¡TEMPOS, AQUELES!
BARRENANDO NAS TRUTA
Nesta ponte pasada, a nai de o meu fillo e mais eu, estivemos en Val dos Marcos, e como a veda da pesca no Tuela xa estaba aberta, fumos ó riu, coa sana idea de pescar algunha “Salmo fario”, e consegimos coller nove en dous días, mais solo para o canastro foron cinco.
Esto trouxome á cabeza unha das primeiras veces que fun con meu pai a collelas co vello “tesón”, mollando o cú como él decia.
Este é o relato daquel día de troitada.
Era a metade do mes de Santamariña, nas visperas da festa de o lugar dos lapelos.
Naquel ano, todo o relacionado coa recolección dos productos anuais, que servirian para o sustento desde aquel mes hasta o mesmo do ano seguinte, como decia, todo viña adiantado.
Tan adiantado, que, antes do dia dez , xa estaban as mallas feitas, o centeo limpo e nos arcaces, e xa as preseiras dos muiños feitas de novo, e aqueles preparados xa para moer a nova colleita, que segundo os vellos, era unha das mais abondosas dos últimos anos.
Naquela mañá, eu non cabia dentro do pelexo, pois era a primeira vez que non le tiña que implorar a meu pai, que me levara con él as trutas. Nesta ocasión dixome él que
iriamos elas, eso fixome sentir importante. Iba as trutas co xefe.
Saímos a media mañá, medio agachados, pois era importante que os carabineros non nos albisqueran pois podia peligrar o asunto da pescata.
Crucemos pola fonte do Souto, polo carreirón que pasaba polo Viñal, de alí o Bedulo a cruzar no caboco das Cegudas, o Poulo dos Mexacais, baixando pola Mallada, hasta o Porto do Ornal , coa idea de epezar en Veigadiz.
Meu pai transportou o saquito coa merenda, e deixou que eu levera o tesón, que previamente fora remendado e esculcado para detectar algún buraco polo que as listisimas donas sen pestañas tenteran fuxir.
Cheguemos o punto, no que o xefe decidiu meterse no riu, para empezar a tentar todas as pedras e arraigadas nas que a “salmo fario”, se agocha de todolos depredadores. Hay que decir que o Pepe, conocia o fondo do riu, creo que, casi tan ben como elas.
A miña misión consistia en levar o saquito, ir collendo a trutas que me achegaba a borda, e o mismo tempo vixiar, se alguén se acercaba. Se se daba o caso tiñamos unha contraseña para avisar.
Cuando cheguemos o pozo das Conchas(chamase así porque nel hai mexilons de rio)
no saquito xa iban caseque unha ducia de cuarteronas, que pesarian sobre dous kilos e medio mais ou menos.
No Recanto habia, e hai, un carballo caido no riu, deitado no mesmo correr da auga, é un bon lugar para coller unha boa truta, e o Pepe sabia-o. Meteu as varas do tesón por debaixo da torada, e saiu dali abrazado o tesón, e decindome : ¡Uy, rapaz o que collin1
¡Menuda bácora!.
Cuando chegou o seixagal, pousou o tesón nos gogos, e sacou unha truta de uns sesenta
ou setenta centímetros . Era un exemplar impresionante. Tiña unha grandísima boca, e uns ollos grandes coma castañas.
O extraño foi que apena batulou, deixouse matar sen apenas zapexar.
O pescasdor voltou o riu, como el dixo, a palpar unha arraigada que habia, na charca da Rabudeira, mais nada mais meterse na auga, saiu escopeteado, cousa que me estrañou, e caseque alarmou, pous saia mirando para todos os lados e lixeiramente asustado.
Chegou onde eu estaba e dixome: hai, trutas mortas. Alguen botou beleno o riu, ou espanzurrouas con barrenos de dinamita. ¡Vámonos de aiqui, non sexa que paguemos por algo que non fixemos!. Vamos pros prados de Vilares a comer a merenda, e cuando baixen algo as sombras, marchamos pola Mallada.
Cuando estabamos comendo a merenda, desde a Poza da Ponte, chameron polo xefe, polo seu nome.
Quedeime eu alí, por indicación do pai, e él acercouse hasta o lugar donde o chameran. O pouco tempo volveu anda min, con cara de coña, e dixome: colle as trutas e vai indo para casa pouco a pouco, podes ir polo camiño tranquilamente, pous os carabineros estan aiqui. Son eles os que tiran os barrenos. Necesitan as trutas para a festa.
Este foi o primeiro contacto meu, coa pesca a barreno limpo.


De todas formas, o feito de ir de primeiras có teu pai a pescar (cazar) sí que fai que un se sinta importante... inda que despóis ún descubra que a caza non é a sua afición favorita, jeje.
Bicos. (Comment this)
bicos, tiu!! masé (Comment this)
Masé: Nun libro titulado " as troitas minhas señoras" de J.J.Moralejo, di que hai quen cree que unhas cousiñas metálicas, e outras redondas que colgan nos amieiros, son frutos, e advirte do error.
O mais bonito de pillar unha troita, é cando zapexa na man, e se escapa, quedando o pescador con cara de parvo.
Bicos os dous (Comment this)
En fin, o tempo pasa e seguimos nas mismas, ainda que agora non sexan os guardias os que dinamitan ou envenenan o riu sempre hai tontos soltos que destrozan aquelo por onde pasan...
Como me gustaría ser truta para poder percorrer o riu de cabo a rabo!!
Bicos meu tiu!!
Nane Nane (Comment this)
Trutas non colleremos, mais o mellor cabreos, mais de un.
Bicos (Comment this)
Bicos
Nane Nane (Comment this)