Tuesday, November 3, 2009

VERDADEIRA MHISTÓRIA DUN “GALLEGO”

Habia que buscarse a vida. Na aldea, xa non habia para mais. Os eidos nos que se podia sementar, levar as vacas e as cabras, xa estaban copados, os veciños tiñan todo arrebuñado naquel miserento lugar. Os que viñan de novo xa non tiñan sitio hasta que os seus proxenitores morreran, e eso no ia pasar mañá.
A vida cotiá era monótona, reiterativa e sobremaneira aburrida para un rapaz de dezanove anos.
Tiña moita sorte, e él sabiao, pois non habia moita xente en bastantes kilómetros a redonda, que se pudera permitir o luxo de ir a estudiar fóra da aldea.
Parecia que tiña certa predisposición para aprender cousas, nas que se podian incluir tanto as ciencias como as letras.
Unha maestra convenceu os seus pais de que debia ir a estudiar a un bo colexio que habia nunha vila cercana, coa axuda duna beca.
A beca non era oficial, era a de unha protectora, aquelo que antes se chamaba unha mecenas. Era anónima e ahí queria seguir.
Foi ó famoso colexio, estudiou, compaxinando os seus estudios co servicio no comedor os seus compañeiros de internado. E decir foi “camarero”
Acabou os estudios medios, e escomenzou a plantexarse unha forma de vida distinta a que coñecia.
Intentouno de varias maneiras, mais sempre se atopaba coa mesma resposta. Non te podemos contratar mentras non teñas a “mili” feita. Formámoste e logo vaiste o exército unha tempada, e, cando acabes marchas a outro lugar.
Chegou a conclusión de que o mellor que tiña que facer era facer a “mili”, para despois poder empezar a andaina como “home”.
Alguén le dixo que todo o que fixera, que o fixera como se fose a cousa mais mportante da súa vida. As cousas hai que facelas ben, dixérale. Seguiu o consello o pé da letra.
No exército aprendeu a arte da guerra. É mais, aprendeu a arte da guerra de guerrillas. Incluso coñeceu a maneira de subsistir de maneira individual no caso de que as cousas foran moi mal. Defensa persoal, e como subsistir en ambientes totalmente adversos.
Quizais o único que non le ensinaron no exercito, foi a desconfiar dos seus conxéneres, que a “piori” eran amigos. E decir era un pobre creente nas persoas que non desconfiaba dos que decian ser seus amigos.
Cando saiu da “mili” escomenzou a bscarse un lugar no mundo. Nun mundo que non coñecia, pois pasar da aldea a un internado e de éste ó exercito, daba a impresión de que era o mesmo: seguia aprendendo cousas, ainda que foran destructivas. Desto último tivo consatancia moito mais mas tarde, pois daquela inculqueranlle que habia que defender a patria dun enimigo ó que xamais chegou a ver.
Marchou a grande cidade, a mais industrial, según decian, daquela.
Fixeronle o favor de darle traballo, eso sí a cambio do favor apenas le pagaban. Nos primeiros meses tña un deficit de carto, que rondaba un cuarto do seu salario.
Cambiou de choio, buscouse un donde le pagaban un xorne decente, e le permitia a mais de comer, poder pagar algún libro, e estudiar algo.Aquilo que aprendera na vila da súa terra deuse conta de que non valia para moito.
Foi cambiando de traballo no transcurso do tempo, sempre procurando mellorar, ainda que nalgunas veces, os erros perseguironno.
Despois de esta pequena introducción, seguiremos contando as aventuras e desventuras do noso amigo, o que le chamaremos “EL GALLEGO”.

CAPITULO I
A Bouza
Nas últimas mallas na casa decidirase facer unha nova bouza, para que o centeo, polomenos, chegara, ainda que fora de maneira xusta, hasta as novas mallas.
O patriarca, seguindo o consello da matriarca, escollera un cacho de monte, no que se a cousa ia ben podian colleitar un tercio mais de grao.
Ala iamos todolos dias da primaveira, a arrancar torgos a base aixadón. Aquelo prometía, pois os torgos estaban enterrados bastante ben nunha terra negra, con algo de granulado granítico que, según os vellos, era unha boa terra para o centeo.
O noso amigo, que ainda non sabía o nome que ia ter nesta história, aporveitaba o camiño de ida e volta a zona donde estaba derreigando para cazar algún que outro coello.
Tiña unha espingarda do dezaseis, indocumentada, que le vendera un guarda civiltamén afeccionado o deporte de Diana.
Naquel día, despois de derreigar durante nove ou dez horas, cando volvia para a casa, unha muller coa que se cruzou, avisouno de que os guardas estaban a buscar un cazador, é que seguramente era él, polo que debia ter coidado.
Dou un rodeo para entrar na aldea pola parte contraria da que se supuña que deberia volver. Meteuse nun souto de castañeiros, aproveitando os mesmos para non deixarse ver, hasta que xa solo estaba a douscento metros da pallarega na que queria deixar a espingarda e o coelliño que levaba.
Xusto o sair detras dun castañeiro daqueles milenarios, deuse de bruces co tenente da guardia civil. Fiqueron os dous tesos, mirando un para o outro se saber moi ben que facer, ningún deles……..

Posted by xabresdateixeira@mundo-r.com at 23:53:51
Comments

Leave a Reply