01/04/2008

O. O. FER..MO..SO, NON HAI QUE ESCARALLALO.

LUGARES DE MARAVILLA.

Aqueles catro amigos ian todaslas tardes, o solpor, a sentarse no valado da eira a mirar aquela maravilla que se divisaba abaixo, na beira do rio, e que nunca se cansaban de ver.

Sempre o sair da escola, cos libros e a pizarra debaixo do brazo, chegaban a aira do forno de abaixo, e sentados na parede, cos pés colgando, caseque enriba das berzas do horto, facian sempre o mesmo ritual.

Miraban para a Veiguiña, vian aquela marabilla de lugar, cos seus amieiros os lados do rio, os castañeiros milenarios, os dous muiños, o da Veiguiña, e o do Medo no outro lado, o sotobosque e os fermosísimos acivros, afreixos e guindeiras.

Aquello era digno de ver, sobre todo, a finais da primaveira e inicio do vrao.

Sempre comentaban, que se algunha vez algún carallán o estropeaba merecia que o afogeran no mesmo rio.

Cousa que sempre acababa o mesmo, pois o Cristino, sempre decia o mesmo, con a súa fala tatexa :” dedede…so, en..car..gome eeeu.”

Paseron os anos, e cada quen buscouse a vida fóra da aldea, pois nela so quedaba o ir quitando a fame,e non todolos días.

O único que ficou nela foi o amigo Cristino. Como tiña un pouco de retraso mental, e quedara orfo de noviño, estivo obligado a ser criado de quen o quixera contratar, caseque sempre por unha mantenza xinxela, e un paquetinho de tabaco cada certo tempo. Pasaba mais tempo pedindo tabaco que sacando algo do bolso, e se o facia, o tabaco case sempre ia misturado con furgallas de pan. As veces so de follas de urz.

O tempo pasou, moderniceronse moitas cousas, agas na aldea, e o amigo Cristino, que seguia coma sempre. So variara que tiña mais anos, cada vez estaba mais flaco, pero a sua caluga envolta na gorra bilbaína, seguia a ser a da aquel rapaciño de doce ou trece anos.

Nun vrao, despois de que xa fixeran a estrada até o lugar, volteron o Gervasio, e o Xeremías. Despois de caseque vinte anos fora da aldea volveronse a xuntar co seu amigo Cristino. A Ledicia foi grande, conteronse cousas, fumaron dun tabaco que traia o Xeremias de Andorra, que viña nuns paquetes apretadiños cun peso de media libra, e cun papel especial para liar o tabaco. O amigo Cristino ficou abraiado con aquel tabaco.

O Xeremias regaloulle tres ou catro paquetes e o Gervasio unhas caixas de habanos.

Decidiron ir a sentarse o seu lugar preferido de cando eran cativos.

Cando chegueron a parede, tanto o Gervasio como o Xeremias, quederon abraiados:

Na Veiguiña, construiran unha casona, con o seu xardin, e piscina, na mesma beiriña do rio, cortaran os Castañeiros e todolos acevros, fixeran unha explanación, e a beleza que eles recordaban estaba no carallo. Miraron para Crsitino, que encollendose de hombros dixo: é a ca.ca..sa do Idácio. El tamen le gustaba moito o..o. si..si..tio. E rico e est…ta en Ma…ma…drid.

¡Carallo!, - dixo Xeremias – sempre foi un cabrón, pero nunca maxinei que faria tal cousa. ¿Mira que meterse no medio, do bonito!. Ahora escarallouno!.

¡Habia que afogalo no riu- dixo Gervasio- por bruto!.

De.de.de…so, en. Car.go..me eu!- Dixo Crsitino.

Todos riron, e despois de beber unha cervexa, marchou cada un para a súa casa.

O seguinte dia habia un forte rebumbio no pueblo, O Idacio aparecera afogado no pozo de Casares, e o Cristino aforcado, colgado dunha corda nun castañeiro da Serra Garrida.

