TEXTO DIVULGATIVO DOS CORTELLOS DE LOBOS NA BAIXA LIMIA
.
OS FOXOS DO LOBO
PATRIMONIO ETNOGRÁFICO
XURÉS-GERES
GALIZA/PORTUGAL
Transcribo:
SITUACION
Marco privilexiado, na raia Seca entre Galiza e Portugal, abranguindo as terras galegas do Val do Limia e as portuguesas de Miño e Tras-os-Montes. Os foxos concentranse nas serras que forman o Parque Internacional Geres-Xurés e arrededores, sendo a maior concentración de foxos do lobo do mundo. A desbordante riqueza etnografica e historica destas serras ven dada pola intensa humanización que sufriu desde a Prehistoria, onde os galaicos cultivaron a terra, recolectaron os froitos do bosque, cazaron e prazticaron unha extensiva gandeiria de montaña.
Os foxos da zona galega do parque non son os mellor conservados, ogallá que este triptico sexa o 1º paso para unha futura posta en valor e aproveitamento turístico dos mesmos, como reflexo da arquitectura monumental e inxenio medievais.
Para visitar as mellores mostras do fenomeno foxo en Portugal , cunha conservación espectacular,dirixidevos ao concello de Montalegre e visitade os foxos de Avelar, Parada de Fafiao, nun fermoso percorrido polo val do rio Cávado.
HISTORIA
Os antecedentes dos foxos atopamolos na prehistória, cando os cazadores abrian buracos no chan disimulados con polas e xestas para atrapar as presas. Estas técnicas perfeccionanse, e cara o século X aparecen referencias textuais de grandes foxos do lobo espallados polas serras. Monumentais obras nas que participa toda a aldea empapada de un elevado espirito comunitario.
A Batida do Lobo: Do mesmo xeito que para a construcción e mantemento do foxo; na batida corrida ou montaria medieval do lobo, participaba toda a aldea. Un representante de cada casa,obrigatoriamente tiña que participar na batida, dirixida polo Monteiro Maior, nomeado polo Señor das terras, e frecuentemente encabezada por clérigos. No despregue final, participan cabaleirias, cans e os veciños e veciñas provistos de latas, caldeiros, cornos e outros aparellos barullentos. Batendo o mato con aixadas e gadañas ata facer sair ás alimañas, con moito ruido e berros ian encamiñando a presa cara o foxo, onde agardaba varios homes por riba dos muros. Abatido o lobo, armábase unha gran parafernalia de trasladoque remataba nunha festa con gaitas, baile e comida. O animal expuñase varios días na aira da aldea e ás veces mesmo se lle facia un xuizo.
Fenómeno Lobo; O lobo, converteuse desde o Neolitico, no maximo competidor da especie humana e polo tanto no seu maior inimigo; asi se perseguiu, humillou, maltratou sen ningún tipo de clemencia. Séculos enteiros de lendas, contos, persecucións, morte e veleno, contemplan a unha das criaturas mais miticas da historia da humanidad.
Antes do cristianismo, o lobo tivo a categoria de Deus en moitas culturas europeas, e na Galiza venerouse á Reiña Lupa. Na Idade Media, o lobo, adquiriu condicións máxicas e sobrenaturais, e asociouse ao demo e a bruxeria, todo alimentado pola presenza dun ser maléfico e ruin chamado Lobishome, que incrementou a sua demonización. Hoxe as poboacions lobunas retroceden, pero ainda seguen provocando certo arrepio nos corpos dos campesiños da Galiza rural.
OS FOXOS
Son os vestixios arqueo-etnográficos que as sociedades rurais agro-pastorís idearon para cazar lobos. Parece producirse a partir do ano 900 a eclosión aequitectónica do fenomeno, como reflicten os documentos dos mosteiros. Os principais tipos de foxo son: simple, de cabrita e de converxencia. O 1º é o mais universal e antigo, consiste nun buraco no chan disimulado con polas e xestas. Os outros dous, mais inxeniosos, son exclusivos do Noroeste Peninsular, non aparecendo referencias orais nin escritas deles en ningunha outra rexión do mundo.
Foxo de Converxemcia: Está formado por longos muros de pedra irregular disposta linealmente en seco. As paredes, que abranguen as dúas vertentes dunha vagoada, vanse estreitando regularmente ladeira a baixo, tipo funil, para rematar nun pasadizo estreito que desemboca nunha construcción circular de reducido diametro (4 m.) e fondo variabel cunha pequena porta para retirar á victima. A lonxitude das paredes, varia desde 200 m. Até máis de 1000. O máis grande do mundo coñecido atópase na Serra do Soajo (Arcos de Valdevez-Portugal), e mide máis de dous kilómetros. Äs veces, na entrada dos foxos aparecen pequenos muros circulares, chamados esperas, onde se agochaban os cazadores.
Foxo Circular ou de Cabritilla: Construcción circular pétrea, de aparello irregular, coroada con lousas planas sobresaindo cara ao interior, chamadas capeas. A altura das paredes sobrepasa os dous metros e o diametro dos foxos oscila entre 30 e 60 metros. No interior colocábase unha cabra como reclamo para o lobo, que atraido polos berros caia na trampa. A mañá era axusticiado polos veciños da aldea máis cercana.
.
Texto : David Pérez López
Edita: Asocioación Cultural Carballos da Sementeira


Xa vin que nalgún dos teus pequenos relatos tentas reflexar a fala da Teixeira e me alegro moitísimo, e tamén de que alguén da zona teña un blog como o teu!
Un saudo,
www.freewebs.com/barjacoba (Comment this)
Teño pendente unha viaxe a Barxacova, pois faláronme de unhas covas pola zona. ¿Poderian ser restos de minas romanas?. A ver si cando chege a primaveira-Veran, nos achegamos po ahi e por Pias e Porto.
Unha aperta. (Comment this)
Outra aperta, e ánimo coa páxina! (Comment this)
De novo, benvida, gracias polo teu interese neste blog, que solo tenta deixar constancia dos nomes e das costumes da nosa zona.
A ver si no vrao, teño tempo de acercarme a zona de Pias e Porto, a buscar pedras, e se pode ser algunha lenda local.
Ando bastante liado con uns caastros do axuntamento da Mezquita, e de Hermisende, e tamén coa mesma leria na zona de Tras os Montes,Parque de Montezinho, pero faremos tempo para acercarnos por alí.
E bastante animos atopar que alguen da zona, tamen se interesa por ela e por a fala.
De todolos xeitos, tamen hai que tentar falar do Leonés, pois creo que no único sitio que inda se fala en nun pobo de o pe do Lago, en San Cirpian de Sanabria.
Se te enteras de cousa e mas queres contar serán ben recibidas.
Unha aperta. (Comment this)