30/06/2008

OS CARQUEIXEIROS TAMEN TEMOS PASADO

 DAVID GARRIDO. FILLO DA TIA JOAQUINA E DO TI MARCELINO.

 

 Hai na Teixeira, unha persona a que eu le teño un cariño especial, ainda que seguramente vai arredor de cincoenta anos que non o vexo.

 Criemonos caseque xuntos nas Moreiriñas, sempre arredor da caldeira da auga que baixaba pobo abaixo  con un marmurio o suficientemente groso como para que todos os veciños da aldea, cando falaban o fixeran a berros.

 Os nosos sitios de xogos eran no curral de súa avoa a tia Margarita, e o da miña a avoa Martina.

 Parece ser que él e mais eu eramos irmans de leite. Como David nacera antes do que eu, cando eu nacín, deume a primeira tetada súa nai, a tia Joaquina. Despois parece que chupei da teta da Dolores, hasta que a gata da tia Xabel, cagou nela, pois cando mo contou miña avoa, tomei a determinación de non chupar mais na teta. ¡Se collo a gata esnaquizoa!.

 David era, e penso que o sigue a ser, a mellor persoa do mundo. Amigo de caseque todos.

 Xunto con meu primo Santos, fixemos unhas cuantas trasnadas, pola aldea. Nuha ocasión descubrimos que unha pita dalgunha veciña fora a por os ovos alá pola zona do Mourán, eran trece ou catorce ovos, e decidimos facer roscon como no dia da festa.

 Afanémosle sucre as nosas avoas, mais ou menos entre todos, levariamos un par de kilos que unha vez revolto cos ovos nunha lata das sardiñas, puxemolo mexunxe nun lume feito no Val, e todos arredor do mesmo a esperar que se fixera o roscón. Cousa que non sucedeu pois nadie nos dixera que aquelo tiña que levar fariña tamén. De todolos xeitos aquelo non se perdeu, pois unha vez frio, bebímolo sen deixar nin pinga.

 Noutra ocasión, o David o Santos e mais eu, deixemonos caer pola Sarabella, donde habia un muiño, dale que te pego facendo bailar o tarabelo que facia baixar o centero da tramoia hasta as moas, que o transformaban en fariña.

 Os muiños tiñan un aparello que le chamaban “O rairo”, cousa que parece ser servia para levantar a pedra de arriba, ou baixala, cousa que facia que a fariña saira mais ou menos grosa, quero decir con mais ou menos farelos.

 Pous ben facendo experimentos co tal aparello, parece que descontrolemos o muiño, e de tan alta como deixemos a pedra, o centeo marchou a través do rodicio para o rio. O malo do asunto foi que, cuando nós iniciemos a maniobra, acabanban de encher a tramoia, polo que tiremos toda unha moiñada o rio.

 Non se sabe moi ben por qué, mais as mais e as aboas, daquela eran adiviñas, pois cando cheguemos de volta a aldea xa nos estaba esperando, e non precisamente para felicitarnos.

 A ver se hai sorte e algún dia de algún vrao, nos volvemos a atopar alá por cerca de Trasbaceiro, ou en Bouzas de Cristos, para fecer de novo algunha das nosas, ainda que xa solo iremos o David o Santos e mais eu, pois outro amigo da panda, o Leonardo, xa vai uns anos que finou. Detodolos xeitos dedicaremosle o que fagamos.

 

Posted by Xabrés da Teixeira at 10:40:03 | Permanent Link | Comments (10) |
Comentarios
1 - Vaia historias!!
E que memoria, porque daquela cantos anos tiñades vós?
Tes que contar máis cousas da terra das carqueixas...

Bicos.
Pala (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/06/30 - 10:42:31
2 - Cando escoito estas trasnadas penso que perdín o tempo cando era pequeno... se teño que facer tantas trasnadas coma ti de aquí ó fin... voume ter que meter a político a estas alturas.
Mellor non, que cambiar o tipo de falcatruada non tería gracia. (Comment this)

Escrito por: Heitor at 2008/06/30 - 11:53:00
3 - Eu tamén teño amigos na terra da miña abueliña, 3 concretamente. Non teño moi claro se o David é irmao da Tarsi ¿escribese así?, porque se son irmaus, que sepas que os fillos e nos, falámonos de primos, son todos uis bois lareiros, ya creo que son eses, porque son netos do ti Joaquín, que tamén me consta que nos queren muto ya ben. A si que, como sabes, meu tiu, a Teixeira non está tan lonxe, non deixeis pasar máis tempo!!!
Bicos meu tiu!!1
Nane Nane (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/07/01 - 11:37:30
4 - A ver se de esta vai ben a cosa. Xa é a terceira vez que contesto, e o parecer no sae. Igual hai que cambiar de soporte de blog.
Pala, contarei mais cousas cando se me veñana a caluga, pois non é cousa de escribir,senon de recordar e a meu caletre fai cousas raras coa memoria.
Heitor, as falcatruadas de antes era o único que tiñan os rapaces, pois, ou habia que facelas, ou habia que aburrirse.
Nane, David non ten nada que ver coa familia que dices, é un home da miña edade, vive na Teixeira, e é tiu dun rapaz que vende o cupón. Non éramos parentes.
Bicos. (Comment this)

