COLOQIO DE RAPACES DE VAL DOS MARCOS
.
1.-RECORDOS DA GUERRA.-
Sairan da escola, e despois de estar xogando un pouco “O Parado y o Collido” nas airas das Pirlas, xa caseque se fixo noite, e cada quen liscou para a súa casa.
Cando “O Rapaz”, camiñaba para a súa casa, cruzouse co carteiro. Éste era un home bastante magro, moi xovial sempre, que andaba decotío a argallar e contar contos, e sempre que deixaba algunha carta, era agasallado polas persoas que as recollian.
Daquela, ia coa cabeza gacha, caseque escondida entre os hombreiros, e a pucha na man. O pasar diante do “Rapaz”, éste albiscou unha cousa, como as que hai enriba das hervas nas mañanciñas de comenzos de o vran.
O que mais chamou a atención do “Rapaz”, foi unha especie de sornapadela que le escoitou, coma si tivera que limparse os mocos.
Cando chegou a “Curralada”, no cimo das escaleiras habia unhas cantas mulleres, cos panos negros na caluga, postos de tal xeito que só deixaban ver os ollos e a ponta do nariz.
Estaban todas chorando, parecia que o carteiro, desta vez, en lugar de contarles contos fora a maltratalas.
Parecia que todas estaban tratando de que dúas delas pararan de dar berros.
Unha era a nai do Cándido, e a outra do Xaquin. Estaban como se de repente a loucura se oubera apoderado de elas, e non foran capaces de deter os berros, e os ollos tiñan-os transformados en pequenas fontes.
Non entendía o que pasaba, pois aquelas mulleres chorando a moco tendido, tentando consolarse unhas as outras, arrepiaba-o de tal xeito, que acabou chorando él tamén.
Daquela, unha das mulleres, decatouse de que “O Rapaz”, estaba ali, e acercouse a él, colleuno da man, e acopañouno até a lareira, donde estaba o seu abó. Estaba sentado no escano detrás do trafugueiro, coa gorra encasquetada hasta as cellas, e coa cabeza gacha.
Decatouse de que o avó tamen choraba. Meteuse na cortella, entre as pernas do avó, e abrazouse a él. Nunca vira chorar o avó. Era un home forte, serio e pouco amigo de demostrar a súas debilidades. Apretou “O Rapaz” contra sí, e caseque sen voz dixolle:
-¡ Maldita guerra!. ¡Solo morren os que non deberian!. ¡Maldita guerra!
Dalí a uns días dixeronle, que morreran dous tios del. Tamen se enterou de que un estaba nun bando e outro no outro. ¨
El non sabia que era aquello de un bando e o outro.
¡¡MALDITA GUERRa!!.


Maldigo tamén contigo!!
Bicos
Nane Nane (Comment this)
bicos,tiu. Masé (Comment this)
TODALAS GUERRAS SON INHUMANAS, MAIS, UNHA CIVIL, É O PEORCIÑO QUE LE PODE PASAR A UN POBO.
BICOS AS DÚAS (Comment this)
Bicos. (Comment this)
Moito obrigado, pola loubanza. Que esamos veciños non obliga. De todo-los xeitos agradecese.
Supoño que ronto nos veremos.
Unha aperta. (Comment this)