Thursday, July 9, 2009

CARTA ABERTA A MODESTIÑO

  ¡Consumatum est!

  Iva un tempo, querido primo, qué o que sucedeu o domingo estaba anunciado. Ben certo é que a parca chega cando lle peta é vai a quen lle parece. Mais as veces, nos damoslle demasiadas facilidades.

 Gustaríame decir que viviches como tí quixeches, mais analizando-o ben, creo que fuche unha especie de xoguete en mans da roda da vida. Tamén creo que eso pásanos a todos, pois o destino de cada quen fai o que le peta.

 Chegados a este punto, creo firmemente que non fuste nunca un agraciado da vida, e que ó paso por ela, salvo cousas que se me escapan, non foi para que le quederas agradecido.

 Traballaches toda a vida, sen rendemento material que te servira para estes últimos anos.

 No pobo agora todo o mundo te quere moito, creo que con razón, pois non coñezo a ninguén que mais axudera ós veciños cada vez que podia, e sempre sen nada a cambio, é, cun sorriso nos beizos sempre. Eu coñecinte traballando toda a vida, ben axudando a teu pai, en Suiza, nas obras, conducindo camions, sempre ou case sempre, marchandote sen cobrar, unhas veces e non podendo facelo outras, por culpa dos aproveitados. Pero bueno, xa chegados a este punto xa nada ten importancia. Supoño que quedarale o remordimento a aqueles que se aproveiteron de tí.

 Fíxate que xa se empeceron a aporveitar de ti cando naciste. A túa madriña decia que, como eras ruinciño morrerías pronto, e que así cando un neno chega o ceo, o primeiro que fai é pedir polos seus padriños.

 Bueno, amigo primo, espero que na outra vida todo te sea como ti queiras, se é que podemos escoller. Non sei.

 A partir de agora xa nada será igual en San  Ciprián. A min sempre me faltará aquel rapaz que fuches, é que sempre me chamaba “meu primo Balel”.

 Espero no esquecerme nunca de tí.

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 16:22:44
Comments

One Response to “CARTA ABERTA A MODESTIÑO”

  1. Loro says:

    Co Modestiño e co Marcelino empecei eu a desaniar. Aínda rapaz de poucos anos, recordo que me deixaban ir con eles, na tarde do día da nosa matanza (á que sempre viñan a botar unha man voluntariosa), para dar unha volta polo monte, por exemplo a queimar unhas uces, que daquela inda se podía. Sigo tendo na cabeza as súas cantarenas. Se o Marcelino daba bo tono como Antonio Molina, o Modestiño mesmo parecía Valderrama. Eu, a oír e calar, sentíndome seguro da man daqueles irmaos maiores. Entre rapaces, a de putear ós máis pequenos sempre foi unha tradición. No meu caso, eso nunca pasou nin co Modestiño nin co Marcelino. E non creo que fose pola diferencia de idade. Creo que era pola súa forma de ser, de dar a man e non o puño.
    Agardo que o Modestiño estea a xogar as cartas co seu padriño.

Leave a Reply