CUANDO RONDAN OS LOBOS
UN DIA EN VALDECABRITOS.-
Empezaban as mallas.
Ibamos coas vacas para Valdecabritos. Na miña casa non tíñamos vacas (éramos canameiros), pero a Severina convencerame a min de que ir coas vacas era a cousa mais bonita do mundo. Tamén convenceu os meus pais, creo que a mais convencida foi ela cuando meu pai lle dixo que conmigo como vaqueiro as vacas engordarian. Cousa que así foi. Eu deixaba-as andar por donde elas querian.
Determinéramos, que a primeira noite quedaríamos a dormir no monte, Silverio do que xa teño falado, Ventura, Vidal e mais eu. Tamén quedou connosco o Morito, un can que tiña Ventura.
O dia que fúmos, non podia empezar mellor. Eu tiña que levar, aparte das vacas do "ti" Elias, as do Pepe de Acancela. O mais importante de levar éstas vacas, era que tamen iba a levar a egua que tiña, e montar todo o camiño naquel animal non era cousa de todolos dias.
O camiño foi tranquilo hasta chegar os prados, sempre montado na egua. Hay que decir que iba montado a pelo, e de bridas levaba unha corda o pescozo da besta.
Cuando cheguémos os prados, xa facía un calor de carallo, había mosquitos dándole a tabarra os animáis, e a miña cabalería non era unha excepción.
Unha vez pasado o rigueiro, a egua sen apercibirse de que eu iba encima, lanzouse o galope tendido dereitiña a uns piornos muy altos que había a carón do escambrón. Cuando chegou a matugueira filtrouse por ela para espantar os tabaos, e o primeiro que se quitou de encima foi a min, que quedei barrido polos primeiros piornos.
O porrazo no chao non foi moi exagerado, solo quedei embazacado durante tres ou catro minutos.
Unha vez que xa as vacas estaban todas nos prados, o seguinte paso foi facer a preseira para poder nadar nela unha vez que acumulara algo de auga.
Estabamos en plena construción da bancia para acumula-la auga, cuando chegou o Juanito.
Cuando viu que xa caseque tiñamos a charca medio chea, desde o principio dos prados, a todo correr, foi deixando esparexidas todas as prendas de roupa que levaba postas. O chegar a charca, fixo o salto do ángel, e entrou de cabeza picada na auga.
O problema foi que non había mais de cuatro dedos de auga, e antes de erguerse, xa estaba todo o regacho cheo de sangue.
Oubo que reanimalo e poñerle panos nas feridas da cabeza, para que non perdera todo o sangue.
O resto do día pasou sin pena nin gloria, e o empardecer, os que íbamos a quedar a dormir, cortémos xestas, para facer unha especie de cama no castro de entrada a os prados, donde iamos dormir aquela noite.
Os demais vaqueiros voltaron para o pueblo e alí quedémos os catro penitentes.
Fíxose de noite, e deitémonos no camastro que tíñamos preparado. A media noite a lúa desapareceu e fixose una oscuridade caseque total.
De sútaque, o Morito escomenzou a ladrar coma un tolo, e a meterse no medio do camastro, asustado e con un medo terrible, que non tardou moito en traspasrnos a todos.
Entonces ó trasluz, a uns cincuenta metros de donde estabamos, o amigo Silverio viu o lobo.
En voz baixiña dixonos donde estaba. Efectivamente o fin vímolo todos. Estaba alí coas orellas fiscas e non parecia que o can o asustara, nin os berros que nos le dábamos.
Durante toda a noite a fera do lobo, non se moveo do sitio, o can non deixou de ladrar, e nos de darle berros.
Pola mañanciña cuando o día escomenzou a arraiar, ningún de nos se atrevía a asir do camastro, pois a fera seguía alí.
Cuando xa caseque que se via, o lobo ergueuse e ante a nosa sorpresa estirouse tanto que se convertiu nuha bonita burra, que durante toda a noite estivera alí deitada e espantando as moscas coas orellas.


Bicos, tiu. Masé
Por certo, eu apúntome o do queixo, eh? (Comment this)
Seguro que a burra estaba máis asustada que vós!!
Dende logo, o que fai o medo!!
Inda rin un ratiño coa historia paíño.
Bicos
Pala (Comment this)
Boisima historia!!!
Bicos meu tiu!!!
Nane Nane (Comment this)
Este que escribe tiña 11 anos, por eso despois de tanto tempo inda non me olvidei do asunto.Cando un é pequeno
e empeza a descubrir cousas desconocidas, e´unha maravilla.
Besos. (Comment this)