POLA ANTIGA VILLACASTIN-VIGO
AVENTURAS E DESVENTURAS DE UN CARQUEIXEIRO METIDO A LOUXEIRO, DE VIAXE POLA CAPITAL DO REINO.-
Este, que son eu, imitador do “Abuelo Cebolleta”, que tenta referir histórias de Val dos Marcos, hoxe, quere deixar eiqui constancia,que de cando en vez tamen hai cousas no mundo actual.
O dia vintecatro deste mes que precede ó mes de Maio, góstame mais o nome, tiven que ir a facer unha presentación do Club de Viños de Galicia, que é o que me axuda, xunto coa miña muller, a manter o volumen do bandullo,a Madrid.
Ian conmigo dúas guapísimas mozas de Vigo, que eran as que organizaran toda a parafernalia, da charla, e catering, para os invitados.
A viaxe, desde Vigo a Madrid foi bastante ben, ainda que tendo que rachar con-a tendencia miña inveterada de volver pra casa. O chegar a Allariz, a recoller uns folares e uns queixos cos que agasallar ó personal, acompañados de uns sorbiños de albariño, pois sucedeu que o tentar retomar a autovia das Rias Baixas, cando nos demos conta caseque xa estabamos en Ourense de volta a Vigo. Busca lugar donde rousar cento oitenta graos, e volta a dirección correcta.
O chegar a Benavente, tan ben le quixe explicar as bondades de parte da miña terra, as mozas que me acompañaban, que gracias a un descuido nos enteremos que xa caseque estabamos en León. O resto podedes adivinalo.
Bueno chegamos a Madrid, tomamos contacto co personal da Casa de Galicia, preparamos as cousas e a esperar as oito do serán para ver de convencer os madrileños das bondades dos caldos galegos, cousa que pasou sen comentarios dignos de mención, salvo remarcar a sede e fame que parecia que os tales tiñan.
Antes do “evento”, tivemos que pasar pola praza de Chamberí, e mentras esperaba polas miñas acompañantes senteime nun banco da praza a ordenar os meus apuntes, que sempre levo e nunca uso. O lugar estaba cheo de cativos, en carriños, e outros caseque gateando por todolos sitios. Absolutamente todalas cuidadoras dos “macacos”, eran de orixe sudamericano, caseque que poderia asegurar que peruanas, e no medio algún que outor avó ou avoa.
A vida estaba estendida por todos os lados, hasta nunha roseira habia dous imponentes capullos. Ësto sen segundas.
Por fin as tantas da noite pude-me xuntar con o Sr. Fernánde Lage Don Heitor, e a súa compañeira Dona Graciela. Foi cousa vista e non vista, había que madrugar o dia seguinte e non se podia facer tertulia.
Na mañanciña do venres, cando entrei de novo en Madrid, tomei a decisión, irrevocable, de xamais ir a vivir a devandita cidade. A xente estaba toda enfurruñada, andaban correndo coma tolos, a algúns semellaba que a bucina do carriolo quedérasele soldada na man . deronme pena, e so porque non tiña, senon hubera-os convidado a unhas lambetadas.
As doce do día,escomencemos a viaxe de volta a Vigo, coa idea de chegar a comer o Mesón Jabalí, donde seguramente o excelentísimo señor don Marcelino Paulino nos haberia feito os honores.
Non puido ser ; o pasar por Benavente, un señor desta cidade reborquillouseme diante do meu coche, montado nunha moto.
So me queda dar gracias a Deus, porque non pasou absolutamente nada. Solo un susto.
Polo que me reafirmo na miña idea de non ir a vivir a Capital do Reino. Por certo alí, sintonices a radio donde a sintonices, so se “colle” unha emisora, que din que é dos Bispos, ainda que eu non o creo, pois alí dicen moitas maldades, e non creo, que queiran ir o inferno. Ou ¿Xa non haberá ¿ ¡Vaites, Vaites!
Na proxima seguiremos con cousas de Val dos Marcos.


Bicos, tiu. Masé (Comment this)
Un bo truco é non ter que coller o coche pra nada, jeje. (Comment this)
O do coche pareceme ben, primeiro caseque non se anda, e segundo o de aparcar e casi unha aventura.
De todolos xeitos creo que a min, xa me cae a desmán, ainda que non teña grandes cousas, as que ten son naturais e gustanme mais: VAL DOS MARCOS.
Bicos, a ambolos dous. (Comment this)
Polo contrabando ou pola boa compaña, supoño.
O que ti sentiches ben a ser o que sentimos os residentes en Santiago cando nos toca ir a Vigo e escollemos o coche sen lembrar a opción do AVE.
Non polo exceso de capullos, que tamén. Polas présas dos "traficantes"
Celebro que volveses enteiro.
Apertas.
(Comment this)
Oye no fodas cos "traficantes", pois eu tiña entendido que o asunto da politica estaba centrado en Santiago, aiqui solo queremos ser portugueses, xa nos chega. (Comment this)