11/09/2007

SANTA INOCENCIA

TEMPOS DE ZERRUNGOIS

Era unha tarde chuviosa como outra calquera, a choiva non era moita pero si a bretema, que non deixaba ver moito mais alo da punta dos pés.

Coma todolos anos por aquelas datas, os rapaces da aldea xogaban cos "ZERRUNGOIS".

Estes aparellos estaban feitos con cascas de castañeiro, que as sacaban de paus do tal arbore, hos homes da aldea, para facer as "latas" que se puñan nas parreiras para sostelas enriba dos postes.

A casca sacábase-le para que a madeira non apodrecera, co paso do tempo, da chuvia, das xeadas e do sol.

Este, que ahora está escribindo, daquela debia andar por os seis ou sete anos, e como daquela seu pai non tivo necesidade de facer ningunha lata, pois non tiña cascas con que facer o ZERRUNGÓN. Mais eso non era problema para un cativo con bastente imaxinación e recursos para facer o que queria nun momento calquera, e non iba ser de menos que os outros nenos, él teria a seu ZERRUNGON, pois para eso estaban alí os soutos de castañeiros, para eso seu pai era carpinteiro e tiña a machada que mellor cortaba de toda a comarca. Dito e feito, enganchou a machada e ¡veña! A buscar cascas. Teria as mellores pois non eran as que le sobraran a ninguen, eran buscadas apeto para tal cousa.

Gabeou por a lama que fixera a choiva nos prados de Trasil, e no Castro empezou a esculcar peanas dos castañeiros da zona. Tarea ardua pois os castañeiros eran moi grosos e con a casca rugosa, a maioria deles rondaban ou pasaban dos mil anos.(Por certo, ¡cuantas fames quitaron!). Un bon ZERRUNGON debe ser de casca lisiña, cousa que solo se daba nas arbores novas.

En vista de que en Trasil e no Castro, todos os castañeiros eran milenarios e polo tanto a pel tiñan moi rugosa cambio de rumbo.

Enton o inquilino do que estamos a falar colleu outra deriva, alá mais enriba, por debaixo de o Facho, nas vellas leiras de Rebordiño, habia castañeiros novos e coa casca lisiña, e alá que se foi machada en ristre.

Efectivamente, aquel souto de productores de castañas, estaba feito a medida para que se le sacara a casca para facer ZERRUNGOIS.

A tarea, ahora, consistia en escoller o mellor, pois non fixera toda aquela andaina, para non levarse a mellor casca que ia facer o mellor ZERRUNGON.

O ZERRUNGON, debia ter unhas medidas determinadas, aproximadamente unha cuarta de home de largo por cuatro dedos de ancho, non debia ser nin demasiado gordo nin demasiado delgado, e decir tiña que ter as medidas exactas, pois por algo saira da casa a buscala mellor materia prima con que facelo.

Atopou o castañeiro adecuado, tiña a casca lisa e xa debia ter un dedo de grosa. Meteu-le a machada e, ¡Valanos Deus!, saiu demasiado estreita. Bueno no hai problema o arbore era o suficientemente gordo xa como para non poderle sacar outro cacho. Veña mais casca, e mais do mesmo, asi tres veces seguidas. Por fin saiu de forma axeitada.

O castañeiro, quedou moi bonitiño, pois na zona donde le sacara o casca quedou brilante, e creo que bastante mellor do que estaba antes.

Xa era hora de voltar a casa, e poñerse a confecionar o xoguete.

Cando chegaba a casa estabame esperando miña nai Dolores, debaixo das parreiras da porta de miña tia Cecilia, e eu todo fachendoso camiñei hacia ela coa idea de ensinarle a miña xoia. Mais a vida da sorpresas de cando en vez, e nada maís acercarme a nai deume unha labazada, e un par de berros decindo que porque andaba a desgraciar castañeiros. Tentei decirle que eu non lle fiexera nada a ningún castañeiro, que solo le quitera a casca para facer un ZERRUNGON, e amoseile o cacho de casca que levaba na man. Outra labazada mais e maís berros chamandome asesino de castañeiros.

Non esperei por maís, boteime a correr e escondinme no Minoco, hasta que pasara a tormenta.

Estando ali, escondido, cavilei en como padia haberse enterado a miña nai de que eu le sacara a casca a un castañeiro, e sobor de todo, ¿por qué raios se poria así?.Eu estaba mollado e miña nai viase que nos saira da casa, pois ainda levaba postas as alpargatas. As nais teñen ollos que sempre ven o que fan os fillos. A miña creo que tiña poderes extrasensoriales, e columbraba todo o que eu facia.

Chegou a hora da merenda, e xa estaba na casa meu pai, que xa estaba informado de todo, e preguntoume polo ZERRUNGON, creo que con un chisquiño de sorna, e eu dixe-le que o cacho de casca que trouxera, xa estaba feito cinza pois a mamá meterao no lume. Meu pai soltou unha risotada e liscou da casa, mentras a miña nai o abroncaba por rirse en vez de rifarme e darme con a pucha.

Cando saia pola porta meu pai, dixo: a culpa non é do rapaz, ¡e de quen o viu e non o avisou de que ia a escarallar o castañeiro! ¡Hai demasiado c..........zo, solto e nembargantes van a misa todolos dias!

Non entendin moito todo aquello, pero quedei contento de que o Pepe non me fora a chepa.

Vintetantos anos mais tarde, miña nai, deume a solucion o problema, antes xa me enterera que non se le pode sacar a casca a ningún arbore, porque senon morre, (por certo aquel non morreu, e enriba era da familia) e desveloume o misterio de que cando cheguei xa sabia o que fixera : Un veciño da casa vira todo o acaecido, mais non dixo nada porque os castañeiros deporbaixo dos nosos eran del, si se secaba o noso mellor para él. E correu a decilo no fose a pensar meu pai que fora él.

A UN NENO HAI QUE AVISALO CANDO FAI ALGO MAL, SEGURO QUE O ENTENDE.

  • O veciño ahora ten vintedous anos mais ca min, xusto os mesmos que daquela.
  • Queda perdoado.
Posted by Xabrés da Teixeira at 14:05:21 | Permanent Link | Comments (4) |
Comentarios
1 - Cando botamos unha partida cun zerrungón??
Masé (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2007/09/12 - 14:07:14
2 - Hola, Masé.Os ZERRUNGOIS, non se bota partida, fanse cerrungar. Cando vaiamos a Val dos Marcos ensinareite a facer un e o mesmo tempo o castañeiro ferido.
Biquiños. (Comment this)

Escrito por: Xabres da Teixeira at 2007/09/12 - 22:29:55
3 - bueno, pois o que sexa. é que creo que nunca ouvira a palabra zerrungón, pero seguro que está divertido facer algún pra ver cómo é.
Moitos bicos. Masé (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2007/09/12 - 22:40:48
4 - Masé: seguro que non oiches nunca o palabro, pois inventeino a falta de algo mellor. No diccionarios non ven nada, e o do Val dos Marcos vou ter que facelo eu.
Bicos. (Comment this)

Escrito por: Xabres da Teixeira at 2007/09/13 - 15:10:14
Escribir comentario