ETNOGRAFIA DE VAL DOS MARCOS (REMEDO)
IMPORTACIA DO LIÑO NO VAL DOS MARCOS.
As crónicas dos nosos antecesores, din que o liño xa se cultivaba antes da chegada dos romanos. Polo tanto podemos, caseque considerar que a importancia desta planta foi moi grande para os antergos.
O liño xa é mencionado polos exipcios, e tamén no Antigo Testamento, pois xa dice que as Cortinas do Tabernáculo, debian de ser feitas de liño retorcido, e no libro de Moisés tamen se fala da estrago de unha colleita de liño, que é equiparado a unha plaga.
Cando os romanos dominan a antiga Galaecia, xa apreciaban moito o liño dos Zoelas, que eran os pobladores daquela da Xeabra, Tras os Montes e pouco mais.
Ainda que as actuales divisións administrativas sexan como son, o que se deberia considerar é, a unidade territorial diferenciadora, en función da forma de vida e maneiras de entendela, dunha comarca, ainda que esto seria outra leria.
O liño é unha planta da familia das herbáceas, e dentro da familia das liñaceas hai varias especies. Aiqui solo falaremos da planta usada para extraer unha fibra, coa que se confeccionaban distintos tipos de tecidos.
É unha planta de algo mais de un metro de altura, da que saen as fibras para a confección e as sementes, liñaza, usase par meciña, e semente.
Fases da producción do liño:
1º Sementeira.- Sembrase da misma maneira qe o centeo, fundamentalmente, sementabase nos “liñares”. Régase se é necesario, e ten que estar xunto, para que as herbas medren sin botar “fillos”.
2º Monda do liño.- consiste en arrancar as herbas que o infesten. Arrancabanse a man.
3º Arrancada, cuando o liño está maduro arrancase, pous a fibra tamene está nas raices
4º.-Ripado,consiste en separar a fibra da semente, ou bagaña.
5º.-Maceración, consiste en meter o liño en mañuzos dentro de auga, normalmente metiase no rio, pola zona de Casares, entre ésta zona e a Veiguiña. Cubrianno con gogos para que a auga non o arrastrera. Era para amolecer a fibra e que despois se desprendera ben dos “tascos”. Estaba sobre dez día na auga, e despois sacaban-no a secar, cousa que se facia na ladeira por encima docamiño de Barxa de Bois. Recordo que aqueles mañuzos, postos a secar, parecian as tendas que nos enseñan nas peliculas dos Indios Apaches ou Siux..
6º. Mazado, consistia en “aporrear” mangados de liño, sobre unha pedra ou madeira, cun mazo de madeira cilindrico, asemellado os rollos de aplanar a masa nas cociñas, chamado tamén rodillo.
7º Amadar.- Unha vez mazado, operación que rompia a “casca” do liño, faciase o amadado, que consistia en retorcer as fibras para que fosen soltando, ou rachando os chamados tascos.
8º Espadado. Era unha opperación que consistís en por as fibras sobre una especie de tabla con algo de “agume”, e batelas coa espadela, que rompia definitivamente a parte externa ou tascos, deixando caseque libre a fibra.
9º Sedar, consitia en separar a parte mais grosa da mais fina, das estopas grosas da estopa liñeira, esta última era que servia para os tecidos finos.
A partir daiqui ven o fiado, a roca e fuso, e o ensarillado, que consiste en transformar as mazarocas do fiadeiro en meadas, que van a barrela, consistente en meter o liño en auga con cinsa, de carballo. A continuación as meadas tranformanse en novelos que logo van os teares para facer a urdimbre, que sirve para facer o tecido, que é moi similar a confección de panos na actualidade polas máquinas modernas.
Na aldea habia unha casa que chamaban da Urdideira, que se teño que ser sincero, non sei donde era.
Habia un tear pegado a bodega do ti Xico da tia Cecilia, tiñan outro os do cura, os do Ovidio, a familia da tia Fernanda, e creo que algún mais, que eu non recordo.
Espero que este pequeno esbozo sirva para que non se esqueza unha tradicción, que no seu momento foi moi importante.
Aida recordo as sabas de liño, que rascaban como se fosen cardos, e tamén algunha persona con pantalois da tal fibra, pola zona da Acancela.
Eu teño unha colcha de liño, que inda se conserva bastante ben, feita o parecer polas tias de meu pai. Ten un peso considerable.
Seria importante que se alguen descubre erros, ou teña cousas que engadir, que o faga a traverso dos cmentarios. Se é necesario, este articulo reformase.


Gracias por traer esta secuencia... porque eu levaba tempo tentando saber como era todo o do liño, porque a miña abuela Lola, sempre decía que era moito traballo pero que era unha festa...
Por certo, quería facer unha petición, e é que se podes coller esas palabras que van entre comiñas e as máis "técnicas de Val dos Marcos" de traducilas ó galego entendible por quenes non vivimos esa época. Se tes tempo e ganas claro
Bicos
Pala (Comment this)
Bicos. (Comment this)