A VERDADEIRA MHISTÓRIA DUN “GALLEGO”. CAP-1 “A BOUZA”
……………..Os tempos verbais, as veces fan malas pasadas, de cando en vez o narrador trabucase e métese no medio como se él fose o actor, poda que sí poda que non.
Avisados de esto pode volver a pasar, o que escribe, lábase as mans, por si é o caso.
Fitabanse o furtivo e mais o tenente, se saber moi ben que facer cada cual. O furtivo, con paso firme e decidido cruzou por diante da autoridade, deulle as boas tarde, e coa decisión de non parar tirou pra diante acelerando un chisco o paso.
O trespor no rouso do Sagrado, escomenzou unha carreira que non parou hasta chegar a vella pallarega da Porteliña, donde escondeu o corpo do delito: espingarda e un estúpido pombo que se suicidou contra os chumbos do cartucho que él disparou.
Cando chegou a casa, estaban-o esperando unha parella de guardias que le preguntaban de donde viña.
Contestou que de ensinarle a un portugués por donde se iba pra Travanca. Cousa que non colou mais non tiñan nada mellor. Deixeronle o recado que mais tarde pasara pola casa do cabo.
Unha vez acabada a partida no café, decidiu pasar pola casa do cabo, non sen antes falar cos cazadores amigos, decindole o que pasera. Este decidiron acompañalo, esperando na rúa a que terminara a sua xuntanza coa autoridade.
O cabo non tragou, mais a cousa quedou en que él non fora o matador de pombos.
No mes de febreiro daquel ano tíñase que incorporar a famosa “mili”. Xusto o dia que tiña que marchar, amañeceu o dia cunha nevada que sobrepasaba a metade da perna.
Para levar o fardelo coa roupiña necesaria, o mellor a única, hsbia que levalo nunha burra os doce kilómetro que separaban a aldea da estación do ferrocarril.
O camiño tiña dúas partes ben diferenciadas: Unha polo monte, e a outra polo monte tamén eso sí cunha pequena pista chea de pedras soltas qeu facian que o monte fose mais desexado que a pista.
Despous de tres horas de camiño, chegueron a estación, o noso amigo, a burra e un tiu do noso amigo que tiña que volver a aldea e tanxer a burra tamén.
Despois de unha viaxe de case tres días, o tren deixouno e Jaca, no medio do Pirineo aragonés.
Primeiro problema; a estacion do tren estaba a un par de kilómetros da vila, e a nevada era considerable.
¡ A aventura militar empezaba ben!, tiña que baixar andando, cunha nevada hasta casi os xeonllos é nos pés uns zapatiños, que era masi probable que foran de cartó que de coiro. Cuando chegou o cuartel o que se tiña que incorporar, xa non habia xapatos. Coido que ni calcetins.
No patio do cuartel habia xa unha chea de rapaces na mesma situación, ali en filas, mirando uns para os outros e esperando acontecimentos.
Apareceu por alí un mozo uniformado, con galos, que alguén dixo que era cabo, e con voz autoritaria, despois de polos en tres filas, levounos a un barracón donde le foron entregando; un petate, un traxe de faena, un traxe de paseo, unha botas montañeras, e roupa interior, coa adveretencia de que aquela roupa era a que ian ter durante a súa permanencia naquele paraxes.
Dalí a unha ducha colectiva, con auga fria, que se agradecia nunha temperatura ambiente de un ou dous graos baixo cero.
O sair da ducha todo mundo vestido co uniforme de Infanteria, e unha vez que se vian todos uns os outros vestidos daquela guisa, escomenceron os cambios. Habia a que o pantalón le arrastraba, e a quen le daba polo medio da perna, so era cousa de combialo, igual que o resto da roupa. Coido que no único que no habia problema era nas botas: todas tiñan o mesmo número.
Esta viaxe e chegada, non tiña nada que envidiarle aquela outra, tamén desde a aldea, que levou o noso personaxe a Vila, donde o parecer eran todosmais listos e mais cultos.
A viaxe, despois de cambiar catro veces de transporte, para recorrer os cento e poucos kilómetros, primeiro en burro, despois en tren, mais tarde o autocar e por último nun coche mixto, hasta chegar, co colchón o lombo, sábanas e almofadas dentro do engrullo do colchón, e una maleta feita de carpinteiro, era digna de ser contado por Xullo Verne.
A pequena diferencia coa viaxe anterior, era que na porta do cuartel non habia un sarxento senon un home co hábito de fraile, maiscoa mesma ma “leche” que un sarxento o que non le fan caso os reclutas.
Eso si habia dúas cousas moi similares que se debian estudiar, nos dous sitios: Nhun a arte da guerra de guerrillas e aformación do espiritu nacional, e no outro o catecismo do pai Astete e a formación do espiritu nacional.
Nos dou sitios cantábase o cara o sol, montañas nevadas, e con flores a Maria. Coido que nos dos lugares, o bromuro era parte importante da dieta. Sobretodo notábase cando levabas uns cantos días comendo fora deles.
Outra das viaxes do noso heroi, foi aquela na que xunto a un veciño da terra das carqueixas, fixeron un día, comiñando pola serra da Gamoneda hasta as ventas da Ramalleira, en busca de semente de patatas. A idade do buscador de patatas, rodaría os oito anos, é o acmpañante rondaría os trinta.
Naquela viaxe descubriu que o mundo non se circunscribía so os montes que rodeaban tanto a aldea carqueixeira como a louxeira. ¡Tamén habia chairas grandes!, desde a portela do Padornelo albiscábanse as chairas da meseta castelá.
O chegar a baixada dos Poulos, xa cerca da portela, había unha pedra grande chantada na terra, cunha inscrpcións que él non entendia. O acompañante díxole :
¡ Acércate a pedra é pon a orella pegada, escoitarás on enxamio de abellas que hai dentro!
…………………………