CANDO A MELLOR ENERXIA, ERA HUMANA.
MALLAS CON MALLOS.-
Este escribidor de lembranzas propias de cando era rapaz e vivia pola zona de Val dos Marcos, sente morriña da sua nenez primeira, pois por se algún dos desocupados lectores que teñen a amabilidade de leerme, non o sabe, quero contar aiqui que eu nací na Teixeira, e viví caseque nove anos un pouco discontinuos neste bonito pobo, da haba da serra da Gamoneda, e entorgado casi no parque de Montezinho.
Na Teixeira, por aqueles anos inda se mallaba con mallos.
Outra das cousa que me acordo, é de que habia varias casas con colmo, e seguramente coa misma configuración da época prerromana.
Vou tentar facer unha reseña, bastante por arriba, de estas cousas, das que ainda me lembro, por si a algún le interesera algo; una pequena reseña etnográfica.
A palla de centeo era un elemento moi importante, tanto para os animais, como para facer as cubertas das casas, pallaregas e similares.
Nas mallas con mallos, a ferramenta fundamental, evidentemente, era o MALLO.
Este consistía, en dous paus unidos por unha correa, que os articulaba. O pau que agarraba o mallador chamabase mallo, era de, aproximadamente, metro setenta de largo, e de un grosor de tres ou catro centímetros.
Nun extremo, iba outro pau mais groso, de uns sesenta ou setenta centímetros de largo, chamado PERTEGO, que estaba amalloado o mallo con unas tiras de coiro ben engrasadas.
A hora de mallar, o mallador, agarraba o mallo, levantabáo, por enriba da cabeza, e facía que o pertego, golpeara de forma plana sobre as espigas do centeo.
Para mallar, o primeiro que se facía era astrar a aira. Esto consistia en ir dispondo a palla na aira, de tal maneira, que practicamente todas as espigas quederan dispotas para “mallar” nelas.
Púñase una primeira capa de palla, de tal xeito que as espigas quederan todas caseque a mesma altura, despois outra capa sobre a anterior de forma que as espigas de esta segunda quederan un chisco mais atrás que as primeiras. Así todas, hasta que a aira quedera totalmente “astrada”.
Despois puñanse dúas filas de maladores, unha de cara para a outra, a unha distancia tal que cando bateran cos mallos, estos deran sobre as espigas e non sobre a caluga dos de enfrente.Unha fila ia para diante e a outra recuaba, e cando chegaban o final facian o mesmo pero ó reves.
Os bos malladores eran os que empertegaban ben. Esto consistía en que ó levantar o mallo, a pertega debía quedar como se fose a continuación do mallo, totalmente rectos os dous paus.
Unha vez mallada a primeira capa, e despois de darle volta a palla, viñan as mulleres e espallaban toda a aira, deitando a palla nas travesas dos gaveleiros que a levaban o palleiro.
A operación repetiase todalas veces necesarias para acabar a meda.
Noutra ocasión falaremos dos colmos das casas.
Ollo, nalgunha conversa de mozos, empertegar tiña un senso chisco erótico.


Mira, meu tiu, eu lí todo máis de 4 veces e creo que inda así non daria feito un palleiro...a si que ocurriuseme o siguiente: non sei nin cuando, nin como, nin se hai sitio para facelo, pero podiamos intentar facer una malla para o ano, para que vendo e facendo aprendamos, a min gustaríame, se queres podemos intentalo.
Eu pensei que o Mallao era algo máis sinxelo, xa que a canción portuguesa dice así:
" o Mallaö, Mallaö, que vida é a tua,
comer i beber, o pirim-pim.paö, pasear na rúa"
Que me perdonen os portugueses por a escritura, intentei por na O un acento que abre a vogal máis non o atopei, asi que puse una dieresis).
Bicos meu tiu!!!
Nane Nane (Comment this)
Creo que en Chaos, ou en Hermisende, inda non fai moito vi un mallo colgado, hasta creo que le fixen unha foto,, mirarei a ver si a localizo e subireina por aiquí.
(Comment this)
Apertas. (Comment this)
Apertas. (Comment this)