28/02/2008

CASINO EN VAL DOS MARCOS

¡HAI MANEIRAS DE OLVIDAR!

 Eu non sei se o saberedes. Por se non é o caso vouvo-lo  contar.
 Na capital de Val dos Marcos, en tempos pasados, habia un gran casino, con todas as cousas que teñen os casinos. Ruletas, barallas, dominós e demais caralladas propias destes lugares. Dicese que tamen habia unha especie de lupanar a tempo parcial, pois o asunto dependia das épocas do ano. Tentarei de explicalo, tal como mo dixeron a min aqueles homes vellos, xa enterrados.
 Como na república de Val dos Marcos non habia diñeiro acuñado, e como a maneira de intercambio era o troco, todo aquel asunto estaba sometido as leis do mercado. O personal ia o casino cando habia patacas, millo, centeo, castañas ou noces.
 Partindo da base de que según o ano e a calidade e cantidade do recolectado, o valor dos productos oscilaba de unhas veces para as outras.
 Cando a ocasión era dada, era unha gozada ver, como os homes do lugar se acercaban o sitio de perdición, cada un coa sua cestiña chea dalgún daqueles productos que consideraba mais axeitado o uso que le iba dar.
 O mais rechamante era cando os homes ian a atoparse coas meretrices, pois habia un par delas que solo facian favores a cambio de un pernil, e éste non era doado de agachar. Era abraiante velos escondendose por entre os castañeiros, facendose o parvo cando atopaban alguen, no seu camiño. Os rapaces como xa sabian das mañas do persoal sempre estaban apostados nos lugares e as horas mais inoportunas, para os maiores.
 O famoso casino estaba regentado por un conde, que en tempos fora o dono de caseque todo o lugar, vido a menos.
 O tal conde vivia nuha casoupa aledaña a o casino, xunto coa señora condesa e unha criada.
 Un dia chegou, él, o casino, e fora do seu costume, sentouse a carón de unha mesa, nunha cadeira  posta na parte direita da mesma, co codávo esquerdo apoiado nun borde, as pernas estiradas e cruzadas unha sobre outra, de xeito que dende a frente mirabanse-le uns grandes buracos na sola dos zocos polos que se via que non levava carpins, pois vianse os pes con unhas boas amatas.
 Enton chamou por o mozo da sala, que aquel dia coincidia con un rapaz novo, e pediulle unha botella de Champagne francés e mais una de gaseosa das feitas en Lubián.
 Como o que estaba a suceder non era normal ni habitual, un home que tiña unha certa confianza co conde acercousele e preguntulle o porqué da situación e o motivo de que estivera choromingando. Entoces o conde contoulle a suas cuitas decindo que a súa muller e mais a criada o abandonaran.Lisqueran por un par de pernis e un saco de castañas. Por eso afogaba a suas penas con champagne en recordo da señora condesa e con gaseosa en recordo da criada.
 Aquel día foi o último en que o viron, e o gran negocio do casino pechou.
Posted by Xabrés da Teixeira at 09:35:59 | Permanent Link | Comments (5) |
Comentarios
profile
1 - O de afogar as penas en alcol, xa o tiña escoitado moitas veces, pero o da gaseosa... non me quero nin imaxinar que pasa si mezclas as dúas bebidas, con tanta burbulla.
Moi boa a historia, si señor.
Bicos. (Comment this)

Escrito por: Heitor at 2008/02/28 - 13:55:35
2 - ¿Queda algún resto arqueológico de ese casino?. (Comment this)

Escrito por: Otro de Sanci at 2008/02/29 - 18:53:42
3 - As gaseosas de Lubián, eranche así de fortes, teremos que preguntarle a Xusto.
Os restos arqueoloxicos, foron desaparecendo co tempo a forza de irse levando recordos, quedou o oco valeiro.
De todolos xeitos é mellor que non preguntes a xente do lugar, por mor de unha boa sáude. (Comment this)

Escrito por: Xabres da Teixeira at 2008/02/29 - 19:37:48
4 - Que marabilla de lenda meu tiu!!!! me parece que non ouvira nada sobre o casino, por lo menos non me lembro de nada. Sempre disfruto muto lendo o que escribes, pero cuando escribes en galego trasmites de outra maneira, gustame máis..teis carisma meu tiu, si señor, e encima escribes xenial.
Nada máis, quedei coa boca aberta, muda, e iso non é sinxelo...Inpresionante!!!
Bicos meu tiu!!
Nane Nane (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/02/29 - 19:55:22
5 - Moito obrigado, pola louvanza.
Pareceme que te cega un chisquiño o carño de sobriña.
De todolos xeitos, graciñas.
O do casino non te o tomes ó pe da letra, solo estaba nas mentes dos vellos que volteron de Cuba.
Biquiños. (Comment this)

Escrito por: Xabres da Teixeira at 2008/02/29 - 21:45:24
Escribir comentario