ET INCARNATUS EST
ETNOGRAFIA ECLESIASTICA EN VAL DOS MARCOS
Coido que xa latriquei eiqui sobre algunhas cousas que se facian alá polos anos cincuenta no Barrio, nome que le daban ós de Hermisende a San Cibrao e xusto o revés os de éste último, no eido relixioso.
Daquela falei dos responsos antes da misa, e da miniprocesión o final da mesma, creo que todo era con efectos recaudatórios.
Hoxe acordeime das misas “de festa”, e que tamen le chamaban misa cantada. Normalmente o dia da “festa”, o San Cibrao no dezaseis de setembro, ou o da Virxen do Rosario o dia sete de Outubro, a misa era concelebrada. Quérese decir, con tres curas, e evidentemente “misa cantada”. Ainda que polo medio do ano, de cando en vez habia algunha misa cantada, solo con un cura.
Cando a misa era cantada, saia o cura da sacritía, el soliño. O sacristán ficaba dentro e escomenzaba a cantar.
A sazón o sacristán era o “ti” Miguel.
Según o meu veciño Amadeo (+), o asunto empezaba asi:
¡Que veña o Pepe, o Lias, e o Modesto,
que calen os rapaces, e que tamen
veña por aiqui o meu hirmau.
Evidentemente era unha tradución libre, feita por Amadeo, daquel latín eclesiastico.
Habia mais traducións macarrónicas, de actos liturgicos, como a do dia de Pascua, ou a do Dia de Difuntos. Desas falaremos outro día, cando o Plácido teña a ben refrescarme a memoria.
Voltemos a misa cantada; Unah vez que o “ti” Miguel iniciaba o seu “do” de peito, iban entrando na Sacristía, o Pepe, o Lias, o Modesto e as veces o hirmau do sacristán, e continuaba a misa cantada, se non recordo mal, en “cante romano”.
O asunto era a coro e a dúas voces, a baixa facian-na o Miguel, e o Modesto con o “ti” José cando iba, e por outra banda o Pepe e o Elias. Os primeiros en baixa e os segundos a berro pelado.
O cura desde o Altar tiraba do tono hacia arriba, e os outros tentaban seguilo, cousa que o fin facia uns interesantes debates entre eles, en saber donde non seguiches o tono, ou donde meteron nun apuro a voz do crego.
O momento álxido da famosa ópera chegaba co gallo do CREDO IN UNUN DEUM, no momento de cantar o INCARNATUS, donde os baixos subia o tono con ánimo de levar a notas inverosimiles os de tono alto. Ëstes saian do apuro facendo uns canto quebros de voz, e soltando uns grogoritos mais propios de Rafael Farina, que de un ritual relixioso.
Os que teñais pais que oiran aquello, ou avós, preguntadelle-les, e recordade que as gargalladas debedes-mas a min.