Posted by Xabrés da Teixeira at 22:22:18 | Permanent Link | Comments (9) |
Comentarios
profile
1 - Uau, ésta historia recórdame á forma de escribir e o aroma de Wenceslao Fernández Flórez en "El bosque animado" ou de Delibes en "Los santos inocentes". Unha mezcla de sabor a antes e nostalxia que moitos quererían conseguir escribindo.
Das mellores que lin no blog sen ningunha dúbida.
Un bico. (Comment this)

Escrito por: Heitor at 2008/04/02 - 09:14:23
2 - Gracias querido colega, que me compares con Delibes, para min e un orgullo, pois sabes que o considero o mellor escritor e casteán. Fernandez Florez tamen era moi bo. Esto non quere decir que eu me compare con eles nin moito menos.Detodolos xeitos, sube a moral.
En realidade eu queria ridiculizar a aqueles que cando localizan unha paisaxe bonita, tanto a queren para eles, que se meten no medio, e escarallanna.
Un abrazo. (Comment this)

Escrito por: xabres da teixeira at 2008/04/02 - 11:22:26
3 - Estou conforme coa comparación do meu primo, ainda que a min recordame este relato os de Edgar Alan Poe, ten ese punto de ruptura, brusquedad cruel misturada con ternura....Son lembranzas ou cambistele o nome os verdadeiros protagonistas? Sexa como sexa, a ridiculización da xente que estropea "o bonito" está logradisima..Segdo estaba lendo,estabame imaxinando a min e os meus amigos (Elena, Paula, María, Masé, Martiña, Héctor e Hugo) sentados en cadavais, mirando para o ceo porque vai ser o único bonito que podamos ver en Val dos Marcos dentro de uns anos, xa que miremos para onde miremos so haberá "Gigantes" coma decía aquel personaxe tan ilustre creado por Don Miguel de Cervantes.....
Mil Bicos meu tiu!!
Nane Nane (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/04/02 - 14:15:16
4 - A verdai é que quedouche moi ben a historia... A mín tamén me encanta Delibes, e sí que se da un aire a historia, jeje.
Bicos, Masé (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/04/02 - 14:46:50
5 - Olá.
Pois a verdade é que si que hai cafres por aí, pero hai que pensar que moitas veces non saben que están facendo mal, penso eu. De todos xeitos xa dices que fora o rico do pueblo... e eses sempre tiveron outra forma.
Quería felicitarte tamén, porque cando estaba lendo, estaba imaxinando a escena, a paisaxe que describías... como me pasou co "Bosque animado" (de Delibes non podo opinar tanto, recoñézoo), e tamén comparto con Nane Nane a forma que lle deches ós personaxes....
cada vez mellor.
Graciñas
Bicos
Pala (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/04/02 - 14:48:04
6 - Olá.
Pois a verdade é que si que hai cafres por aí, pero hai que pensar que moitas veces non saben que están facendo mal, penso eu. De todos xeitos xa dices que fora o rico do pueblo... e eses sempre tiveron outra forma.
Quería felicitarte tamén, porque cando estaba lendo, estaba imaxinando a escena, a paisaxe que describías... como me pasou co "Bosque animado" (de Delibes non podo opinar tanto, recoñézoo), e tamén comparto con Nane Nane a forma que lle deches ós personaxes....
cada vez mellor.
Graciñas
Bicos
Pala (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/04/02 - 14:48:24
7 - Eiii!, queridas admiradoras. Moito obrigado polas suas louvanzas. Somentes foi unha ocurrencia. Pero haiche xente patoo.
Bicos- (Comment this)

Escrito por: xabres da teixeira at 2008/04/02 - 22:47:40
8 - Pouco bonito vay quedando,sí.A historia impresiona.Pintas imagenes muy nitidas,que pra mín e o mais difícil.Esta e un dos contos que te leí que mais me gustou.Abrazos.
Fernando. (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/04/12 - 20:22:10
9 - Heiii.., Fenando, algrome moito leerte por eiqui.
Fai uns dias dixeronme que andabas polo sul.
¿Como le vai a don José?
A ver i nos vemos en Val dos Marcos.
Un abrazo. (Comment this)

Escrito por: xabres da teixeira at 2008/04/13 - 15:13:59
Escribir comentario