OTRO PERSONAXE DE VAL DOS MARCOS, ESTE LAPELO-
Debía ser o primeiro día do inverno. Polo menos parecía-o
O amigo Carliños, o único que tiña claro era, que cando se foi a cama inda estaba en Outubro.
Cando se fora a cama, despois de estar axudando a un veciño a recoller unhas mazás, durante caseque todo o día, facia un tempo caralludo, e ninguén barruntaba unha nevada naqueles días.
Xa paseran as mallas, xa se acabara a sementeira, e os seus servicios como xornaleiro fixo-temporal-discontinuo, a tempo parcial, sen seguridade social,lixeiramente desleixado, xa non lle facian falta a naide.
Os días donde él mismo se animaba con a súa famosa frase de :”Veilo Carlos, Veilo. O Carliños non traballa. O Carliños durme”, mentras traballaba ate desleixarse, xa ficaban atrás. Desde Maio ate o Setembro, o amigo Carliños estaba mois solicitado.
Era man de obra barata. Dandole de comer, e unha pinguiña de viño, xa chegaba, e así até o seguinte día. Vover a traballar como un borrico para comer, cerca dos donos, e non esperar nada mais da vida. Que seguira o bon tempo, para seguir traballando e seguir comendo caseque de quente cada dia.
Normalmente no Val dos Marcos, daquela era así, había que traballar para os que tiñan moito que laborar, porque os outros non o necesitaban, ainda que se cadraba, a hora da verdai eran mais esplendidos os que non tiñan que ó revés.
Claro que se todos foran esplendidos, os que tiñan, o mellor non tiñan tanto.
Naquela mañanciña de Outubro, o noso amigo, ergueuse da cama xa bastante tarde, pois ninguén petera na porta.
Xa lle pareceu raro, despertar por sí solo, sin ningún ruido. Nun momento chegou a pensar si o mundo deixaria de camiñar, pois o silencio era absoluto ( alguen dixo que se oia)..
Saiu da cama, porque dentro non podia moverse, cada vez que o facia, non podia voltar a postura orixinal, pois a parte do corpo que se soerguia, o voltar o mesmo lugar non aguantaba o frio. Parecia que alguen andaba a axeadar a parte deixada, o erguerse.
Nun momento determinado chegou a pensar, que ó peor, dentro da casiña facia mais frio que fora. Era o reves que no polo norte, e a estancia dentra de un igloo. Na aldea non habia carouxo como no polo, mais dentro da casa facia moito mais frio.
Aquela casiña tiña unha vantaxe, mais era no vrao, pois a ventilación era constante, tanto por encima coma por debaixo.
Saliu a porta da casa, e no cimo da escaleira, so habia neve con unhas pegadas de unha galiña, que o ver a porta aberta, entrou para a cociña sen permiso.
Definitivamente, o inverno xa estaba alí. Non estaba nieguen esperando polo Carliños, na porta para traballar nas hortas.
Decidiu que tiña que invernar, hasta que lle fixera falla a alguen. E eso non pasaria, polo menos ate o mes de maio.
“Xa viran mellores tempos, e a xente dirá : ¡O Carliños non fai nada, veilo Carliños!". Darianlle unha codia de centeo, e un cacho de touciño “castellano”, un chisquiño de viño, e o Carliños tan contento a traballar como un burriño.
Por certo ó Carliños, a xente tiñale algo de medo, pois dábale o mal. Esto no era nin mais nin menos que un ataque epiléptico, que o coitadiño barruntaba sempre antes de telo e avisaba.
¡Que grande eres, Carliños.!


Existíu de verdade?
Qué pasada....
Bicos...
Pala (Comment this)
Efectivamente, existiu de verdade, e era tal como o describo, mais ou menos.
Se a fame ten rostro, a cara do Carliños e outor cuantos eran ó espello.
Por certo, oxe lein, que ardeu a serra de Chaos, haberá que ir a vela.
Un abrazo. (Comment this)
Los Santos Inocentes, es una novela dura, realista y reflejo de la sociedad española en la época caciquil.
¿Que te parece si hablamos de los caciques portugueses?
¡Era peor xabrés, mucho peor!
Urbanorural
(Comment this)
Cuando hablo de ellos, mas bien quiero hacerles un pequeño tributo que otra cosa.
Aunque parezca mentira, la lista es interminable,casi, y seguramente la zona seria inconcebible sin ellos; Los Silverios, Carliños, Aceite Pesado, y otros que no nombro para que nadie se moleste, pero que algún día sacaré.
Hablamos de los caciques portugueses cuando quieras. De todas formas no creo que fueran peores que los españoles. A raia, non fai mellor nin peor a xente.
Un abrazo. (Comment this)