezaba a albiscar en lontananza a chegada do Outono. Esto sabiase pola coloración das follas, xa case todas estaban amareliñas, e as das viñas empezaban a ter o color ese tan caracteristico, entre  amarelo, verde e algunha que outra roxa. Era esa época na que todo se facia algo morriñento, e os páxaros xa apenas pían, solo as anduriñas se xuntan nalgún negrillo (por certo que xa caseque non hai), ou nas paredes de perpiaño da igrexa.

 Eran tempos de descanso despois das duras xornadas da seitura, a herva, a carrexa e as mallas. Xa case non se podia ir o Tuela, a zona de Casares a nadar, pois a auga xa servía para beber.

 Na casa do Caxera, fixose a subasta do “Barato”, que coma sempre so tivo un postor: O Tanasio.

 Para aqueles que no coñezan a cousa, diremos, que o “Barateiro” era o encargado de organizar o xogo das Chapas (Chaplas), que consistia en que un xogador collia dúas moedas, daquela eran de cobre, e tirabas o aire pondo-as previamente unha contra outra coa a mesma cara, e o reverso mirando para fora, cando caian o chan, evidentemente o azar determinaba a maneira como quedaban. Se as dúas quedaban coa mesma cara, para arriba, e nesta estaba a cara dalgún rei, deciase que eran caras e se quedaban as dua o reves,  deciase que eran cruces, nos dous casos, gañaba, no primeiro o tirador, e no segundo os apostadores. Estes eran xente que apostaba precisamente por eso, cruz. Se saia cara unha e cruz a outra o xogador volvia a tirar as moedas o aire.

 Este xogo, xa estaba prohibido, e era perseguido pola Guardia Civil, todo dependia do comandante do “puesto”, que fixera a vista gorda ou non.

 Chegou o dia da festa, que como sabedes é o dezaseis e dezasete de Setembro, e é o Sancibrao. Despois de asistir a misa, bailar a saida diante do forno d´arriba, e comer como se comia o dia da festa, con aroz dulce, flan e roscón no postre, empezaba o baile de novo.

 Nas airas das Pirlas, lugar donde hoxe está o que foi a escola, era donde normalmente se facia o baile. No cimo da aira contra a aira das Bichas, púñase o amigo Eliseo (Liseo), vendendo algún refresco e algunha copiña. O mais bonito daquelo era a exposición das mercancías: As cervexas e os refrescos estaban en caldeiros con auga fresca da fonte do Souto e os licores nas súas botellas metidas en cestos. O mellor para os rapaces eran unhas gaseosas que se facian en Lubián, bebias unha ou dúas, e acababas cunha panza coma a dun sapo implado.

 Co baile empezaba tamén o xogo, e aquel corro que se facia estaba constantemente abarrotado. Era tal a cousa que a xogar viñan xentes dos arredores.

 O barateiro, normalmente levavase o dez por cento do que se xogaba. De feito era o único que no perdia nunca.

 Nunha ocasión correuse a voz de que un xogador, que viñera de fóra, facia trampas. O parecer tiña unha moeda trucada con dúas caras, asi sempre que tiraba, ou ben sain caras, que era con que él gañaba, ou cara e cruz que le daba a oportunidade de tirar de novo, sen risco de ningunha clase.

 Nunha das xogadas un dos apostantes, que levaba bastante diñeiro perdido, e que se dou conta da trampa, ou o aviseron, estivo atentento e localizou a moeda trucada.

 Nunha das tiradas, que siron caras, cando o tirador ia recoller as moedas do chan e o diñeiro, o perxudicado púxolle un pé enriba a moeda trucada, e mandoulla coller a un dos que estaba mirando.

 Aquello foi Troia, pois o tramposo tentou liscar, a xente rodeuno e non poido, a todo esto, a Guardia Civil xa estaba avisada, e non sucedeu nada desagradable gracias a sua intervención, pois habia quen o queria colgar da pereira do fondo da aira da tia Fernanda.

 Creo que o tramposo foi collido en falta outra vez pola zona das Frieiras, e a malleira que le meteron parece que o retirou daquelas malas e boas artes.

 

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com in 18:47:36
Comments

2 Responses

  1. Anonymous says:

    Jejeje, qué tramposa é a xente… E qué recordos máis felices, ou eso parece.
    Bicos, tiu!! Masé

  2. Anonymous says:

    Daquela moita xente pensaba que podia ganar algo no xogo(creo que inda hoxe)e había quen facía da necesidade dos outros o seu negocio(coma hoxe). En realidade o asunto solo cambiou nos métodos.
    Bicos.

Leave a Reply