CARTA II, Ó XERIA.
Hola Xeria, vaisme a chamar pesado por contactar contigo, de forma epistolar, (as outras maneiras deixamólas para ti e eu solos), pero como ti ben sabes por eiqui ainda andamos metidos dentro das formas e da materia, con as consecuencias correspondentes.
Vai pouco tempo, escribinte para decirte que o noso amigo Horacio, cambiara de estado para pasar a mesma forma a que ti estás xa habituado. Supoño que xa falariais algo.
Hoxe, tamén con un pouco de retraso, pois hai que deixar que as augas se soseguen, quero contarte tamén que outro amigo, parente e veciño inicióu a mesma andadura cara a donde ti estás.
Non sei se sabias que o noso Loy, estivo pelexando nos últimos tempos, cunha cousa chamada cancro, e que polo que le escoitei a algún galeno, parece que é un defecto de diseño dos humanos.
Bueno, o caso e que o Loy deixounos, precisamente o dia da festa da Virxen do Rosario. Quero pensar que esto foi un bon agoiro.
Como sempre que pasa unha cousa de estas, o mais fodido é para os que quedamos, pois por moito tempo que pase nunca acabamos de acostumarnos, a falla dos amigos.
Cando teñas a oportunidade de estar con él, prestale algo da túa xa longa experiencia, e dille que por o que queda eiqui que non se preocupe, pois entre todos seremos capaces de ir tirando, e axudarnos uns os outros.
Hagora que xa sodes por ahí un bon feixe, espero que de cando en vez, vos acordedes dos que ainda por eiqui andamos.
Espero que outro dia te poda contar outro tipo de novas.
Dale memorias o Loy e a todos os conocidos e xa nos veremos.
Un recordo grande.


Masé (Comment this)
Un abrazo (Comment this)