COUSAS MIÑAS
A REENCARNACIÓN DAS ÁNIMAS
(DE CÓMO se reencarnaban e comian no sagrado)
As igrexas católicas, romanas e apostólicas, refirome ós edificios das mesmas, estan todas orientadas da misma forma.
Todas as naves, ou casque todas son alongadas, nunha punta está a espadaña ou torre no caso de que seña así, e na outra o Altar Maior, orientados de tal xeito, que o altar está no Leste e o campanario na outra punta, ou sexa no Oeste. Queda polo tanto unha parte do sagrado(ésta é a parte donde se enterraban os mortos) orientada o sul e a orientada o norte quedaba valeira, solo servia para enterrar os que no eran católicos, ou os nenos que morrian sen bautizar.
A igrexa da capital de Val dos Marcos, non é unha excepción.
Na parte orientada o norte, ou sexa, a zona dos impios, usábamo-la no vrao, meu amigo Eloy e mais eu, para descansar ó fresco, e tamen axexar os movimentos das damas merescentes.
Na parte oeste do sagrado, hái unha sepultura donde se decía que había un corpo incorrupto. Podia, según as vellas do lugar, ser o cadaver dun santo. O personaxe enterrado no tal lugar, xa dera mostras da sua santidade antes de nacer. Según a nai e algunha muller mais, estando na barriga sete semanas antes de nacer faloulle a nai desde a barriga, decindole o dia que ia nacer. Naceu setemesino, e era o hirman número sete.
Cando naceu, deciase que as campas soaran, sete veces.
O cumplir as cuarenta e nove semanas, rañoule un calcaño a unha sua irmá, mentras esta dormia, a cual non chorou, nin sentiu dor, o que foi tomado como outra sinal de santidade. Eso sí a hirmá ficou coxa para os restos.
A finales da primaveira do ano mil novecentos sesenta, ano no que se correra a voz de que se iba a acbar o mundo, no sagrado de a Capital de Val dos Marcos, empeceron a pasar cousas un pouco extrañas. Todas as semanas, durante un ou dous dias, na lápida do rapaz do corpo incorrupto, aparecian restos de aves, mellor dito, aparecian as plumas de paxaros, e algo de sangue.
A noticia inzou na xente, do mesmo xeito que o lume o fai nai leira de centeo dun pobre.
Aquelo debia de ser algun sinal do santo. Seguramente para que le fixeran unha capela ou algo asi, según a única hirmá que eu conocí.
O asunto complicouse cando alguns dias, o empardecer, escomenceron a oirse lamentos, no sagrado. A partir de eiqui, unha vez que se encerraba a res, polos arredores do sagrado xa non se atrevia a camiñar ninguén. E como os laios eran diferentes, chegouse a conclusión, de que eran mais de un ou de dous, e que seguramente os restos de paxaros, era porque as ánimas de algúns mortos, saian a darse un banquete cos mesmos.
Tamén aconteceu que a gatiña da tia Maria Rosa, miña tia, deixou practicamente de comer, e desaparecia da casa todas as tardes e non voltaba, hasta un par de horas mais tarde de escoitarse os laios no sagrado.
Esta sinal, xa era mais complicada, pois de todo o mundo é conocida a relación dos felinos con o inframundo.
Estaba claro que as ánimas que saian, de algún xeito facian uso da “gatiña”, para o que estiveran artellando. Seguro que a usaban de “medium”
Cando a gata da tia Fernanda e a da tia Aurora, escomenceron a facer o mesmo, o asunto xa se puxo, para a xente do lugar, moito mais serio. Aquelo xa non podia ser cousa, do santo. O mais seguro era, que polo medio, andaban bruxas, os laios saian das ánimas en pena.
Habia que facer unha misa, e unha procesión para purificar o sagrado, e rezar por todas as almiñas en pena para que fosen o lugar que les corresponderia, no outro mundo.
Díxose a misa, fíxose a procesión , houbo rogativas, chamamentos a caseque todoslos mortos do sagrado, coñas por parte de uns e arrepios por parte de outros, choros das vellas, en fin, caseque naide creia no lío, pero a naide , cando se facía de noite, le chegaba a roupa o corpo.
Pasaron unhas dúas semanas, e unha tarde antes de empardecer, mais xa entre lusco e fusco, viñamos de Trasil, o Eloy o César e mais eu, cando, albisquemos na beiriña do louxado da igrexa, a “gatiña”, agochadiña, como se fora a coller un ratiño. De repente pegou un chimpo no aire e caeu no sagrado, cun vencello nas garras. Caera ó ladiño da lápida do presuto santo, e sin pensalo púxose a limpalo de plumas e a comer nel.
No minuto seguinte apareceron rápidamente tres gatos mais, e xa armou a liorta dos berros e laios; pois o parecer todos se sentian con dereito de comer no vencello.
Naquel mesmo intre, vimos como as anímas en pena subian pola torres arriba, saltando as gallas do castañeiro de Trasil, e de alí o Ceo.
Xuro polo canciño do San Roque, que é certo. E como decia alguen, senon creedes esta non vos conto outra.

mola, agora xa non se ouven historias de medo que traumaticen a tanta xente á vez. Vaia panda de acojonados...
Bicos, Masé (Comment this)
Masé cando estemos na capital de Val dos Marcos, enseñareite a sepultura do santo. E si tes,digamos, óvulos gordos, desenterramo-lo e facemosle as beiras.
Un bico para ambos i dois. (Comment this)