Saturday, June 20, 2009

¿QUE LOBOS SON MAIS PERIGOSOS?

 As aveiras levaban mais de dúas semanas baixando desde os cúmios dos louxados, e aquelo parecia que no ia ter fin. A invernia, collérale gusto ós lombeiros. Todo aquel tempo os grandes neboeiros estaban pousados, polo leste no Monte Muga, no norte nas serras de Lubián e Chaos  pola banda de Galicia no Marabón e polo sul, na serra da Escusaña. É esta unha serra bastante fachendosa, pous ten polo medio unha raia, supoño eu que para separase o pelo. Por unha banda peinan-a os do Zeive e Santa Cruz, e pola outra os de Hermisende e Sancibrao.

 Unha noite, deulle ó vento por transportar aqueles grandes nubeiros, quedou o ceo estreladiño, o que fixo que unha estupenda xeada se deitera sobre todo o Val dos Marcos. A mañanciña, o vento de novo trouxo outras néboas. Estas transportounas desde as serras de Lubián. Xunto cos nubeiros arratrou o vento o alento dos montes da Segundera, que viña alitósico da neve dos cumios dalí.

 Estivo todo o dia  nevando, con aqueles copos que os lugareños adoitábamos chamar farrapos, pois case que eran do tamaño dunha farrapeira. O medio dia deixou de circular o vento e as farrapas caian mansiñas, é eran de tal tamaño que o caeren sobre a neve xa acugulada facian piaxe.

 Naquela noite, o señor vento, volveu a levarse os nubeiros, e a xeada aposentouse de novo por todo o Val do Tuela. Na mañá seguinte os candiolos case que chegaban desde os louxados o chao.

 Naqueles dias o personal masculino so tiña o traballo de acomodar as bacas, e xogar a partida arredor da gran estufa o roxo vivo que o dono da cantina se encargaba de non deixar enfriar.

 Despous de cear é de escoitar “o parte”, o personal apoderouse das mesas, arredor da estufa e escomenceron as batallas de tute, brisca é dominó. Calquera que chegara alí sen coñecer o ambiente, abraiaba, pois os berros, mezclados cos golpes dos nodelos na mesa cada vez que algún mataba o trunfo dun contrario e os golpes das fichas do dominó, deixaban a calquera apampado.

 De súipeto abriuse a porta e entrou na cantina un home que levaba unha coroza de palla cuberta de neve, que non le deixaba ver a cara, é berrou desde a porta:

-         Os lobos materon o capador de Pentes, e estan-no comendo, arriba, no alto do facho..

 O alporizamento da xente foi grande, e caseque todos sairon para acercarse o lugar mencionado, co ánimo de traer o corpo do morto.

 Os que tiñan espingarda boteron mau dela, e os que non, levaban espalladeiras, sacholos e outras ferramentas, que en caso necesario servirian de armas.

 Solo quederon na tasca, os de mais idade e o “cantinero”, facendo cábalas sobre como seria ou non sería.

-         Non era doado que o capador se deixese acometer polos lobos, pois era un home finchado, e ademáis sabíase que sempre levaba un pistolón a cinta, aparte da garrota de buxo, cunhas canrranquiñas cerca da punteira, que tamén era de ferro aguzado-dixo un dos vellos.

 Nesto abriuse a porta da vella tasca, e bufando coma un becerro entrou o morto, cunha carraxe de mil pares de demos, blasfemando contra todo.Según dixo, despois, un dos presentes, no deixou sen nombrar ningún santo do ceo.

 Acercouse o mostrador e pediu unha cunca de auardente, a que  trasegou case sen respirar.

 Cuando colleu alento, e ante a cara de estupor dos parroquianos, díxolles:

-         Acaban de salvarme a vida tres lobos, fai cousa de unha hora. ¡Coño!, agora que me dou conta ¿Dónde carallo está a xente?

-         Foron buscar o teu cadavre, pois apareceu por aiqui unha espécie de pantasma, cuberta con unha coroza de palla, dicindo que te estaban a comer os lobos- dixo un dos vellos.

-         Ese era ó verdadeiro lobo.¡O cabrón!. Menos mal que ten mais medo que vergoña, senon seguramente agora estarian baixandome teso, os que foron a buscarme. Tentou roubarme, cando eu baixaba na fraga furada, atizoume na caluga cun pau, e pensando que estaba morto, escomenzou a buscar a miña carteira, cando apareceron tres lobos os que lle colleu medo e liscou. Un dos lobos acercouse a min e deume dúas lemetadas na cara, que me fixeron volver en min. Nunca sentin tanto agradecemento por un animal, que naquel momento.

-         ¿E non che fixeron nada?-preguntou alguén.

-         ¡Que va!, eles ian o seu, e supoño, que a lambetada foi para ver se era comestible, cousa que ó parecer non son.

-         Non vais buscar o que te quixo eivar?.

-         Non, que va!, coñezoo ben. É veciño.Xuro que ese cabrón non chega vivo a mañá. ¡Van comelo os lobos!

 Pasado un tempo comentouse moito pola zona das ventas de Erosa, a desaparición dun veciño dun daqueles pobos.

 Despois de moito tempo apareceron os zamancos o lado dos cuais habia unha coroza de palla.

 Os comentários sempre eran os mesmos: Cando pasaba desde a Esculqueira o Tameirón, un home foi comido polos lobos.

 ¡Pobres lobos!, como non se poden defender, pagan cousas que moitas veces fan-nas os lobos de dúas patas.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com in 18:04:48
Comments

2 Responses

  1. loro says:

    Outro bo conto, xabrés, e xa van non sei cantos. Noraboa.Este merece estar na túa escolma, cando a fagas. Mentres tanto, pederías deixarllo publicar ós de Galicia encantada, que teñen publicados algúns bos contos de lobos, entre eles o do encontro que tivo con eles o Xico Bernaldón, antes de incendiar a faceira da raia.. Tes o enlace no meu blogomillo

  2. Xabres says:

    Grazas Loro.Ti e mais eu sabemos que so escribo para min é os amigos,sen mais.
    Se o queren publicar os de Galicia encantada, poden o facer. Por min non hai problema.
    Nombrote meu axente literário. eso sí, creo que non vais gañar nada.
    Apertas.

Leave a Reply