TEMPOS DE MALLAS
Era o último ida de mallas.
Por segundo ano consecutivo, tocoume "andar" coa máquina de mallar. O Xefe e mailo Manolo estaban a facer unha casa, e non era cousa de deixala a medias, pois podía entrar a invernía, e os moradores da mesma, poderian coller unha pulmonia, un forte resfriado, ou quen sabe un andacio gordo.
Eu xa estaba avezado no asunto das mallas, tiñamos un motor marca Lister, de cuatro tempos, admisión, comprensión, explosión i escape. Funcionaba con petroleo ou algo parecido, que se traia en vidons dende Hermisende, lugar donde o achegaba o Maragato, co seu camión, por unha pista infernal que habia entre Lubian e Lapelandia, e dende eiqui, cunha burra, ou un carro tirado por duas vacas, achegabase a capital de Val dos Marcos, Cando non facia de burro éste que suscribe, e achegaba un garrafón de un cántaro, cheo de petroleo para un día de choio. A máquina de mallar era unha da marca Ajuria, e o encragado de meterlle a palla era o meu amigo Silverio, do que xa se falou neste blog, e ainda se volcerá a falar.
Como decia, era o último dia das mallas da barriada de arriba, e tocaba mallar na aira da Ascoira, era a malla do "ti" Adolfo, gran personaxe, que nos enseñou a todos o que era un verdadeiro "gaucho" da pampa argentina, terra donde estivera casi toda a sua xuventude.
A máquina cambiaramola pola mañá, despois de mallar na aira da acancela; malláramos a meda do Pepe da Acancela e maila da Celia, grande amiga miña.(Xa falaremos dela noutro intre, era a muller con mellor memoria que eu conocin).
Cando eu baixaba, despois de comer, para empezar a mallar na Ascoira, por encima dos prados de Falgueiroá, vin trespor unhas vacas na portela de Rebordelo, e albisquei que con elas ia unha moza, que daquela, ela e mais eu tiñamos un bo rollo, como se dia agora.
A patir de eiqui, toda a miña maquinación, era como poderia facer para ir a axudarlle a gardar a vacas.
Cando cheguei a Ascoira, xa habia un fato de xente agardando que se puxera a traballar o personal para acabar pronto as mallas.
Eu seguia a maquinar na maneira de liscar de ali, pois aquela rapaza podia ter moito medo en Rebordelo sen que nadie a axudera.
Asentei o motor e maila máquina, e puxen-os a zerrungar, o Silverio encaramouse no alto da máquina e a malla empezou.
Acercouse a min o meu amigo Caxera, e dixome: vexote un pouco intranquilo, ¿qué che pasa?. Nada, dixen eu, so que eu tiña que estar noutro sitio, e non podo, hasta que acabe a malla.
Non tés ningún problema, dixo él, quedo eu o cargo. Ti fai o que teñas que facer, e non te preocupes. E a última malla e non creo que pase nada raro, se non está o maquinista. E se non para eso estou eu.
Coido que nin gracias lle dei. Lisquei escopeteado, cara a Rebordelo, evidentemente por un camiño que nun principio levaba a outro sitio, por si as moscas.
Ben, cheguei o lugar predeterminado, e tentei de que a moza non tivera medo.
Pero, todo nesta vida ten un pero, non contei con que perto de ali habia dous larpeiros do tabaco, un era meu hirman Xeria e o outro o seu amigo da ialma, o Candido. En canto me columbreron, so tardaron o que tarda unha mosca en prantarse no mel, en chegarse a min.
Como se foran unha parella da Garda Civil,, tomaron posesión do noso "habitat", un por un lado e outro polo outro, e coa ameaza de non liscar, nun momento no que quedemos solos, se non me decidia a darle un pitillo a cadanseu. Foi o primeiro contacto que tiven co soborno.
Deille un pitillo a cada un, e o asunto durou uns dez ou quince minutos. A cousa repetiuse tanta veces, xusto ate que o paquete de Celtas findou.
Entonces deixeron-nos tranquilos, mais daquela apareceo a pai da rapaza, e eu tive que abandonar o terreo, como era caseque a hora de voltar para a casa, e eu non queria, que aquel home maior me vira,
acerqueime ate donde estaban os dous queimadores de tabaco, pedindo axuda. Non hai problema, dixo un deles, imonos para o pueblo, ti montas na burra detrás de un de nós, e naide se vai fixar, se eres ti ou outra persoa, e o asunto concluido.
Cando xa chegabamos o pobo, eu saquei un cigarro e puxen-me a fumalo.
¡Coño!, non quederas sen tabaco.
Non, eu non son parvo, sabia que tentariais queimalo todo, e o outro paquete que levaba no peto non volo ensinei.
Soltei os catro últimos cigarros por aquel día.
¡Tempos aqueles, que os vellos chamaban dourados!.
Este proximo fin de semana haberá que ir as castañas, a Cova de Frade.


Masé (Comment this)
Algún dia con un poco de tiempo y ganas, allá, en Val dos Marcos, a ver si hacemos "lume no chao", en con castañas asadas, e un chisquiño de viño, hablamos de aquellas cosas, que ya son historia.
Un abrazo a los dos. (Comment this)