Escrito por: Xabres at 2008/07/01 - 14:03:19
5 - É curioso. O meu pai tamén conta de vez en cando este tipo de historias. O que me chama a atención e que o ven facendo dende que os seus fillos son maiores, pero non lembro que o fixera antes. Sería para evitar a tentanción? Ou ó mellor é que antes non lle prestaba atención cando as contaba...

Unha aperta Xabrés (Comment this)

Escrito por: jferreiroc at 2008/07/01 - 21:09:07
6 - jferreiro, oe unha cousa, ¿por qué non lle preguntas a él?
Detodolos xeitos, as veces, a comunicación entre pais e fillos faise un chisco complicada, por que creemos que nos conocemos dabondo, e o mellor non é asi.
As trasnadas de rapaces, como le digo a Heitor, non paderian ser as mismas nunca. ¡Hay unha cousa que se chama evolucción!.
Unha aperta. (Comment this)

Escrito por: Xabres at 2008/07/01 - 22:40:48
7 - Meu tiu discrepo da tua opinión. As trasnadas son cousas de rapace e non de evolución...a non ser que te refieras a que por culpa da evolución a xente marcha para as urbes e non hai meninos nos pueblos...Porque entre a túa xeneración e a miña,paseron algunhas décadas, ya eu si que fice trasnadas desas. Inda recordemos algunha cuando fui a Val dos Marcos a limpar os caños. Xusto cuando estábamos limpando o da Porteliña. No prado que é do Ti Modesteto, que vai anos arrenderanlo ou deixeranlo o Ze ya Adelaida. Pous sendo nos rapaces, quixemos facer unha merenda o dia da festa do Barrio.Compremos chupitangadas ya marchemos en busca dun bonito sitio...entonces o chegar o prado, todo cheu de herva fresca, dixemos, este é o sitio. A Elena, neta do ti Modesto dixo, eu sei que este prado é do meu abuelo, cousa que eu confirmei, polo qu enon vimos o problema....en resunen 9 rapaces toda unha tarde nun prado con herva..vamos, quedou coma se pasera o cabale de Atila....A bronca foi boa, pero pudo ser pior, porque se non recordo mal á noute o Kiko levounos a festa...Que quede claro, que foi unha trasnada sen malicia, pero trasnada o fin yo cabo...outro día falaremos dos maravillosos amuroces da fonte do Ti Lias..que causeron máis dunha gastroenteritis por comer máis da conta...jijiji.
Bicos meu tiuuuu!!
Nane Nane (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/07/02 - 11:25:00
8 - Yo tambien discrepo, Xabrés pero tambien de Nane.
As trasnadas no tienen ni edad ni fronteras, todo se reduce a una mera actitud vital ante la vida y sus circunstancias.
Tu anecdotario, no tiene desperdicio, buena memoria y mejor descripción.

LML

PD.:Xabrés, ya te hemos linkado en nuestro blog, date "un rulo" que decimos por el foro, y haznos una visita (con su correspondiente comentario,porfa).
Y si, además nos pones entre tus link favoritos, pide lo que quieras por esa boca...
Es nuestro bebé que tenemos que mimar y cuidar.
http://lusofonias-radioenlace.blogspot.com


 (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/07/02 - 21:33:09
9 - Tomo nota.
He entrado en el blog, y me ha gustado, aunque solo e he podido hechar un vistazo superficial.
Será Linkado en mi blog, al mismo tiempo que os digo que para mi es un honor.
Abrazos (Comment this)

Escrito por: Xabres at 2008/07/02 - 22:04:42
10 - Ay LML, non teis idea,jejej, as trasnadas sempre foron e serán dos rapaces, porque cuando as facedes os grandes chámanse "delitos menores",jejejje..Xa vos gustaría que estiveran permitidas...Pero non te preocupes, que os grandes tendes trasnadas as qque os rapaces non xogan, non no mesmo sentido, e chámanse "xógos eróticosexuais".
Bico vai LML, a min tamén LML.jejej
Bico meu tiuu!!
Nane Nane (Comment this)

Escrito por: Anónimo at 2008/07/03 - 19:36:52
Escribir comentario