13/06/2008

FORTE TREBOADA NAS CARBUIZAS

COMO SE FIXO O CABOCO DE TRASIL.

(Tamén chamado “cagadeiro”, polo veciño de Brumoso)

Era a época da seitura do ano mil novecentos cuarenta e nove. Era á folla de Rechouso.

Daquela facíase a sementeira tanto nas leiras de Rechouso como nas de As Corbuizas, e incluso nas de Veiga de Chuces que son unhas que están detrás do Castelo, algunhas creo que en terreno de Castromil.

Un día daquel ano moita xente fora a seitura para aquelas leiras, entre a cual xente estábamos casi toda a familia dos Marcelinos. O Pepe ya Dolores, O Manolo e a Cecilia e tamen a tia Maria Rosa. Os rapaces que estábamos alí e qe eu recorde, éramos o Eloy, eu e meu irmao Cesar. O Xería andaba por alí inda metido no liquido amniótico e vivindo comodamente na barriga da Dolores.

Os grandes estaban segando e atando a palla facendo mollos, para despois facer a acarrexa. Os rapaces supoño, que, dando a vara por alí, e acarrexando algún mollo que outro hacia o punto donde se iba a facer o medouco.

Arredor do medio día, mais ou menos, foron acumulándose por enriba de nos, as famosas neboas, que os meteorólogos denominan “nubes de desarrollo vertical”. ¿A que queda fino, eh?.

O caso foi que se preparou unha tormenta das que fan época, neste caso das que fixeron cabocos, pois o de Trasil non foi o único. Como se dice por alí, o ceo pechou todo, os lóstregos eran caseque constantes, que ainda que era de dia chegaban a iluminar todo, de tal xeito que incluso viase o ruido dos tronos, que retumbaban por todolos Caldeiros, facendo que cada trono se multipliquera por tres ou catro.

O ver o cariz que tomaban as cousas tomeron a medida, de que as mulleres marcheran para as casas, a redimir as pitas e os porcos. Daquela as primeiras andaban ceibes por donde le daba a gana.

Miña mai, o César e Xeria, chegueron a casa coa axuda inestimable de José Flores, tamen conocido como o “Caleiro”, que os axudou a pasar no caboco de As Rozadas. Algunha xente que chegou mais tarde non pudo pasar, sin esperar a que amainera a tormenta.

O Eloy , eu, e creo que era o Alejandro, meteron-nos debaixo de un pequeño castelo de pedras, nas leiras e puxeron-nos mollos dediante, para evitar a chuvia, cousa que o final foi inútil pois mollémonos de tal xeito que pareciamos pitiños escaldados.

Os mollos navegaban polas leiras, como se fosen barcas do xeito, que collian chicharras a eito.

A tormenta foi tan forte, e cae-u tanta auga, que, desde a leira do ti Constantino de Trasil, hasta o Salgueiro fixo o caboco que nos ocupa. En Trasil, antes, o caboco prácticamente non existía.

Foi de tal magnitude, que alguns rixelos de un pastor, chegueron mortos o caboco do Litro, e a res estivera naquel día polo Facho.

O asunto estuvo moi ben pois,(nunca hai mal, que por ben non beña) despous coas parreriras e algún que outro sabugueiro, e guindeiras que foron crecendo por alí, fixeronse os sanitarios da barriada da Iglesia. A primeira hora da mañá, aquello estaba bastante concurrido, e si era na primeveira e no vrao, non facia falla papel hixiénico, os lados habia follas dabondo.

Posted by Xabrés da Teixeira at 16:01:15 | Permanent Link | Comments (2) |
Comentarios
1 - O dos mollos flotando oíno contar eu tamén. O da orixe do cavoco de Trasil, non. Se forma parte do teu realismo máxico, está moi ben traído, si señor.
Saúde. (Comment this)

Escrito por: loro at 2008/06/13 - 19:53:50
2 - A ver ho, ¡eso non se pregunta nunca! Xa deberias saber que eso e as fontes nunca se revelan.
¡Hai que indagar! Facer xornalismo de investigación.
Vouche dar unha pista : O dos rixelos mortos, é certo. (Comment this)

Escrito por: Xabres at 2008/06/15 - 17:40:50
Escribir comentario