19/05/2008

NON SE PODE UN FIAR DOS VELLO

 

 A PEDRA DE AFIAR OS PUNTEIROS

 

-         ¿A dónde vais, menina?-preguntou a velliña avoa, a rapaza de uns nove ou dez anos, que cargada cunha cesta de bimio, camiñaba pola rúa que percorria a aldea de arriba abaixo.-        

 

-         Vou onde o “ti” Manolo, pola pedra de afiar os punteiros- contestou a rapaza.

 Transcurrida unha media hora, voltou a subir, pobo arriba, a rapaza, con unha pedra de dimensións medianas, envolta nun cacho de farrapa e que a menina, toda orgullosa enseñou, o “ti” Pepe, decindole. – O “ti” Manolo dixo que non estaba seguro de si sería esta-  pousando a cesta cun resoplido de cansancio, os pés do carpinteiro

Pois esta non é, trabucouse o Manolo- rosmou o Pepe- volve alí e dile que é a de grao miudo. Ah, e devolvele ésta.

 Volta a empezar a peregrinaxe da rapaza, pobo abaixo cargada coa pedra de grao gordo.

 A ver se desta vez Manolo non se trabuca pensaba a rapaza, pois ainda que a pedra no era moi grande, a asa da cesta xa empezaba a facerle ronchas no brazo.

  - Xa me parecia a min, que o carpinteiro queria estoutra- dixo o Manolo- Mais non sei se poderas con ela. Se veis que non podes, deixa que la levo eu despois.

  - Non, non, si que podo-dixo a mociña, toda fachendosa- eu xa teño bastante forza.

 Como a nova pedra era mor que a primeira, a rapaza tiña que descansar, despois de camiñar seis ou sete pasos.

 Cuando estaba descansando, pasou polo camiño, outra moza, esta de quince ou dezaseis anos, que le preguntou a primeira. -¿Qué levas na cesta, que parece que pesa?.

-         Unha pedra para afiar os punteiros, para o “ti” Pepe- dixo a menina.

 Enton a inquiridora mirou na cesta e o ver a pedra decatouse de que le estaban a gastar unha broma a mais pequena.

 Dixole, mira, non le fagas caso, pois estan rindose de ti. Ese “ti” Pepe é algo trasno. Unha vez que meu hirman me trouxo un paxariño do monte, dixome que para que non estrañera na gaiola, tiña que darlo a besar  o gato, cousa que o gato fixo con tanto entusiasmo que o zampou con plumas e todo.

 

Posted by Xabrés da Teixeira at 18:35:55 | Permanent Link | Comments (3) |
Comentarios
profile
1 - tanto entussiasmo amigo!
www.juanesbotero.blog.com (Comment this)

Escrito por: >>JUANES<< at 2008/05/19 - 18:14:14
2 - Jijiji, pobriña, eu sei doutra menina que tamén le pasou algo parecido. Esta rapaciña tiña unha bicicleta que se desinchaba as veces, ya unha tarde que decidiu ir ata Lagoas, colleu o vehículo, quitoule o borrallo, ya cuando se montou douse conta de que a roda de atrás topaba no chau máis que de costume, baixouse e chamou por a sua mai berrando cual vitela: Maaaaaaaaaaa!!! onde está o bombín?? antes de que sua mai respondera, uis cuantos vellos que estaban á solana dixéronle, non está na tua casa vai preguntar a casa da Adelaida. Nin curta nin perezosa votouse á carreira camiño arriba, cuando xa iba cerca, atopouse con outro vello que le preguntou onde iba, a menina díxolo, entonces o vello con unha risotada doule volta á rapaza ya explicoule que le estaban gastando unha broma tamén...
Con todos os meus respetos os aludidos,que naide se me enfade, que vai con todo o cariño do mundo, e foi certo, non é inventado porque a menina era eu, ya recordo que no momento non entendí a broma, máis os vellos non o ficeron por mal.
Bicos meu tiuuu!!!
Nane Nane (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/05/20 - 11:05:11
3 - Nane, neste caso concreto o Pepe era o teu avó, e o Manolo o avó de Diana. Moza era a Pilarica. A outra era de outro conto.veridico-real-como-la vida-misma.
Bicos. (Comment this)

Escrito por: xabres da teixeira at 2008/05/20 - 19:58:15
Escribir comentario