CARTA DE BALEL A XERIA
CARTA, I, O XERÍA
Querido Xería: Xa se fixo unha presada de tempo dende a última vegada que nos ollamos, e dende a derradeira e última vez non voltemos a falar.
Dende aquela, teño un feixe de caralladas, é non tan caralladas, que te contar; unha delas é que a informática, cousa caseque incipiente cando te fuches, correu coma a augua do Tuela, camiño do Atlantico. Evoluccionou moitísimo (moitismo, diría meu sogro), tanto que o teu afillado, fixo unha carreira relacionada co tema, e o máis grave; eu collinle un gustiño a escreber nun medio que nos proporcionou a davandita informática, chamado Internet no que seica pode chegar a leer todo o mundo; A ver se hai sorte e ti chegas a leelo.
Teño unha presada de cousas que contarte, máis ireino fecendo en sucesivos blogs(e como se chaman ahora, unha especie de cartas, que se mandan o ciberespacio,) xa che direi noutra que quere decir esta última palabra, ahora non teño un diccionario a man.
Como vai tanto tempo, as novas foronse acumulando e son demasiadas para contarchas de unha sola vez. Polo tanto, creo que vou a encetalas polo final, e decir, levandole a contraria o decorrer do tempo e o propio Cronos.
Neste mes de Santamariña, estivemos a meirande parte del, no noso pobo, o que ahora está incluido nunha comarca chamada Alta Sanabria, coma se nos non soupesemos que aquello é o Barrio de San Cibrao, e que dende vai tempo temos a idea de facelo Republica Independiente.
Foi un mes bastante anormal, no que a climatóloxia se refire, din que é cousa do cambio climático, que se o home con a sua irresponsabilidade está levando a terra a unha desfeita, que se o home fai ou deixa de facer, máis, entre nós , eu penso que en todo esto hai moita fachenda por parte da humanidade. Ä terra non lle van facer nada, ten medios para defenderse, incluso o de facer desaparecer a ese parásito que ten enriba chamado home.
Ben, voltando a nosa terra, quero decir aldea, direite que por alí as cousas cada vez van a menos.Xa debe ir para un cuarto de seculo que alí non nace ninguén. Dentro de pouco aquelo estará medio habitado no vrao, e no inverno será un pobo fantasma. Como dixo alguén: Os novos morren todos, e vellos non queda ningún.
O día 16 de Agosto, fumos a Lubián, o Justo, a Angela e mais eu, a berrar nunha manifestación para pedir mais medios senitarios e unha ambulancia para a Alta Sanabria(Lubian, Hermisende, Porto e Pías)
Foi xente das aldeas dos alrededores, non todos os que deberian, pero menos dá unha pedra.
Alí tamén estaba o noso amigo Horacio, que ahora anda metido na política. Estivemos falando da necesidade de que as autoridades nos fixeran caso, pois a poboación cada día é mais vella, pero as esperanzas de que boten unha man é escasa. Os politicos teñen outras cousas que facer e non poden perder o tempo en atender a xente, pois os vellos solo saben lamentarse e pedir o ouro e o mouro.
O asunto é, que , dali a sete días, despois de estar entrenando no toque da gaita, o Horacio, de repente tomou as de Villadiego, para o mesmo lugar donde estás ti.
Como ti xa levas un tempo por ahí, ó mellor podesle botar unha man neso da adaptación, e que non se senta demasiado despistado.Xa sabes que as veces estaba bárbaro para as perdices, e o mellor podedes dar unha volta tras delas.
Bueno rapaz, por hoxe creo que xa está ben, da recordos a familia que está por ahí, e nunha próxima misiva contareite mais cousas.
Un recordo agarimoso de teu irmán.
BALEL.


Un bico gordo. (Comment this)
Yo también me uno para mandarle un beso a Xería desde Madrid. (Comment this)
Me alegro de que volvas a escribir, que eu xa teño internet outra vez e xa podo leer todo esto ó día.
Bicos!!!
Masé (Comment this)
Los Próximo serán menos serios.
Besos. (Comment this)