CANDO FALLAN AS PREVISIONS
Eran tempos duros. Naqueles tempos a vida pola zona de Val dos Marcos tamén era dura. Comíase o pouco que producian aquelas duras terras. Ainda que a terra daba os seus froitos as veces abondosos, éramos demasiados para comelos.
As casas donde se vivia estaban moi lonxe das casas actuais.Eu ainda recordo casas co piso donde vivian os seus moradores, con separación etre as tablas de mais de un centímetro, menos mal que debaixo estaban os animáis que facian de calefación. Aquelo so tiña un problema, que no vrao os aromas que viñan da corte non eran os mais desexados.
Cando eu tiña arredor de vinte anos, na casa de meus pais, decidiuse “arreglar” a casa que fora do tiu Marcelino.
Daquela, seguramenta coma agora, os cartos non sobraban. Mellor diriamos que non os habia. Creo que nin os “ricos” da zona tiñan demasiados.
Porse a ampliar unha casa, era cousa de xente moi valente. Me pai decidiu “tirar” para adiante.
Contaba coa axuda inestimable do seu cuñado Manolo, e supoño que tamén coa miña, pois ainda que casi non sabía facer nada, tiña vontade e ganas de axudar.
Manolo non cobraba, pois tamén él queria facer outra casa, polo que andarian a tornaxeira. E eu como non podía ser menos tampouco, igual que meu pai, polo tanto á man de obra estaba arranxada. Outra cousa eran algúns dos materiais que facian falta, tales como a pedra e a madeira. As primeiras cortábamolas entre os tres e despois había que pedirlle o favor ós que tiñan vacas e carro para que nolas trouxeran.
Coa madeira sucedia casi o mesmo, mais con unha agravante que era, que, a madeira para facer as portas e fiestras, e o amadeirado do piso como o do louxado, debe estar seca. Esto quere decir que deberia levar cortada e serrada uns cantos anos, pois sé se traballa en verde despois o secar merma, e torce, polo que o traballo feito non serve para nada.
Para o piso fumos arranxando madeira, daiqui e dalí, aproveitando algunha da casa vella, é decir que para aquelo mais burdo alá fumos arreglando. Outra cousa era a madeira para facer as fiestras e as portas, así como os batentes das mesmas. Esta madeira deberia ser de castañeiro, e estar seca.
O amigo Elias do ti Constantino, cedeulle a meu pai unha torada dun castañeiro que levaba varios anos caida na Costa.
Estaba nun barranco do que non se podia sacar nada mais que xa transtormada en tablóns. Habia que cortarlle a parte das raices, pois o parecer o castañeiro fora arrancado polo vento.
Cortemolo co “tranzador”, cousa que nos dou un enorme traballo, pois no corte, esta ferramente apenas se movia para un lado e o outro uns centímetros.
Unha vez cortada, con moito esforzo puxemos a torada encima do burro, e dispuxemonos a serrala coa serra miñota.
Cando iamos a empezar meu pai todo contento díxome: Se está toda sana, daiquí sacamos madeira para todalas portas e casi todalas ventanas.
O primeiro fiu que le demos foi exactamente ó medio, coa idea de facela torada mais manexable. Na cabeza de meu pai xa estaban distribuidos, os marqueados, as cadeas e os entrepaños, é dicir que xa casi tiña arranxada toda a carpinteria da casa.
Empecemos a serrar, tamen con moito traballo, pois como era tan grande a torada, a serra apenas tiña percorrido.
O fin chegemos o final do corte, e decidimos baixar os dous cachos para volver a preparalos para novos cortes. Aiqui foi o problema; cando quedou o corte a nosa vista démonos conta que no medio, a torada estaba podrida, o suficiente para que solo se puderan aproveitar os casqueiros.
Nunca volvin ver unha cara de trsiteza tan grande como a que puxo o Pepe, e nun momento pensei que ia a porse a chorar. Faltoulle pouco. Creo que si os dous non choremos foi porque, polo menos, nunha hora non dixemos nin “pio”.
Valanos Deus. ¡Que tempos aqueles!
Pois sí, qué tempos. De ónde saquesteis a madeira o final?? Bicos, tiu!! Masé
¡cando volveremos a normalidade?