PODIA SER DE VAL DOS MARCOS
O primeiro encontro foi nun serán de inverno, con neve dende a metade da haba de “O Carballal”, hasta o cumio do “Marabón”.
Aquel dia, Indalecio estivera arrancando “torgos”, cerca do rio, en “Chaguazais”,
o inverno ameazaba con ser duro e habia que encher “O sequeiro” de leña para a lareira..
Subiu por “As Latas”e cruzando no Poulo do Mexacan, rubindo pola Caboca da Colmea hasta o alto do Facho.
Ia a axudarle a seu hirman, a traer os rixelos miudos para a corte.
O chegar o altiño, na leira do Adolfo, no Facho, colleo o camiño que ia hacia o Mariquito. Desde ali xa albiscou as ovellas na portela de Rebordelo, que escomenzaban a baixar hacia Rozas.
Alí a neve xa tiña un grosor de uns dez ou doce centímetros, que cubrian as rodeiras do camiño.
De súpeto deuse conta dunhas pegadas que ian rompendo o nivel e a brancura da neve. Aquelas pegadas eran un pouco extranas, polo meno para él, pois eran pegadas coma de can grande, mais sen que os dedos fiqueran marcados.
Daquela sentiu berros do seu hirman, que algo le berraba, mais non foi quen de enterarse de qué. Entrou no baixo de o Caboco dos Corzos, donde perdeu de vista as ovellas e ó seu hirman.
O chegar ali deuse conta quen era o que deixaba as pegadas na neve:ERA O LOBO.
Agarrou a espingarda que levaba a bandoleir. Cando ia o monte case sempre a portaba por se tiña a oportunidade de cazar algún coello, que iría moi ben na casa, para sair un pouco da rutina diaria da carne de porco.
Pensou que ainda que vira a fera, non le podia facer nada mais que meterle un susto no corpo, pois os únicos tres cartuchos que tiña no peto eran de munición do número seis e cargados por él mesmo, con aquela mistura de cartuchos reciclados, polvora portuguesa e chumbos e pistons españois. Todo dependia do prezo, e a hora de disparar a un coello, habia que asegurar moito o tiro, pois non se podia gastar en salvas. Tiña que ser: un tiro, un coello.
Meteulle un cartucho a espingarda, unha Sarrasqueta do dezaseis, e con un canon de cento setenta centímetros de largo. Se o lobo se deixaba ver ia chupar unha boa salpedreada.
O chegar Os Corzos, xa a neve non existía, polo que perdeu as piaxes do animal. Xa estaba ali a res e acercouse o hirman, que le dixo
- Traia-lo lobo, diante das napias, e non o ollastes..
- Non me enterei hasta que cheguei cerca do Mariquito.-dixo él.
- ¡Carallo, que raro que non se metera no magote para achagar algunha ovella. Nin os cans deron señal algunha!- dixo o hirman.
Conduciron a res hasta a corte. Cando chegueron alí deronse conta de que faltaba unha ovella, pois o cordeiriño, non paraba de berrar, porque non tiña donde mamar.
-¡ Ese cabrón vaise enterar, Será fillo da puta, nin os cans se enteraron¡- dixo Indalecio entrando na casa a coller un cartucho que tiña con postas.
Voltou a portela de Rebordelo, coa sana idea de meterlle catro postas, entre ollo e ollo a aquel cabrón.
Chamou ó Careto, un can ainda bastante novo. En cando chegaron preto do alto, o can puxose moi inquedo, cousa que demostraba que a alimaña estaba cerca. De pronto atopou o lugar donde a ovella fóra collida, pois habia un regatiño de sangue na neve, mais do lobo nin rastro. As pegadas ian hacia abaixo, seguramente estaria xa na Burgoza. Xa caseque que era noite pechada, e o iniciar o camiño para a casa, entre lusco e fusco viu a silueta do lobo, que o miraba atento, a mais de setecentos metro de distancia, no alto da louxeira. Era un bicho impresionante de grande, e parecia que tiña lume nos ollos, polo seu reflexo. Puxo a espingarda a cara para zouparlle coas postas, e cando foi a disparar, o lobo desaparecera.
Desde aquela vez os encontros con aquel lobo, converteronse en algo habitual. Caseque cada mes tiñan un encontronazo dúas ou tres veces. Unhas veces o lobo saiase coa súa e outras chupaba una perdigonada, sempre a unha distancia tal, que Indalecio non creia que le chegara nunca un chumbo.
Aquel animal tiña una inteligencia extraordinaria, nunca alporizou os cans, sempre facia a súa cazata con un sigilo digno de loubanza, e sempre se deixaba ver do Indalecio a unha distancia prudencial para él, pois sabia que con aquela espingarda se se acercaba moito podia matalo.
Foron pasando os anos, e sempre andaban coa mesma teima. O lobo roubaba alguna ovella, e o Indalecio maldeciao.
Entre eles caseque xa habia unha necesidade de atoparse de cando en vez. Habia unha cousa que era certa, con toda a cantidade de lobos que paseaban por as serras dos arredores, no magote do Indalecio so entraba de cando en vez aquel lobo solitario e grande, caseque coma un becerro.
Co paso do tempo os ataques do “Ruzote”, cada vez eran mais espallados, e menos temerarios.
O Indalecio, xa se fixera vello, o reúma, e a artrose xa escomenzaban a facer das súas, e o corazón xa non tiña a mesma resistencia que na primeira vez que se atoperan.
Pasou un tempo sin ataques do lobo, e o Indalecio chegou a pensar que morrera. Pensando nelo, notou unha certa pena.
Mais unha tardinha, cando a res chegaba a corte, saliulle o lobo e tentou levarse unha ovella. Os dous Mastin Leones ainda noviños, ceiberonse no vello lobo e non le deixaron coller nada e ainda por arriba pelearonse con él, que anque vello defendeuse ben deixandole as marcas os dous cans.
O lobo liscou cara Rebordelo, e o Indalecio co ritual de sempre saliu tras del, coa vella espingarda.
Non se sentiu ningún tiro. Aquela noite o Indalecio non voltou a casa. A mañan seguinte sairon os veciños a buscalo.Trouxeron-os mortos os dous: Ó Indalecio e ó Lobo.
Según os rumores que percorreron toda a Xeabra, parece que ambolos dous non tiñan ferida ningunha. O parecer estaban caseque abrazados. Como cando un home descansa e o seu can pon a cabeza acobillada no seu colo.
-


¿Cuantos años tendría Indalecio?
Los lobos siguen haciendo de las suyas. J.A. cuenta que hace tres días, se "zamparon" dos ovejas.
Xabres, a ver si venís pronto, ya se puede ir a pescar a Beloins. Hay un camino recién hecho, desde Casares hasta el antiguo pontón. Si tardáis un poco, es posible, que podáis pescar desde el pontón.
Nuestra playa de la Veiguiña, ahora, es un poquito más grande.
Un abrazo.
Urbanorural (Comment this)
Amiguiña Masé, a história, en realidade é unha lenda xabresa, ainda que mas curtiña, e non ten nomes. De feito so se refire ó que dgo no último párrafo.
Urbanorrural, hay que ponerle letreros a los lobos y decirles que eso de zamparse ovejas está muy mal. Ahora no están los perros a los que echarle la culpa.
A ver si me atas una trucha en Belois, para cuando vaya. Vigilia bien os soutos de castañeiros, estos días pues cuando haga algo de calor seguro que brotan, cantarellus, y a lo mejor alguna Amanita Cesarea.
Abrazos a las dos. (Comment this)